Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎CAPÍTULO II: Ficheiros de titularidade privada: artigos 29 e 30 ¿rematarei algún día?
Liña 375:
:Artigo 30 ''Tratamentos con fins de publicidade e de prospección comercial''
 
1. Quen se dedique á recopilaciónrecompilación de enderezos, reparto de documentos, publicidade, ventavenda a distancia, prospección comercial e outras actividades análogas, utilizarán nomes e enderezos ou outros datos de carácter persoal cando estes figuren en fontes accesibles ó público ou cando fosen facilitados polos propios interesados ou obtidos co seu consentimento.
 
2. Cando os datos procedan de fontes accesibles ó público, de conformidade co establecido no parágrafo segundo do artigo 5.5 desta lei, en cada comunicación que se lle dirixa ó interesado informarase da orixe dos datos e da identidade do responsable do tratamento, así como dos dereitos que o asisten.
Liña 382:
 
4. Os interesados terán dereito a se opoñer, logo de petición e sen gastos, ó tratamento dos datos que lles atinxan; neste caso serán dados de baixa do tratamento, cancelándose as informacións que sobre eles figuren naquel, pola súa simple solicitude.
 
:Artigo 31 ''Censo promocional''
 
1. Quen pretenda realizar permanente ou esporádicamente a actividade de recompilación de enderezos, reparto de documentos, publicidade, venda a distancia, prospección comercial ou outras actividades análogas, poderán solicitar do Instituto Nacional de Estatística ou dos órganos equivalentes das comunidades autónomas unha copia do censo promocional, formatado cos datos de nome, apelidos e domicilio que constan no censo electoral.
 
2. O uso de cada lista de censo promocional terá un prazo de vixencia dun ano. Transcorrido o prazo citado, a lista perderá o seu carácter de fonte de acceso público.
 
3. Os procedementos mediante os que os interesados poderán solicitar non apareceren no censo promocional fixaranse regulamentariamente. Entre estes procedementos, que serán gratuitos para os interesados, incluirase o documento de empadroamento. Trimestralmente, editarase unha lista actualizada do censo promocional, excluíndo os nomes e domicilios dos que así o solicitasen.
 
4. Poderase esixir unha contraprestación por facilita-la lista en soporte informático.
 
[[Category:documentos legais]]