Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 456:
 
5. A Axencia de Protección de Datos elaborará e aprobará con carácter anual o correspondente anteproxecto de orzamento e remitirallo ó Goberno para que sexa integrado, coa debida independencia, nos orzamentos xerais do Estado.
 
:Artigo 36 ''O director''
 
1. O director da Axencia de Protección de Datos dirixe a axencia e ten a súa representación. Será nomeado, de entre os que compoñen o Consello Consultivo, mediante real decreto, por un período de catro anos.
 
2. Exercerá as súas funcións con plena independencia e obxectividade e non estará suxeito a ningunha instucción no desempeño daquelas.
 
En todo caso, o director deberá oí-lo Consello Consultivo naquelas propostas que este lle realice no exercicio das súas funcións.
 
3. O director da Axencia de Protección de Datos só cesará antes da expiración do período a que se refire o número 1, por petición propia ou por separación acordada polo Goberno, logo de instrucción de expediente, no que necesariamente serán oidos os restantes membros do Consello Consultivo, por incumprimento grave das súas obrigas, incapacidade sobrevida para o exercicio da súa función, incompatibilidade ou condena por delicto doloso.
 
4. O director da Axencia de Protección de Datos terá a consideración de alto cargo e quedará na situación de servicios especiais se con anterioridade estivese desempeñando unha función pública. No suposto de que sexa nomeado para o cargo algún membro da carreira xudicial ou fiscal, pasará así mesmo á situación administrativa de servicios especiais.
 
:Artigo 37 ''Funcións''
 
Son funcións da Axencia de Protección de Datos:
 
a) Velar polo cumprimento da lexislación sobre protección de datos e controla-la súa aplicación, en especial no relativo ós dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación de datos.
 
b) Emiti-las autorizacións previstas na lei ou nas súas disposicións regulamentarias.
 
c) Dictar, se é o caso, e sen prexuízo das competencias doutros órganos, as instruccións precisas para adecua-los tratamentos ós principios desta lei.
 
d) Atende-las peticións e reclamacións formuladas polas persoas afectadas.
 
e) Proporcionar información ás persoas acerca dos seus dereitos en materia de tratamento dos datos de carácter persoal.
 
f) Requeri-los responsables e os encargados dos tratamentos, logo de audiencia destes, para adoptaren as medidas necesarias para a adecuación do tratamento de datos ás disposicións desta lei e, se é o caso, ordena-la cesación dos tratamentos e a cancelación dos ficheiros, cando non se axuste ás súas disposicións.
 
g) Exerce-la potestade sancionadora nos termos previstos polo título VII desta lei.
 
h) Emitir informe, con carácter preceptivo, dos proxectos de disposicións xerais que desenvolvan esta lei.
 
i) Solicitar dos responsables dos ficheiros canta axuda e información estime necesaria para o desempeño das súas funcións.
 
j) Velar pola publicidade da existencia dos ficheiros de datos con carácter persoal, para o efecto do cal se publicará periódicamente unha relación dos ditos ficheiros coa información adicional que o director da axencia determine.
 
k) Redactar unha memoria anual e remitirlla ó Ministro de Xustiza.
 
l) Exerce-lo control e adopta-las autorizacións que procedan en relación cos movementos internacionais de datos, así como desempeña-las funcións de cooperación internacional en materia de protección de datos de carácter persoal.
 
m) Velar polo cumprimento das disposicións que a [[Lei da función estatística pública]] establece respecto á recollida de datos estatísticos e o segredo estatístico, así como dicta-las instrucción precisas, dictaminar sobre as condicións de seguridade dos ficheiros construídos con fins exclusivamente estatísticos e exerce-la potestade á que se refire o artigo 46.
 
n) Cantas outras lle sexan atribuídas por normas legais ou reglamentarias.
 
[[Category:documentos legais]]