Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 500:
 
n) Cantas outras lle sexan atribuídas por normas legais ou reglamentarias.
 
:Artigo 38 ''Consello Consultivo''
 
O director da Axencia de Protección de Datos estará asesorado por un consello consultivo composto polos seguintes membros:
 
Un deputado, proposto polo [[w:Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]].
 
Un senador, proposto polo [[w:Senado de España|Senado]].
 
Un representante da Administración central, designado polo Goberno.
 
Un representante da Administración local, proposto pola [[w:Federación Española de Municipios e Provincias|Federación Española de Municipios e Provincias]].
 
Un membro da [[w:Real Academia da Historia|Real Academia da Historia]], proposto por ela.
 
Un experto na materia, proposto polo [[w:Consello Superior de Universidades|Consello Superior de Universidades]].
 
Un representante dos usuarios e consumidores, seleccionado do modo que se prevexa regulamentariamente.
 
Un representante de cada Comunidade Autónoma que crease unha axencia de protección de datos no seu ámbito territorial, proposto de acordo co procedemento que estableza a respectiva Comunidade Autónoma.
 
Un representante do sector de ficheiros privados, para a proposta do cal se seguirá o procedemento que se estableza regulamentariamente.
 
O funcionamento do Cosello Consultivo rexerase polas normas regulamentarias que para o efecto se establezan.
 
:Artigo 39 ''O Rexistro Xeral de Protección de Datos''
 
1. O Rexistro Xeral de Protección de Datos é un órgano integrado na Axencia de Protección de Datos.
 
2. Serán obxecto de inscripcción no Rexistro Xeral de Protección de Datos:
 
a) Os ficheiros de que sexan titulares as administracións públicas.
 
b) Os ficheiros de titularidade privada.
 
c) As autorizacións a que se refire esta lei.
 
d) Os códigos tipo a que se refire o artigo 32 desta lei.
 
e) Os datos relativos ós ficheiros que sexan necesarios para o exercicio dos dereitos de información, acceso, rectificación, cancelación e oposición.
 
3. Por vía regulamentaria fixarase o procedemento de inscripción dos ficheiros, tanto de titularidade pública como de titularidade privada, no Rexistro Xeral de Protección de Datos, o contido da inscripción, a súa modificación, cancelación, reclamacións e recursos contra as resolucións correspondentes e demais extremos pertinentes.
 
:Artigo 40 ''Potestade de inspección''
 
1. As autoridades de control poderán inspecciona-los ficheiros a que fai referencia esta lei, recadando cantas informacións precisen para o cumprimento dos seus cometidos.
 
Para tal efecto, poderán solicita-la exhibición ou o envío de documentos e datos e examinalos no lugar en que se encontren depositados, así como inspecciona-los equipos físicos e lóxicos utilizados para o tratamento dos datos, accedendo ós locais onde se encontren instalados.
 
2. Os funcionarios que exerzan a inspección a que se refire o número anterior terán a consideración de autoridade pública no desempeño dos seus cometidos.
 
Estarán obrigados a gardar segredo sobre as informacións que coñezan no exercicio das mencionadas funcións, mesmo despois de cesaren nelas.
 
[[Category:documentos legais]]