Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 716:
 
O disposto nesta lei orgánica enténdese sen prexuízo das competencias do Defensor do Pobo e dos órganos análogos das comunidades autónomas.
 
:Sexta ''Modificación do artigo 24.3 da [[Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados]]''
 
Modifícase o artigo 24.3, parágrafo 2º da Lei 30/1995, do 8 de novembro, de ordenación e supervisión dos seguros privados, coa seginte redacción:
 
::«As entidades aseguradoras poderán establecer ficheiros comúns que conteñan datos de carácter persoal para a liquidación de sinistros e a colaboración estatística actuarial coa finalidade de permiti-la tarificación e selección de riscos e a elaboración de estudios de técnica aseguradora. A cesión de datos ós citados ficheiros non requerirá o consentimento previo do afectado, pero si a comunicación a el da posible cesión dos seus datos persoais a ficheiros comúns para os fins sinalados con expresa indicación do responsable para que se poidan exerce-los dereitos de acceso, rectificación e cancelación previstos na lei.
 
::Tamén poderán establecerse ficheiros comúns que teñan como finalidade previ-la fraude no seguro sen que sexa necesario o consentimento do afectado. Non embargante, será necesario nestes casos comunicarlle ó afectado, na primeira introducción dos seus datos, quen é o responsable do ficheiro e das formas de exercicio dos dereitos de acceso, rectificación e cancelación.
 
::En todo caso, os datos relativos á saúde só poderán ser obxecto de tratamento co consentimento expreso do afectado.»
 
==Disposicións transitorias==
 
[[Category:documentos legais]]