Real Decreto 994/1999, do 11 de xuño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
fusiono notas 2 e 3
Liña 66:
 
12. Copia de respaldo: copia dos datos dun ficheiro automatizado nun soporte que posibilite a súa recuperación.
 
:Artigo 3 ''Niveis de seguridade''
 
1. As medidas de seguridade esixibles clasifícanse en tres niveis: básico, medio e alto.
 
2. Ditos niveis establécense atendendo á natureza da información tratada, en relación coa maior ou menor necesidade de garanti-la confidencialidade e a integridade da información.
 
:Artigo 4 ''Aplicación dos niveis de seguridade''
 
1. Tódolos ficheiros que conteñan datos de carácter persoal deberán adopta-las medidas de seguridade calificadas como de nivel básico.
 
2. Os ficheiros que conteñan datos relativos á comisión de infraccións administrativas ou penais, Facenda Pública, servizos financeiros e aqueles ficheiros o funcionamento dos cales se rixa polo artigo 28 da Lei Orgánica 5/1992, {{ref|3}} deberán reunir, ademáis das medidas de nivel básico, as calificadas como de nivel medio.
 
3. Os ficheiros que conteñan datos de ideoloxía, relixión, crenzas, orixe racial, saúde ou vida sexual así como os que conteñan datos recadados para fins policiais sen consentimento das personas afectadas deberán reunir, ademáis das medidas de nivel básico e medio, as calificadas de nivel alto.
 
4. Cando os ficheiros conteñan un conxunto de datos de carácter persoal suficientes que permitan obter unha evaluación da personalidade do individuo deberán garanti-las medidas de nivel medio establecidas nos artigos 17, 18, 19 e 20.
 
5. Cada un dos niveis descritos anteriormente teñen a condición de mínimos exixibles, sen prexuízo das disposicións legais ou regulamentarias específicas vixentes.
 
==Notas==