Cantares gallegos/Prólogo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
prólogo
 
m A navegación non é igual que en Wikibooks
Liña 1:
[[Cantares gallegos]]
----
Grande atrevemento é sin duda par' un probe inxenio com' ó que me cadrou en sorte, dar á luz un libro, cuyas páxinas debian estar cheyas de sol, d' armonia, e d' aquela naturalidade que unida á un-ha fonda ternura, á un arrulo incesante de palabriñas mimosas e sentidas, forman á mayor belleza d' os nosos cantos populares. A poesia gallega toda música e vaguedade, toda queixas, sospiros, e doces sonrisiñas, mormuxando un-has veces c'os ventos misteriosos d' os bosques, briland' outras c' ó rayo de sol que cai sereniño por enriba d' as auguas d' un rio farto e grave, que corre baixo as ramas d' os salgueiros en frol, compriálle para ser cantada, un sprito subrime e cristaiño si asi ó podemos decir, un-ha inspiracion fecunda, com' á vexetacion que hermosea esta nosa privilexiada terra e sobre todo un sentimento delicado e penetrante prá dar á conocer tantas bellezas de pirmeiro orden, tanto fuxitivo rayo d' hermosura, como se desprende de cada costume, de cada pensamento escapado á este pobo á quen moitos chaman estúpido, e á quen quisais xuzguen insensibre, estraño a devina poesia. Mais naide ten menos qu'eu teño, as grandes cualidades que son precisas prá levar á cabo obra tan dificile, anque naide tampouco se pudo achar animado d'un mais bon deseo, prá cantar as bellezas da nosa terra naquel dialecto soave e mimoso, que queren facer barbaro, os que non saben que aventaxa âs demais linguas en doçura e armonia. Por esto, inda achándome debil en forzas, e nabendo deprendido en mais escola qu' á d' os nosos probes aldeans, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oidos desd' á cuna, e que foran recollidos po-lo meu corazon como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares, esforzándome en dar á conocer como algun-has d' as nosas poeticas costumes, inda conservan certa frescura patriarcal e primitiva, e com' ó noso dialecto doce e sonoro, é tan aproposito com' ó pirmeiro, para toda clase de versificacion.<br>
As miñas forzas é certo quedaron moito mais abaixo d' ó que alcançaran os meus deseyos, e por eso comprendendo canto poidera facer nesto un gran poeta, dóyome inda mais da miña insuficença. Ó libro d' os Cantares de D. Antonio Trueba, que m' inspirara e der' alento prá levar á cabo este traballo, pasa pó-Io meu pensamento com' un-hun remorso, e casi asoman as vagoas ôs meus ollos ô pensar como Galicia se levantaria hastr'ó lugar que lle corresponde, si un poeta como Anton ó d' os Cantares, fose o destinado prá dar á conocer as suas bellezas e ás suas costumes. Mais á míña infeliz patria, tan desventurada nesto como en todo ó mais, tense que contentar c' un-has páxinas frias e insulsas, qu' á penas serian dinas d' achegarse de lonxe âs portas dó Parnaso, como non fosse pó-lo nobre sentimento c' as creou. Qu' esto mesmo me sirva de disculpa, prá os que xustamente quirtiquen as miñas faltas, pois penso que ó que s' esforça por desvanecer os errores que manchan e ofenden inxustamente á sua patria, é acreedore á algun-ha indulxencia.<br>