Cantares gallegos/As de cantar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Primeiro poema
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de decembro de 2005 ás 22:44

1. As de cantar
Que ch' ei de dar zonchos;
As de cantar
Que ch' ei de dar moitos.

I.

«As de cantar
Meniña gaiteira,
As de cantar
Que me morro de pena

Canta meniña
Na veira da fonte,
Canta dareiche
Boliños do pote.

Canta meniña
Con brando compas,
Dareich' unha proya
Da pedra do lar.

Papiñas con leite
Tamén che darei,
Sopiñas con viño,
Torrexas con mel.

Patacas asadas
Con sal é vinagre,
Que saben á noces,
¡Que ricas que saben!

¡Que feira, rapaza,
Si cantas faremos!...
Festiña por fora,
Festiña por dentro.

Canta si queres,
Rapaza do demo,
Canta si queres,
Dareich' un mantelo.

Canta si queres
Na lengua qu' eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo.

Có son da gaitiña,
Có son da pandeira,
Che pido que cantes
Rapaza morena.

Có son da gaitiña,
Có son do tambor,
Che pido que cantes
Meniña por Dios."