Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comezo
 
continúo
Liña 2:
 
A disposición derradeira terceira da [[Lei 11/1988, do 3 de maio|Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores]], publicada no «Boletín Oficial del Estado» do [[w:5 de maio|5 de maio]] seguinte, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3, ca fin de amplialo dereito á protección a persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non perteñezan á [[w:Comunidade Económica Europea|Comunidade Económica Europea]] e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.
 
Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou as decisións [[Decisión 87/532/CEE, do 26 de outubro de 1987|87/532/CEE, do 26 de outubro de 1987]], e [[Decisión 88/311/CEE, do 31 de maio de 1988|88/311/CEE, do 31 de maio de 1988]], notificadas de conformidade co segundo párrafo do artigo 191 do [[Tratado Constitutivo da Comunidade Europea]], relativas a ampliacións da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios.
 
Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da [[Lei 11/1988, do 3 de maio]], e tendo en conta as decisións adoptadas polo Consello das Comunidades Europeas, procede establece-la correspondente norma nacional relativa á ampliación da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e terriotorios que se conteñen no anexo da presente disposición.
 
Na súa virtude, a proposta do Ministro de Industria e Enerxía, de acordo co Consello de Estado e previa deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día [[w:7 de xullo|7 de xullo]] de [[w:1989|1989]],
 
DISPOÑO:
 
[[Category:documentos legais españois]]