Real Decreto 1369/1992, do 13 de novembro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comezo
 
continúo
Liña 2:
 
A disposición derradeira terceira da [[Lei 11/1988, do 3 de maio|Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores]], publicada no «Boletín Oficial del Estado» do [[w:5 de maio|5 de maio]] seguinte, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non perteñezan á [[w:Comunidade Económica Europea|Comunidade Económica Europea]] e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.
 
O [[Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo]], polo que se amplia a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo, tiña carácter provisional e os seus efectos extendéronse únicamente ata o día [[w:7 de novembro|7 de novembro]] de [[w:1990|1990]].
 
Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a [[Decisión 90/511/CEE, do 9 de outubro de 1990]], pola que se amplía a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, con carácter provisional, a algúns países e territorios a fin de dispoñer do tempo suficiente para fixa-las condicións dunha protección mutua ilimitada.