Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comezo
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de febreiro de 2006 ás 15:16

Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro, polo que se amplía con carácter permanente a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias de determinados países e territorios.

A disposición derradeira terceira da Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, publicada no «Boletín Oficial del Estado» do 5 de maio seguinte, autoriza ó Goberno para modificalo artigo 3.3, ca fin de amplialo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non perteñezan á Comunidade Económica Europea e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.

O Real Decreto 855/1989, do 7 de xullo, polo que se amplia a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo, tiña carácter provisional e os seus efectos extendéronse únicamente ata o día 7 de novembro de 1990.