Real Decreto 1166/1995, do 7 de xullo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
comezo
 
continúo
Liña 2:
 
O parágrafo primeiro da disposición derradeira terceira da [[Lei 11/1988, do 3 de maio|Lei 11/1988, do 3 de maio, de protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores]], autoriza ó Goberno para modifica-lo artigo 3.3 da mesma, ca fin de amplia-lo dereito á protección de persoas orixinarias de terceiros países ou territorios, que non pertenzan á [[w:Comunidade Económica Europea|Comunidade Económica Europea]] e que non se beneficien da protección, cando así se estableza polos órganos das Comunidades Europeas.
 
O [[Real Decreto 1370/1992, do 13 de novembro]], establece a ampliación, con carácter permanente, da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores ás persoas orixinarias dos países e territorios que figuran no seu anexo.
 
O [[Real Decreto 2067/1993, do 26 de novembro]], sustitúe o anexo do Real Decreto 1370/1992, de ampliación, con carácter permanente, da protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores, extendéndoa ás persoas orixinarias de [[w:Finlandia - Suomi|Finlandia]], [[w:Islandia - Ísland|Islandia]], [[w:Liechtenstein|Liechtenstein]], [[w:Noruega - Noreg|Noruega]] e [[w:Suíza - Schweiz|Suíza]].
 
Pola súa parte, o Consello das Comunidades Europeas adoptou a [[Decisión 94/700/CE, do 24 de outubro]], pola que se modifica a [[Decisión 90/510/CEE, do 9 de outubro de 1990|Decisión 90/510/CEE]], no sentido de amplia-la protección xurídica segundo o seu artigo 2, con carácter permanente, a partir do [[w:1 de novembro|1 de novembro]] de [[w:1994|1994]], ás persoas de [[w:Canadá - Canada|Canadá]].
 
Facendo uso da autorización ó Goberno prevista na disposición derradeira terceira, primeiro parágrafo, da [[Lei 11/1988, do 3 de maio]], e tendo en conta a Decisión 94/700/CE adoptada polo Consello das Comunidades Europeas, procede modifica-lo Real Decreto 1370/1992 no sentido de ampliar, con carácter permanente a protección xurídica das topografías dos produtos semicondutores a persoas de [[w:Canadá - Canada|Canadá]].