Código Civil español/TÍTULO PRELIMINAR: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
 
Liña 2:
 
==CAPÍTULO I: Fontes do dereito==
 
:Artigo 1
 
1. As fontes do ordeamento xurídico español son a Lei, o costume e os principios xerais do dereito.
 
2. Carecerán de validez as disposicións que contradigan outra de rango superior.
 
3. O costume só rexirá en defecto de Lei aplicable, sempre que non sexa contrario á moral o á orde pública e que resulte probado.
 
Os usos xurídicos que non sexan meramente interpretativos dunha declaración de vontade terán a consideración de costume.
 
4. Os principios xerais do dereito aplicaranse en defecto de Lei ou costume, sen prexuízo do seu carácter informador do ordeamento xurídico.
 
5. As normas xurídicas contidas nos tratados internacionais non serán de aplicación directa en [[w:España|España]] en tanto non pasasen a formar parte do ordeamento interno mediante a súa publicación íntegra no «Boletín Oficial del Estado».
 
6. A xurisprudencia complementará o ordeamento xurídico ca doutrina que, de modo reiterado, estableza o Tribunal Supremo ó interpretar e aplica-la Lei, o costume e os principios xerais do dereito.
 
7. Os Xuíces e Tribunais teñen o deber inexcusable de resolver en todo caso os asuntos de que coñezan, aténdose ó sistema de fontes establecido.
 
:Artigo 2
 
1. As Leis entrarán en vigor ós vinte días da súa completa publicación no «Boletín Oficial del Estado», se nelas non se dispón outra cousa.
 
2. As Leis só se derrogan por outras posteriores. A derrogación terá o alcance que expresamente se dispoña e extenderase sempre a todo aquilo que na Lei nova, sobre a mesma materia, sexa incompatible ca anterior. Pola simple derrogación dunha Lei non recobran vixencia as que ésta derrogase.
 
3. As Leis non terán efecto retroactivo se non dispuxesen o contrario.
 
==CAPÍTULO II: Aplicación das normas xurídicas==