Código Civil español/TÍTULO PRELIMINAR: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
nota 1
Artigo 9
Liña 78:
 
''2. As leis procesais españolas serán as únicas aplicables ás actuacións que se sustancien en territorio español, sen prexuízo das remisións que as mesmas poidan facer ás leis extranxeiras, respecto ós actos procesais que teñan de realizarse fora de España.'' {{ref|1}}
 
:Artigo 9
 
1. A Lei persoal correspondente ás persoas físicas é a determinada pola súa nacionalidade. Dita Lei rexerá a capacidade e o estado civil, os dereitos e deberes de familia e a sucesión por causa de morte.
 
O cambio de Lei persoal non afectará á maioría de idade adquirida de conformidade ca Lei persoal anterior.
 
2. Os efectos do matrimonio rexeranse pola Lei persoal común dos cónxuxes ó tempo de contraelo; en defecto desta Lei, pola Lei persoal ou da residencia habitual de calquera deles, elexida por ambos en documento auténtico outorgado antes da celebración do matrimonio; a falla desta elección, pola Lei da residencia habitual común inmediatamente posterior á celebración, e, a falla de dita residencia, pola do lugar de celebración do matrimonio.
 
''A nulidade,'' {{ref|2}} a separación e o divorcio rexeranse pola Lei que determina o artigo 107.
 
3. Os pactos ou capitulacións polos que se estipule, modifique ou sustitúa o réxime económico do matrimonio serán válidos cando sexan conformes ben á Lei que rixa os efectos do matrimonio, ben á Lei da nacionalidade ou da residencia habitual de calquera das partes ó tempo do outorgamento.
 
4. O carácter e contido da filiación, incluida a adoptiva, e as relacións paterno-filiais, rexeranse pola Lei persoal do fillo e se non poidese determinarse ésta, estarase á da residencia habitual do fillo.
 
5. A adopción constituida por Xuíz español rexerase, en canto ós requisitos, polo disposto na Lei española. Non obstante, deberá observarse a Lei nacional do adoptando no que se refire a súa capacidade e consentimentos necesarios:
 
a) Se tivese a súa residencia habitual fora de [[w:España|España]].
 
b) Aínda que resida en [[w:España|España]], se non adquire, en virtude da adopción a nacionalidade española.
 
A petición do adoptante ou do Ministerio Fiscal, o Xuíz, en interés do adoptando, poderá esixir, ademáis, os consentimentos, audiencias ou autorizacións requeridas pola Lei nacional ou pola Lei da residencia habitual do adoptante ou do adoptando.
 
Para a constitución da adopción, os Cónsules españois terán as mesmas atribucións que o Xuíz, sempre que o adoptante sexa español e o adoptando esté domiciliado na demarcación consular. A proposta previa será formulada pola entidade pública correspondente ó último lugar de residencia do adoptante en [[w:España|España]]. Se o adoptante non tivo residencia en [[w:España|España]] nos dous últimos anos non será necesaria proposta previa, pero o Cónsul recabará das autoridades do lugar de residencia daquél informes suficientes para valora-la súa idoneidade.
 
Na adopción constituida pola competente autoridade extranxeira, a Lei do adoptando rexerá en canto a capacidade e consentimentos necesarios. Os consentimentos esixidos por tal Lei poderán prestarse ante unha autoridade do país en que se iniciou a constitución ou, posteriormente, ante calquera outra autoridade competente. No seu caso, para a adopción dun español, será necesario o consentimento da entidade pública correspondente á última residencia do adoptando en [[w:España|España]].
 
Non será recoñecida en [[w:España|España]] como adopción a constituida no extranxeiro por adoptante español, se os efectos daquela non se corresponden cos previstos pola lexislación española. Tampouco o será, mentras a entidade pública competente non declarase a idoneidade do adoptante, se éste fose español e estivese domiciliado en [[w:España|España]] ó tempo da adopción
 
''A atribución pola Lei extranxeira dun dereito de revocación da adopción non impedirá o recoñecemento désta se se renuncia a tal dereito en documento público ou por comparecencia ante o encargado do Rexistro Civil.'' {{ref|3}}
 
6. A tutela e as demáis institucións de protección do incapaz regularanse pola Lei nacional deste. Sen embargo, as medidas provisionais ou urxentes de protección rexeranse pola Lei da súa residencia habitual.
 
As formalidades de constitución da tutela e demáis institucións de protección en que interveñan autoridades xudiciais ou administrativas españolas sustanciaranse, en todo caso, con arranxo á Lei española.
 
Será aplicable a Lei española para toma-las medidas de carácter protector e educativo respecto dos menores ou incapaces abandonados que se atopen en territorio español.
 
7. O dereito á prestación de alimentos entre parentes regularase pola Lei nacional común do alimentista e do alimentante. Non obstante aplicarase a Lei da residencia habitual da persoa que os reclame cando ésta non poida obtelos de acordo ca Lei nacional común. En defecto de ambas Leis, ou cando ningunha delas permita a obtención de alimentos, aplicarase a Lei interna da autoridade que coñece da reclamación.
 
En caso de cambio da nacionalidade común ou da residencia habitual do alimentista, a nova Lei aplicarase a partir do momento do cambio.
 
8. A sucesión por causa de morte rexerase pola Lei nacional do causante no momento do seu falecemento, calesquera que sexan a natureza dos bens e o país onde se atopen. Sen embargo, as disposicións feitas en testamento e os pactos sucesorios ordeados conforme á Lei nacional do testador ou do dispoñente no momento do seu outorgamento conservarán a súa validez, aínda que sexa outra a Lei que rixa a sucesión, se ben as lexítimas axustaranse, no seu caso, a esta última. Os dereitos que por ministerio da Lei se atribúan ó cónxuxe supérstite rexeranse pola mesma Lei que regule os efectos do matrimonio, a salvo sempre as lexítimas dos descendentes.
 
9. Ós efectos deste capítulo, respecto das situacións de doble nacionalidade previstas nas Leis españolas estarase ó que determinen os tratados internacionais, e, se nada establecesen, será preferida a nacionalidade coincidente ca última residencia habitual e, no seu defecto, a última adquirida.
 
Prevalecerá en todo caso a nacionalidade española do que ostente ademáis outra non prevista nas nosas Leis ou nos tratados internacionais. Se ostentare dúas ou máis nacionalidades e ningunha delas fose a española estarase ó que establece o apartado seguinte.
 
10. Considerarase como Lei persoal dos que careceren de nacionalidade ou a tiveren indeterminada, a Lei do lugar da súa residencia habitual.
 
11. A Lei persoal correspondente ás persoas xurídicas é a determinada pola súa nacionalidade e rexerase en todo o relativo a capacidade, constitución, representación, funcionamento, transformación, disolución e extinción.
 
Na fusión de sociedades de distinta nacionalidade teranse en conta as respectivas Leis persoais.
 
==CAPÍTULO V: Ámbito de aplicación dos réximes xurídicos civís coexistentes no territorio nacional==
Liña 83 ⟶ 135:
==Notas==
# {{note|1}} Derrogado pola [[Lei 1/2000, do 7 de xaneiro]].
# {{note|2}} O inciso "A nulidade, " foi engadido pola [[Lei Orgánica 11/2003, do 29 de setembro]].
# {{note|3}} Parágrafo engadido pola [[Lei 18/1999, do 18 de maio]].
 
==Vexa tamén==