Código Civil español/TÍTULO PRELIMINAR: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Artigo 9
Liña 130:
 
Na fusión de sociedades de distinta nacionalidade teranse en conta as respectivas Leis persoais.
 
:Artigo 10
 
1. A posesión, a propiedade e os demáis dereitos sobre bens inmobles, así como a súa publicidade, rexeránse pola Lei do lugar onde se atopen.
 
A mesma Lei será aplicable ós bens mobles.
 
Ós efectos da constitución ou cesión de dereitos sobre bens en tránsito, éstes consideraranse situados no lugar da súa expedición, salvo que o remitente e o destinatario conveñesen, expresa ou tácitamente, que se consideren situados no lugar do seu destino.
 
2. Os buques, as aeronaves e os medios de transporte por ferrocarril, así como tódolos dereitos que se constitúan sobre eles, quedarán sometidos á Lei do lugar do seu abandeiramento, matrícula ou rexistro. Os automóbiles e outros medios de transporte por estrada quedarán sometidos á Lei do lugar onde se atopen.
 
3. A emisión dos títulos-valores atenderase á Lei do lugar no que se produza.
 
4. Os dereitos de propiedade intelectual e industrial protexeranse dentro do territorio español de acordo ca Lei española, sen prexuízo do establecido polos convenios e tratados internacionais nos que [[w:España|España]] sexa parte.
 
5. Aplicarase ás obrigacións contractuais a Lei a que as partes se sometesen expresamente, sempre que teña algunha conexión co negocio de que se trate; no seu defecto, a Lei nacional común ás partes; a falla dela, a da residencia habitual común, e, en último término, a Lei do lugar de celebración do contrato.
 
Non obstante o disposto no parágrafo anterior, a falta de sometemento expreso, aplicarase ós contratos relativos a bens inmobles a Lei do lugar onde estén sitos, e ás compraventas de mobles corporais realizadas en establecementos mercantiles, a Lei do lugar en que éstes radiquen.
 
6. Ás obrigacións derivadas do contrato de traballo, en defecto de sometemento expreso das partes e sen prexuízo do disposto no apartado 1 do artigo 8, seralles de aplicación a Lei do lugar onde se presten os servizos.
 
7. As doacións rexeranse, en todo caso, pola Lei nacional do doante.
 
8. Serán válidos, a efectos do ordeamento xurídico español, os contratos onerosos celebrados en [[w:España|España]] por extranxeiro incapaz segundo a súa Lei nacional, se a causa da incapacidade non estivese recoñecida na lexislación española. Esta regra non se aplicará ós contratos relativos a inmobles situados no extranxeiro.
 
9. As obrigacións non contractuais rexeranse pola Lei do lugar onde ocorrese o feito de que deriven.
 
A xestión de negocios regularase pola Lei do lugar onde o xestor realice a principal actividade.
 
No enriquecemento sen causa aplicarase a Lei en virtude da cal se produxo a transferencia do valor patrimonial en favor do enriquecido.
 
10. A Lei reguladora dunha obrigación exténdese ós requisitos do cumprimento e ás consecuencias do incumprimento, así como á súa extinción. Sen embargo, aplicarase a Lei do lugar de cumprimento ás modalidades de execución que requiran intervención xudicial ou administrativa.
 
11. Á representación legal aplicarase a Lei reguladora da relación xurídica da que nacen as facultades do representante, e á voluntaria, de non mediar sometemento expreso, a Lei do país onde se exerciten as facultades conferidas.
 
==CAPÍTULO V: Ámbito de aplicación dos réximes xurídicos civís coexistentes no territorio nacional==