Código Civil español/TÍTULO PRELIMINAR: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 174:
 
3. Será de aplicación a Lei española ós contratos, testamentos e demáis actos xurídicos autorizados por funcionarios diplomáticos ou consulares de [[w:España|España]] no extranxeiro.
 
:Artigo 12
 
1. A calificación para determina-la norma de conflicto aplicable farase sempre con arranxo á Lei española.
 
2. A remisión ó dereito extranxeiro entenderase feita á súa Lei material, sen ter en conta o reenvío que as súas normas de conflicto poidan facer a outra Lei que non sexa a española.
 
3. En ningún caso terá aplicación a Lei extranxeira cando resulte contraria á orde pública.
 
4. Considerarase como fraude de Lei a utilización dunha norma de conflicto ca fin de eludir unha Lei imperativa española.
 
5. Cando unha norma de conflicto remita á lexislación dun Estado no que coexistan diferentes sistemas lexislativos, a determinación do que sexa aplicable entre eles farase conforme á lexislación de dito Estado.
 
6. Os Tribunais e autoridades aplicarán de oficio as normas de conflicto do dereito español.
 
''A persoa que invoque o dereito extranxeiro deberá acreditar o seu contido e vixencia polos medios de proba admitidos na Lei española. Sen embargo, para a súa aplicación, o xuzgador poderá valerse ademáis de cantos instrumentos de averiguación considere necesarios, dictando ó efecto as providencias oportunas.'' {{ref|4}}
 
==CAPÍTULO V: Ámbito de aplicación dos réximes xurídicos civís coexistentes no territorio nacional==