Código Civil español/TÍTULO PRELIMINAR: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 198:
 
2. No demáis, e con pleno respecto ós dereitos especiais ou forais das provincias ou territorios en que están vixentes, rexerá o [[Código Civil español|Código Civil]] como dereito supletorio, en defecto do que o sexa en cada unha daquelas, segunso as súas normas especiais.
 
:Artigo 14
 
1. A suxeición ó dereito civil común ou ó especial ou foral determínase pola vecindade civil.
 
2. Teñen vecindade civil en territorio de dereito común, ou nun dos de dereito especial ou foral, os nacidos de pais que teñan tal vecindade.
 
Pola adopción, o adoptado non emancipado adquire a vecindade civil dos adoptantes.
 
3. Se ó nacer o fillo, ou ó ser adoptado, os pais tiveren distinta vecindade civil, o fillo terá a que corresponda a aquél dos dous respecto do cal a filiación fose determinada antes; no seu defecto, terá a do lugar do nacemento e, en último término, a vecindade de dereito común.
 
Sen embargo, os pais, ou o que deles exerza ou lle fose atribuida a patria potestade, poderán atribuir ó fillo a vecindade civil de calquera deles en tanto non transcorran os seis meses seguintes ó nacemento ou á adopción.
 
A privación ou suspensión no exercicio da patria potestade, ou o cambio de vecindade dos pais, non afectarán á vecindade civil dos fillos.
 
En todo caso o fillo dende que cumpra catorce anos e ata que transcorra un ano despois da súa emancipación poderá optar ben pola vecindade civil do lugar do seu nacemento, ben pola última vecindade de calquera dos seus pais. Se non estivese emancipado, haberá de ser asistido na opción polo representante legal.
 
4. O matrimonio non altera a vecindade civil. Non obstante, calquera dos cónxuxes non separados, xa sexa legalmente ou de feito, poderá, en todo momento, optar pola vecindade civil do outro.
 
5. A vecindade civil adquírese:
 
a) Por residencia continuada durante dous anos, sempre que o interesado manifeste ser esa a súa vontade.
 
b) Por residencia continuada de dez anos, sen declaración en contrario durante este prazo.
 
Ambas declaracións faranse constar no Rexistro Civil e non precisan ser reiteradas.
 
6. No caso de dúbida prevalecerá a vecindade civil que corresponda ó lugar de nacemento.
 
==Notas==