Código Civil español/LIBRO PRIMEIRO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
notas 1 e 2
Liña 29:
:Artigo 20
 
''1. Teñen dereito a optar pola nacionalidade española:''
 
''a) As persoas que estexan ou estivesen suxeitas á patria potestade dun español.''
 
''b) Aquelas cuio pai ou nai fose orixinariamente español e nacido en [[w:España|España]].'' {{ref|1}}
 
''c) As que se atopen comprendidas no segundo apartado dos artigos 17 e 19.'' {{ref|1}}
 
2. A declaración de opción formularase:
Liña 48:
 
''3. Non obstante o disposto no apartado anterior, o exercicio do dereito de opción previsto no apartado 1.b deste artigo non estará suxeito a límite algún de idade.'' {{ref|2}}
 
:Artigo 21
 
1. A nacionalidade española adquírese por carta de natureza, outorgada discrecionalmente mediante Real Decreto, cando no interesado concurran circunstancias excepcionais.
 
2. A nacionalidade española tamén se adquire por residencia en [[w:España|España]], nas condicións que sinala o artigo seguinte e mediante a concesión outorgada polo Ministro de Xustiza, que poderá denegala por motivos razoados de orde pública ou interés nacional.
 
3. Nun e noutro caso a solicitud poderá formulala:
 
a) O interesado emancipado ou maior de dezaoito anos.
 
b) O maior de catorce anos asistido polo seu representante legal.
 
c) O representante legal do menor de catorce anos.
 
d) O representante legal do incapacitado ou o incapacitado, por sí só ou debidamente asistido, segundo resulte da sentencia de incapacitación.
 
Neste caso e no anterior, o representante legal só poderá formula-la solicitude se previamente obtivo autorización conforme ó previsto na letra a do apartado 2 do artigo anterior.
 
4. As concesións por carta de natureza ou por residencia caducan ós cento oitenta días seguintes á súa notificación, se neste prazo non comparece o interesado ante funcionario competente para cumprilos requisitos do artigo 23.
 
==Notas==