Código Civil español/LIBRO PRIMEIRO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Artigo 22 e nota 3
Liña 68:
 
4. As concesións por carta de natureza ou por residencia caducan ós cento oitenta días seguintes á súa notificación, se neste prazo non comparece o interesado ante funcionario competente para cumprilos requisitos do artigo 23.
 
:Artigo 22
 
1. Para a concesión da nacionalidade por residencia requírese que ésta durase dez anos. Serán suficientes cinco anos para os que obtivesen a condición de refuxiado e dous anos cando se trate de nacionais de orixe de [[w:América Latina|países iberoamericanos]], [[w:Andorra|Andorra]], [[w:Filipinas|Filipinas]], [[w:Guinea Ecuatorial|Guinea Ecuatorial]] ou [[w:Portugal|Portugal]] ou de [[w:sefardí|sefardís]].
 
2. Bastará o tempo de residencia dun ano para:
 
a) O que nacese en territorio español.
 
b) O que non exercitase oportunamente a facultade de optar.
 
c) O que estivese suxeito legalmente á tutela, garda ou acoxemento dun ciudadán ou institución españois durante dous anos consecutivos, incluso se continuase nesta situación no momento da solicitude.
 
d) O que ó tempo da solicitude levase un ano casado con español ou española e non estivese separado legalmente ou de feito.
 
e) O viuvo ou viuva de española ou español, se á morte do cónxuxe non existise separación legal ou de feito.
 
f) O nacido fora de [[w:España|España]] de pai ou nai'', abó ou aboa,'' {{ref|3}} que orixinariamente fosen españois.
 
3. En tódolos casos, a residencia terá de ser legal, continuada e inmediatamente anterior á petición.
 
Ós efectos do previsto no parágrafo d do apartado anterior, entenderase que ten residencia legal en [[w:España|España]] o cónxuxe que conviva con funcionario diplomático ou consular español acreditado no extranxeiro.
 
4. O interesado deberá xustificar, no expediente regulado pola lexislación do Rexistro Civil, boa conducta cívica e suficiente grado de integración na sociedade española.
 
5. A concesión ou denegación da nacionalidade por residencia deixa a salvo a vía xudicial contencioso-administrativa.
 
==Notas==
Liña 73 ⟶ 99:
# {{note|1}} A subdivisión en parágrafos e a letra b) foron engadidos pola [[Lei 36/2002, do 8 de outubro]].
# {{note|2}} O apartado 3 foi engadido pola [[Lei 36/2002, do 8 de outubro]].
# {{note|3}} O inciso ", abó ou aboa, " foi engadido pola [[Lei 36/2002, do 8 de outubro]].
 
=Vexa tamén=