Código Civil español/LIBRO PRIMEIRO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
artigos 27 e 28
Liña 151:
==TÍTULO SEGUNDO: Do nacemento e a extinción da personalidade civil==
 
===CAPÍTULO PRIMEIROI: Das persoas naturais ===
 
:Artigo 29
 
O nacemento determina a personalidade; pero o concebido tense por nacido para tódolos efectos que lle sexan favorables, sempre que naza cas condicións que expresa o artigo seguinte.
 
:Artigo 30
 
Para os efectos civís, só se reputará nacido o feto que tivese figura humana e vivise vintecatro horas enteiramente desprendido do seno materno.
 
:Artigo 31
 
A prioridade do nacemento, no caso de partos dobres, da ó primeiro nacido os dereitos que a lei recoñeza ó primoxénito.
 
:Artigo 32
 
A personalidade civil extínguese pola morte das persoas.
 
:Artigo 33
 
Se se dubida, entre dúas ou máis persoas chamadas a sucederse, quen delas morrese primeiro, o que sosteña a morte anterior dunha ou doutra, debe probala; a falta de proba, presúmense mortas ó mesmo tempo e non ten lugar a transmisión de dereitos dun ó outro.
 
:Artigo 34
 
Respecto á presunción de morte do ausente e os seus efectos, estarase ó disposto no [[#TÍTULO SÉPTIMO: Das realacións paterno-filiais|título VIII]] deste libro.
 
===CAPÍTULO II: Das persoas xurídicas===
 
==Notas==