Lei 36/2002, do 8 de outubro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 14:
 
Dende a promulgación do [[Código Civil español|Código Civil]] en [[w:1889|1889]], a regulación xurídica da nacionalidade, concebida como vínculo político e xurídico que liga a unha persoa física co seu Estado, foi obxecto de sucesivas reformas, motivadas, unhas veces, pola necesidade de adapta-la lexislación a novas realidades que surxiron, e outras, a partir de [[w:1978|1978]], pola esixencia de dar cumprimento ós mandatos da [[Constitución española de 1978|Constitución Española]]. En concreto, ten que terse ben presente o encargo que contén o artigo 42 da mesma cando encomenda ó Estado a misión de velar pola salvagarda dos dereitos económicos e sociais dos traballadores españois no extranxeiro, á que engade a obrigación de orienta-la súa política cara o seu retorno. Facilita-la conservación e transmisión da nacionalidade española é, sen dúbida, unha forma eficaz de cumprir este mandato e éste é o principal obxectivo da presente Lei.
 
===II===
 
Neste sentido, introduciuse no artigo 20 a posibilidade de que as persoas cuio pai ou nai fose orixinariamente español e nacido en [[w:España|España]] poidan optar pola nacionalidade española sen límite de idade. Deste modo, dase cumprida resposta, por un lado, á recomendación contida no informe publicado no Boletín Oficial das Cortes Xerais o [[w:27 de febreiro|27 de febreiro]] de [[w:1998|1998]], elaborado pola Subcomisión do [[w:Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]], creada para o estudio da situación dos españois que residen no extranxeiro e, por outro, ás reclamacións que éstes fixeron chegar ó Consello da Emigración pedindo que se superara o sistema de prazos preclusivos de opción establecidos sucesivamente polas Leis [[Lei 18/1990, do 17 de decembro|18/1990]], [[Lei 15/1993, do 23 de decembro|15/1993]] e [[Lei 29/1995, do 2 de novembro|29/1995]].
 
Na mesma orde de cousas, modificouse o artigo 24 para establecer un sistema que permitise ó que se atopase nalgún dos supostos contemprados no apartado 1 dese artigo, e antes de que se cumprise o prazo establecido no 2, impedi-la perda que, doutra forma, se producía automáticamente ó transcorre-lo prazo establecido. En coherencia con todo iso, reformouse igualmente o artigo 25, do que ademáis desapareceu o suposto de perda da nacionalidad como pena, ó non contemplarse xa a mesma no [[Código Penal español|Código Penal]].
 
Nesta mesma líña, suprimiuse do artigo 26 o requisito de renunciar á nacionalidade anterior, posto que o mesmo supuña na práctica un obstáculo insuperable para a recuperación da nacionalidade española. Desta forma, aténdese á esixencia contida no punto seis da moción aprobada polo Pleno do [[w:Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]] o [[w:18 de outubro|18 de outubro]] de [[w:2000|2000]], sobre medidas para mellorar, xurídica e económicamente, a situación dos emigrantes españois.
 
[[Category:documentos legais españois]]