Lei 36/2002, do 8 de outubro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 22:
 
Nesta mesma líña, suprimiuse do artigo 26 o requisito de renunciar á nacionalidade anterior, posto que o mesmo supuña na práctica un obstáculo insuperable para a recuperación da nacionalidade española. Desta forma, aténdese á esixencia contida no punto seis da moción aprobada polo Pleno do [[w:Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]] o [[w:18 de outubro|18 de outubro]] de [[w:2000|2000]], sobre medidas para mellorar, xurídica e económicamente, a situación dos emigrantes españois.
 
===III===
 
Por outro lado, considerouse convinte facer nos textos vixentes as melloras técnicas que a experiencia acumulada na aplicación dos mesmos, a actividade lexislativa acaecida dende a súa aprobación ou a xurisprudencia fixeron aconsellables e que teñen un desigual alcance.
 
Así, a modificación introducida no artigo 22.3 ten por obxecto deixar sentado que a residencia, a efectos de servir de base para a adquisición da nacionalidade española, ten que ser efectiva, resolvendo así as dúbidas acerca de como tiña que interpretarse a necesidade de que fosa legal e se iso comprendía ou non a residencia física. Por outro lado, a reforma é acorde cos prantexamentos da [[sentencia do Tribunal Supremo do 19 de novembro de 1998]], que concibe o requisito de residir como a proba de que existe, no ánimo do interesado, a vontade de integrarse na comunidade española.
 
Tamén desapareceu do artículo 26.2 o requisito previo da habilitación do Goberno para a recuperación da nacionalidade española cando non se cumpriu o servicio militar ou a prestación civil sustitutoria.
 
A disposición adicional primeira ten por finalidade adecua-los procedementos relativos á nacionalidade española á normativa da [[Lei 30/1992, do 26 de novembro|Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común]], sinalándose un prazo máximo dun ano para a resolución dos expedientes, tida conta da complexidade que entraña a súa tramitación e resolvéndose o silencio administrativo en sentido negativo, en consideración ós efectos prexudiciais que a solución contraria tería.
 
Por último, a presente Lei díctase ó amparo da competencia que en exclusiva corresponde ó Estado conforme á regra 2. do artigo 149.1 da [[Constitución española de 1978|Constitución Española]].
 
==Artigo único==
 
[[Category:documentos legais españois]]