Lei 36/2002, do 8 de outubro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Artigo único: artigo único
Liña 36:
 
==Artigo único==
 
Os artigos 20, 22, 23, 24, 25 e 26 do [[Código Civil español|Código Civil]] quedarán redactados da forma seguinte:
 
:Artigo 20
 
1. Teñen dereito a optar pola nacionalidade española:
 
a) As persoas que estexan ou estivesen suxeitas á patria potestade dun español.
 
b) Aquelas cuio pai ou nai fose orixinariamente español e nacido en [[w:España|España]].
 
c) As que se atopen comprendidas no segundo apartado dos artigos 17 e 19.
 
2. A declaración de opción formularase:
 
a) Polo representante legal do optante, menor de catorce anos ou incapacitado. Neste caso, a opción require autorización do encargado do Rexistro Civil do domicilio do declarante, previo dictame do Ministerio Fiscal. Dita autorización concederase en interés do menor ou incapaz.
 
b) Polo propio interesado, asistido polo seu representante legal, cando aquél sexa maior de catorce anos ou cando, aínda estando incapacitado, así o permita a sentencia de incapacitación.
 
c) Polo interesado, por sí só, se está emancipado ou é maior de dezaoito anos. A opción caducará ós vinte anos de idade, pero se o optante non estivese emancipado segundo a súa lei persoal ó chegar ós dezaoito anos, o prazo para optar prolongarase ata que transcorran dous anos dende a emancipación.
 
d) Polo interesado, por sí só, dentro dos dous anos seguintes á recuperación da plena capacidade. Exceptúase o caso no que caducase o dereito de opción conforme ó parágrafo c.
 
3. Non obstante o disposto no apartado anterior, o exercicio do dereito de opción previsto no apartado 1.b deste artigo non estará suxeito a límite algún de idade.
 
:Artigo 22
 
1. Para a concesión da nacionalidade por residencia requírese que ésta durase dez anos. Serán suficientes cinco anos para os que obtivesen a condición de refuxiado e dous anos cando se trate de nacionais de orixe de [[w:América Latina|países iberoamericanos]], [[w:Andorra|Andorra]], [[w:Filipinas|Filipinas]], [[w:Guinea Ecuatorial|Guinea Ecuatorial]] ou [[w:Portugal|Portugal]] ou de [[w:sefardí|sefardís]].
 
2. Bastará o tempo de residencia dun ano para:
 
a) O que nacese en territorio español.
 
b) O que non exercitase oportunamente a facultade de optar.
 
c) O que estivese suxeito legalmente á tutela, garda ou acoxemento dun ciudadán ou institución españois durante dous anos consecutivos, incluso se continuase nesta situación no momento da solicitude.
 
d) O que ó tempo da solicitude levase un ano casado con español ou española e non estivese separado legalmente ou de feito.
 
e) O viuvo ou viuva de española ou español, se á morte do cónxuxe non existise separación legal ou de feito.
 
f) O nacido fora de [[w:España|España]] de pai ou nai, abó ou aboa, que orixinariamente fosen españois.
 
3. En tódolos casos, a residencia terá de ser legal, continuada e inmediatamente anterior á petición.
 
Ós efectos do previsto no parágrafo d do apartado anterior, entenderase que ten residencia legal en [[w:España|España]] o cónxuxe que conviva con funcionario diplomático ou consular español acreditado no extranxeiro.
 
4. O interesado deberá xustificar, no expediente regulado pola lexislación do Rexistro Civil, boa conducta cívica e suficiente grado de integración na sociedade española.
 
5. A concesión ou denegación da nacionalidade por residencia deixa a salvo a vía xudicial contencioso-administrativa.
 
:Artigo 23
 
Son requisitos comúns para a validez da adquisición da nacionalidade española por opción, carta de natureza ou residencia:
 
a) Que o maior de catorce anos e capaz para prestar unha declaración por sí xure ou prometa fidelidade ó Rei e obediencia á Constitución e ás leis.
 
b) Que a mesma persoa declare que renuncia á súa anterior nacionalidade. Quedan a salvo deste requisito os naturais de países mencionados no apartado 1 do artigo 24.
 
c) Que a adquisición se inscriba no Rexistro Civil español.
 
:Artigo 24
 
1. Perden a nacionalidade española os emancipados que, residindo habitualmente no extranxeiro, adquiran voluntariamente outra nacionalidade ou empreguen exclusivamente a nacionalidad extranxeira que tivesen atribuida antes da emancipación. A perda producirase unha vez que transcorran tres anos, a contar, respectivamente, dende a adquisición da nacionalidade extranxeira ou dende a emancipación. Non obstante, os interesados poderán evita-la perda se dentro do prazo indicado declaran a súa vontade de conserva-la nacionalidad española ó encargado do Rexistro Civil.
 
A adquisición da nacionalidade de [[w:América Latina|países iberoamericanos]], [[w:Andorra|Andorra]], [[w:Filipinas|Filipinas]], [[w:Guinea Ecuatorial|Guinea Ecuatorial]] ou [[w:Portugal|Portugal]] non é bastante para producir, conforme a este apartado, a perda da nacionalidade española de orixe.
 
2. En todo caso, perden a nacionalidade española os españois emancipados que renuncien expresamente a ela, se teñen outra nacionalidade e residen habitualmente no extranxeiro.
 
3. Os que tendo nacido e residindo no extranxeiro ostenten a nacionalidade española por ser fillos de pai ou nai españois, tamén nacidos no extranxeiro, cando as leis do país onde residan lles atribúan a nacionalidade do mesmo, perderán, en todo caso, a nacionalidade española se non declaran a súa vontade de conservala ante o encargado do Rexistro Civil no prazo de tres anos, a contar dende a súa maioría de idade ou emancipación.
 
4. Non se perde a nacionalidade española, en virtude do disposto neste precepto, se [[w:España|España]] estivese en guerra.
 
:Artigo 25
 
1. Os españois que non o sexan de orixe perderán a nacionalidade:
 
a) Cando durante un período de tres anos empreguen exclusivamente a nacionalidade á que declarasen renunciar ó adquiri-la nacionalidade española.
 
b) Cando entren voluntariamente ó servicio das armas ou exerzan cargo político nun Estado extranxeiro contra a prohibición expresa do Goberno.
 
2. A sentencia firme que declare que o interesado incurriu en falsedade, ocultación ou fraude na adquisición da nacionalidade española produce a nulidade de tal adquisición, se ben non se derivarán dela efectos prexudiciais para terceiros de boa fe. A acción de nulidade deberá exercitarse polo Ministerio Fiscal de oficio ou en virtude de denuncia, dentro do prazo de quince anos.
 
:Artigo 26
 
1. Quen perdese a nacionalidade española poderá recuperarla cumprindo os seguintes requisitos:
 
a) Ser residente legal en [[w:España|España]]. Este requisito non será de aplicación ós emigrantes nin ós fillos de emigrantes. Nos demáis casos poderá ser dispensado polo Ministro de Xustiza cando concorran circunstancias excepcionais.
 
b) Declarar ante o encargado do Rexistro Civil a súa vontade de recupera-la nacionalidade española.
 
c) Inscribi-la recuperación no Rexistro Civil.
 
2. Non poderán recuperar ou adquirir, no seu caso, a nacionalidade española sen previa habilitación concedida discrecionalmente polo Goberno, os que se atopen incursos en calquera dos supostos previstos no artigo anterior.
 
==Disposición adicionais==
 
[[Category:documentos legais españois]]