Código Civil español/LIBRO PRIMEIRO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 360:
 
===CAPÍTULO IV: Da inscripción do matrimonio no Rexistro Civil===
 
:Artigo 61
 
O matrimonio produce efectos civís dende a súa celebración. Para o pleno recoñecemento dos mesmos será precisa a súa inscripción no Rexistro Civil.
 
O matrimonio non inscrito non prexudicará os dereitos adquiridos de boa fe por terceiras persoas.
 
:Artigo 62
 
O Xuíz, Alcalde ou funcionario ante quen se celebre o matrimonio extenderá, inmediatamente despois de celebrado, a inscripción ou a acta correspondente ca súa sinatura e a dos contraíntes e testigos.
 
Así mesmo, practicada a inscripción ou extendida a acta, o Xuíz, Alcalde ou funcionario entregará a cada un dos contraíntes documento acreditativo da celebración do matrimonio.
 
==Notas==