Constitución española de 1845: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 5:
== TÍTULO I - DOS ESPAÑOIS ==
'''Artigo 1'''
 
Son españois:<br>
1. Tódalas persoas nadas nos dominios de España.<br>
Liña 16 ⟶ 17:
 
'''Artigo 2'''
 
Tódolos españois podan imprimir e publicar libremente as súas ideas sen previa censura, con suxeción ás leis.
 
'''Artigo 3'''
 
Todo español ten dereito de dirixir peticións por escrito ás Cortes e ó Rei, como determinen as leis.
 
'''Artigo 4'''
 
Uns mesmos Códigos rexirán en toda a Monarquía.
 
'''Artigo 5'''
 
Tódolos españois son admisibeis ós empregos e cargos públicos, segundo o seu mérito e capacidade.
 
'''Artigo 6'''
 
Todo español está obrigado a defender a Patria coas armas cando sexa chamado pola lei e a contribuir en proporción dos seus haberes para os gastos do Estado.
 
'''Artigo 7'''
 
Non pode ser detido, nin preso, nin separado do seu domicilio ningún español, nin allanada a súa casa senón nos casos e na forma que as leis prescriban.
 
'''Artigo 8'''
 
Se a seguridade do Estado esixese en circunstancias extraordinarias a suspensión temporal en toda a Monarquía, ou en parte dela, do disposto no artigo anterior, se determinará por unha lei.
 
'''Artigo 9'''
 
Ningún español pode ser procesado nin sentenciado senón polo Xuiz ou Tribunal competente, en virtude de leis anteriores ó delito e na forma que éstas prescriban.
 
Liña 42 ⟶ 51:
 
'''Artigo 10'''
 
Non se imporá xamáis a pena de confiscación de bens, e ningún español será privado da súa propiedade senón por causa xustificada de utilidade común, previa a correspondente indemnización.
 
'''Artigo 11'''
 
A Relixión da Nación española é a católica, apostólica, romana. O Estado obrígase a manter o culto e os seus ministros.