Constitución española de 1812: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 38:
 
Art. 9. Está asi mesmo obrigado todo español a defende a Patria coas armas, cando sexa chamado por lei.
 
== TÍTULO II: Do territorio das Españas, a súa relixión e Goberno e dos cidadáns españois ==
 
=== CAPÍTULO I: Do territorio das Españas ===
 
Art. 10. O territorio español comprende na Península coas súas posesións e illas de arredores: Aragón, Asturias, Castilla la Vieja, Castilla la NUeva, Cataluña, Córdoba, Extremadura, Galicia, Granada, Jaén, León, Molina, Murcia, Navarra, Provincias Vascongadas, Sevilla e Valencia, as Illas Baleares e as Canarias coas demáis posesións en África. Na América setentrional: Nueva España coa Nueva Galicia e península do Iucatán, Guatemala, provincias internas de oriente, provincias internas de occidente, a illa de Cuba coas duas Floridas, a parte española da illa de Santo Domingo e a illa de Porto Rico coas demáis de arredores. Na América meridional, Nova Granada, Venezuela, o Perú, Chile, provincias do Río da Prata, e todas as de arredores do mar Pacífico e no Atlántico. En Asia, a illas Filipinas , e as que dependen do seu goberno.
 
Art. 11. Farase unha división máis conveniente do territorio español por unha lei constitucional, logo de que as circunstancias políticas da nación o permitan.