Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1.376:
== DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS, FINAIS E DERROGATORIA ==
 
====Disposición adicional primeira====
No prazo de seis meses a contar da publicación do presente Estatuto,
constituirase a Comisión Mixta prevista no art. 72. Na súa primeira reunión
aprobará o seu regulamento interno.
====Disposición adicional segunda====
O Parlamento da Galiza reclamará ás Cortes Xerais que declaren a lingua
galega idioma oficial nos órganos centrais do Estado español.
Liña 1.387:
Deputados. Recoñecerase ademais o seu emprego polos representantes
galegos nas institucións da Unión Europea como lingua oficial da mesma.
====Disposición final primeira====
A aprobación deste Estatuto é a forma de manifestación institucional na que se
concreta, no momento presente, o dereito inalienábel de libre decisión do que é
titular o pobo galego e non supón renuncia algunha a que, no futuro, o exercicio
deste dereito poida adoptar outra forma de concreción institucional.
====Diposición final segunda=====
O Parlamento de Galiza reclamará aos Parlamentos das Comunidades
Autónomas ás que actualmente pertencen as comarcas limítrofes de fala galega,
que a declaren co-oficial no territorio dos concellos desas comarcas e nos
órganos institucionais centrais das respectivas Comunidades Autónomas.
====Disposición final terceira====
46
Poderán incorporarse a Galiza aqueles concellos limítrofes de características
históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante
procedementos democráticos que serán regulados por lei
====Disposición Transitoria====
En tanto non se estabelecer a organización territorial de conformidade co
estabelecido no presente Estatuto, o Goberno de Galiza coordenará a actuación
das Deputacións Provinciais e tutelará a súa actuación financeira.
====Disposición derrogatoria====
Fica derrogado o Estatuto de Autonomía de Galiza de 1981 e cantas
disposicións legais da Comunidade Autónoma da Galiza se opuxeren aos