Constitución española de 1812: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 46:
 
Art. 11. Farase unha división máis conveniente do territorio español por unha lei constitucional, logo de que as circunstancias políticas da nación o permitan.
 
=== CAPÍTULO II: Da relixión ===
 
Art. 12. A relixión da Nación Española é e será perpetuamente a católica, apostólica, romana, única e verdadeira. A Nación protexea por leis sabias e xustas e prohibe o exercicio de calquera outra.
 
=== CAPÍTULO III: Do Goberno ===
 
Art. 13. O obxecto do Goberno é a felicidade da Nación, porto que o fin de toda sociedade política non é outro que o benestar de todos os individuos que a compoñen.
 
Art. 14. O goberno da Nación española é unha Monarquía moderada hereditaria.
 
Art. 15. A poestade de facer as leis reside nas Cortes co Rei.
 
Art. 16. A potestade de facer executar as leis reside no Rei
 
Art. 17. A potestade de aplicar as leis nas causas civís e criminais reside nos tribunais estblecidos pola lei.
 
=== CAPÍTULO IV: Dos cidadáns españois ===
 
Art. 18. Son cidadáns españois aqueles que por ambas liñas traen a súa orixe dos dominios españois en ámbolos hemisferios e están aveciñados en calquera pobo dos mesmos dominios.
 
Art. 19. É tamén cidadán o estranxeiro que gozando xa dos dereitos de español, obtivese das Cortes carta especial de cidadán.
 
Art. 20. Para que o estranxeiro poida obter das Cortes esta carta, deberá estar casado con española, e ter traída ou fixada nas Españas algunha invención ou industria apreciable, ou adquirido bens raíces polos que pague unha contribución directa, ou establecido no comercio cun capital propio e considerable a xuizo das mesmas Cortes, ou ter feito servizos sinalados a ben e defensa da Nación.
 
Art. 21. Son, asimesmo, cidadáns os fillos lexítimos dos estranxeiros domiciliados nas Españas, que tendo nacido nos dominios españois, non saliran nunca fóra sen licenza do Goberno, e tendo vinteun anos cumplidos, estean aveciñados nun pobo dos mesmos dominios, exercendo nel algunha profesión , oficio ou industria útil.
 
Art. 22. Aos españois que por calquera liña son reputados por ser orixinarios do África, qedalles aberta a porta da virtude e do merecemento para ser cidadáns: na súa consecuencia as Cortes concederán carta de cidadán aos que fixeran servizos calificados á Patria, ou aos que se distinguen polo seu talento, aplicación e conduta, coa condición de que sean fillos de lexítimo matrimonio de pais inxénuos; que estén casados con muller inxénua, e aveciñados aos dominios das Españas, e que exerzan algunha profesión, oficio ou industria útil con un capital propio.
 
Art. 23. Só os que sexan cidadáns poderán obter empregos municipais, e elixir para eles nos casos sinalados pola lei.
 
Art. 24. A calidade de cidadán español pérdese:
 
Primeiro. Por adquirir natureza nun país estranxeiro.
 
Segundo. Por admitir emprego de outro goberno
 
Terceiro. Por sentecia na que se impoñan penas aflitivas ou infamantes, se non obtén rehabilitación
 
Cuarto. Por ter residido cinco anos consecutivos fóra do territorio español sen comisión ou licenza do Goberno.
 
Art. 25. O exercicio dos mesmo dereitos suspéndese:
 
Primeiro. En virtude de interdeción xudicial por incapacidade incapacidade física ou moral.
 
Segundo. Polo estado do deudor quebrado, ou de deudor aos caudais públicos.
 
Terceiro. Polo estado de servinte doméstico.
 
Cuarto. Por non ter emprego, oficio ou modo de vivir coñecido.
 
Quinto. Por atoparse procesado criminalmente.
 
Sexto. Dende o ano mil oitocentos trinta deberán de saber ler e escribir os que de novo entren en xexercicio dos dereitos de cidadán.
 
Art. 26. Só pola causas sinaladas nos artigos precedentes pódense perder ou suspender os dereitos de cidadán, e non por outras.