Breve compendio de los varones ilustres de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 123:
 
'''ARES''' (D. Miguel), {{ref|8}} natural da cidade de Santiago, fillo de Alfonso de Ares e da súa muller D.ª María González e bautizado na parroquia de Santo Andrés; foi catedrático na Universidade da devandita cidade; pasou a Salamanca, onde recibiu a bolsa de colexial no maior de San Bartolomé en 1574. Graduouse alí como Licenciado e foi catedrático de Artes e Filosofía, con tanto crédito e vantaxes da súa literatura, que chegaron á chamalo outro Séneca; saíu Cóengo Maxistral de Ávila, e en 1593 presentoulle o rei Felipe II para o Arcebispado das Charcas, que non aceptou; pero aos dous anos despois, fíxolle Bispo de Ourense onde tomou posesion o 30 de Maio de 1595 e gobernou con tal acerto o seu rabaño por máis de 15 anos, que mereceu que lle chamasen na súa morte ''Gloria de Prelados'' e outros ditados que se rexistran no seu epitafio. A súa caridade e celo cos pobres e en obsequio do sagrado foi excesiva. Enriqueceu a Catedral co tabernáculo, custodia, lámpada, caliz, vinagreiras, almofía e fontes de prata sobredouradas: todas pezas grandes, curiosas e ricas: engadiu ornamentos, que duran hoxe, e son os mais preciosos. Doou á fábrica da Igrexa as súas tapicerías, pinturas, e todo o Pontifical, en vida. Fundou tres misas perpetuas polos seus pais na Parroquia onde fora bautizado, con renda para vestir 12 pobres, que asisten a unha e levan en diñeiro outra esmola. No lugar onde naceron os seus pais dotou unha capelanía e escola para ensinar os nenos; na súa Catedral a festa de San Miguel, e unha capelanía no coro; ao colexio de San Bartolomé deu máis de 2.000 ducados; fixo o retablo da capela e unha colgadura de damasco e veludo carmesí con orlas e franxas de ouro. Fixo tamén mandas ao colexio de Santiago; e ademais de todo isto, socorrendo aos pobres, con públicas e secretas esmolas. Ao convento de San Francisco de Orense deu a súa librería. Fixo moitas esmolas a conventos pobres; repartiu o que tiña en misas e en dar estado ás orfas; e ao fin con tales méritos, rendeu o vital espírito á 1.º de Xaneiro de 1611.
:P<small>ADRE FLOREZ:</small> ''España Sagrada'', t.º&deg; 17, f.º&deg; 183.
 
'''AVIÉNO''' (Festo Rufo), natural de Galicia, célebre escritor a principios do século V; a súa patria fué a vila de Ribadavia, como o afirma Vivar ''in Maximum'', ano de 460, número 4, e por iso apropiouse o sobre-apelido Avieno. Deixou escritas varias obras: a primeira intitulada ''Descripción do orbe da terra'', composta toda de versos hexámetros: a segunda das ''Ribeiras marítimas de España'', en verso iámbico: a terceira é unha traducion dos ''Fenómenos de Arato'', en verso hexámetro, a obra do cal permanece, e fai dela memoria San Jerónimo, en ''Coment. Epist. Paul. ad Timot''.; a cuarta é a ''Historia romana'' en verso iámbico, seguindo á Livio; pero perdeuse toda esta obra; a quinta son varias ''Fábulas'' ou ''Apólogos'' en verso das cales aínda permanecen corenta e dúas. Ultimamente escribiu ''Epigramas'' que andan incorporados no códice dos antigos.
 
:H<small>ORTA</small>: ''Anais de Galicia'', t.&deg; 1. &deg;, lib. 3, capítulo 10, folio 273.
 
'''ARIAS''' (D. Xoán), de coñecida nobreza, parente moi próximo de D. Pedro Alvarez Osorio, Conde de Lemos; foi Deán da antiga Igrexa de Lugo antes do ano 1184. As súas heroicas virtudes foron tales e tantas, que lle formaron un exemplar capitular. A da liberalidade en obras do divino culto foi extremada, participando dela varias igrexas. O Mosteiro de Vilar de Donas, patrimonio seu en terra de Monterroso, no devandito Bispado, doullo aos relixiosos e cabaleiros da orde de Santiago para que nel desen o hábito aos que lle pedisen e celebrasen os seus capítulos; ordenando que dende as vésperas segundas de Todos os Santos ata a Pascua de Resurrección, puxesen capas negras sobre as pelizas, como cóengos regulares. E porque despois da súa morte non se cumpría coa súa vontade, o conde D. Pedro, o seu parente, puxo preito á igrexa.
 
:P<small>ALLARES</small>: ''Historia de Lugo'', f.&deg; 318.
 
'''AGUIAR''' (o Doutor D. Francisco de) parente moi próximo do Bispo de Lugo, D. Frei Pedro Lopez de Aguiar, natural deste Bispado, de quen se trata nesta obra; foi Catedrático de Prima de Leis na Universidade de Valladolid, e, por excelente Xurista, mereceu o renome de Grande e que a Escola lle puxese honorífico epitafio: ''Hic cesarunt leges''.
 
:P<small>ALLARES</small>: ibid. f.&deg; 393.
 
'''AGUIAR''' (o Licenciado D. Diego), parente do anterior; poeta discreto, compuxo douscentos versos en lingua latina e castelá, falando cunhas mesmas palabras latin e castelán.
 
:P<small>ALLARES</small>: ibid. f.&deg; 393.
 
'''ÁLVAREZ DE VELASCO''' (D. Gabriel), naceu no val de Quiroga, estudou Leis; avogou nos Reais consellos; tivo comisións de crédito e oficios en España. Escribiu e imprimiu varios libros da súa profesión e doutros asuntos, entre eles un latino do ''Xuíz perfecto''; fué douto, prudente e recatado, verídico, algo colérico, esmoleiro e moi apreciador da virtude; fué Oedor de Santa Fe o 18 de Agosto de 1636, e promovido a Fiscal de Lima en 1648 e, xubilado co salario da primeira praza, morreu en sábado 22 de Xuño de 1658 á as sete da noite na idade de 61 anos; foi sepultado na capela de Nuestra Señora de Gracia do convento de Santo Agustin que comprou, labrou e dotou con capelanía de misas e de salves dos sábados, con Padroado; compuxo un libro reformado e engadido de ''Axiomas do Dereito''; outro de ''alimentos'', unha ''Carta laudatoria'' aos seus fillos da vida da súa muller D.ª Francisca Zorrilla, con quen casou en Santa Fe, filla do Oedor D. Diego Zorrilla e de D.ª Catalina de Ospina; outro libro compuxo ''da distinción do temporal e eterno'', de gran erudición.
 
:O<small>CARIZ</small> no seu ''Nobiliario'', t.&deg; 1. &deg;, f.&deg; 95 e 236.
 
'''APONTE''' (Basco Gil de), floreceu no século XVI: escribiu un libro das ''Liñaxes de Galicia''. Saavedra no ''Memorial'' da súa casa. f.º 184-B-. Foi familiar de D. Fernando, Conde de Andrade (anda a devandita obra M. S. e é rara.)
 
:F<small>ERRERAS</small>: Historia de España. t.º 8. º, f.º 331.