Breve compendio de los varones ilustres de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 147:
'''APONTE''' (Basco Gil de), floreceu no século XVI: escribiu un libro das ''Liñaxes de Galicia''. Saavedra no ''Memorial'' da súa casa. f.º 184-B-. Foi familiar de D. Fernando, Conde de Andrade (anda a devandita obra M. S. e é rara.)
 
:F<small>ERRERAS</small>: Historia de España. t.º&deg; 8. º&deg;, f.º&deg; 331.
 
'''ARIAS''' (Frei Diego), natural de Galicia, co seu compañeiro e paisano Frei Diego Mariño, relixiosos de San Francisco,con fervoroso desexo de maior estreiteza, observancia e pernitencia, impetrando licenza do Papa Bonifacio, pasaron a Portugal, e nun lugar deserto chamado a Rábida, non lonxe de Tui, edificaron un pobre Mosteiro, que foi o principio daquela reforma que tanto floreceu con exemplos e virtudes naquel Reino, o que sucedeu polos anos de 1392.
 
:F<small>ERRERAS</small>: ''Historia de España''. t.&deg; 8.&deg;, f.&deg; 331.
 
'''ÁLVAREZ SOTELO''' (Padre Xoán), Xesuíta. Escribiu unha ''Historia de Galicia'' con moita elegancia, aínda que lixeiramente; consérvase M. S. en poder de D. José Cornide.
 
 
'''ACEBEDO''' (Frei Martin de), descendente da ilustre casa de Seixo en Sabucedo, da orde da Nosa Señora da Merced, Catedrático de Prima de Teoloxía da Universidade de Santiago e Bispo en Italia.
 
:O<small>CARIZ</small>: t.&deg; 2. &deg;, f.&deg; 312.
 
'''ARIAS GALEGO''' (D. Gonzalo), Bispo de Girona, despois de Cartagena, douto Prelado; asistiu ao Concilio de Trento e morreu en 1573.
 
:A<small>YALA</small>: ''Concilio tridentino'', que traduciu ao castelán. –Apéndice 4. &deg;, f.&deg; 33.
 
'''ALFONSO''' (D. Nuño), Cóengo de Santiago e un dos famosos escritores da ''Historia compostelá'', exaltado ao Bispado de Mondoñedo, na cadeira da cal xa se achaba por Xullo do ano de 1120. O Bispo da cidade de León, D. Diego, sinaloulle renda entre as dignidades da súa Igrexa, que consta do seu testamento.
 
:R<small>ISCO</small>: España Sagrada, t.&deg; 35, f.&deg; 171.
 
'''ÁLVAREZ DE SOTOMAIOR''' (Garci), fillo de Alonso López de Somoza e de D.ª Paula de Sotomaior, filla de D. Francisco Feijóo, señor de Vilar de Cas e de D.ª Isabel de Sotomaior, filla de D. Pedro Álvarez de Sotomaior, señor desta casa e conde de Camiña, e de D.ª Teresa de Tabera. Foi doutor, crucífero e letrado de Cámara do Ilustrísimo D. Rodrigo de Castro, Cardeal de Sevilla; foi xurisconsulto ''in utroque'' e de excelente inxenio, e moi xeral, e versado en todo xénero de letras curiosas.
 
:A<small>RGOTE DE MOLINA</small>: no seu ''Nobiliario de Andalucía'', libro 2.&deg;, f.&deg; 253 B.
 
'''ALFONSO''' (Munio ou Nuño), tesoureiro da Santa Igrexa de Santiago; florecía a principios do século XI e aínda que non se sabe fixamente a súa patria, debe inferirse ser galego de nacemento, pois os mesmos apelido e nome demóstrano, e se isto non fose proba de abondo, debe apropiarse á Galicia polas dinidades que neste reino obtivo de Cóengo tesoureiro e de Bispo de Mondoñedo. Este foi o primeiro dos tres autores que compuxeron a célebre ''Historia compostelá'', un dos monumentos máis apreciables, verdadeiros e raros da antigüidade, polas singulares noticias que contén; foi tamén D. Nuño, capelán e secretario do rei D. Alonso VII, cuxos empregos gozaba en 1126, e en 1130 asistiu á expedición que o devandito soberano fixo contra os sarracenos.
 
:C<small>ASTRO</small>: ''Biblioteca española'', t.&deg; 2. &deg;, f.&deg; 490.