Testamento de Heilingenstadt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 9:
Como confesar ese defecto dun sentido que debía ser, en min, máis perfecto que nos outros, dun sentido que, en tempos atrás, foi tan perfecto como poucos homes dedicados á mesma arte posuían! Non me era con todo posíbel dicir aos homes: “Falade máis alto, berrade, pois estou xordo”. Perdoádeme se me vedes afastar de vós! A miña desgraza é dobremente penosa, pois alén do máis fai con que eu sexa mal xulgado. Para min, xa non hai encanto na reunión dos homes, nin nas palestras elevadas, nin nos desabafos íntimos. Só a máis estrita necesidade me arrastra á sociedade. Debo vivir como un exiliado. Se me acerco dun grupo, síntome preso dunha punxente angustia, polo receo que descubran meu triste estado. E así vivín este medio ano en que pasei no campo. Mais que humillación cando ao meu lado alguén apercibía o son ao lonxe dunha frauta e eu nada ouvía! Ou escoitaba o canto dun pastor e eu nada escoitaba!
Eses incidentes leváronme case ao desespero e pouco faltou para que, por miñas propias mans, eu puxese fin á miña existencia. Só a arte me amparou! Pareceume imposíbel deixar o mundo antes de haber producidoproducir todo o que eu sentía me haber sidofora confiado, e así prolonguei esta vida infeliz. Paciencia é só oao que aspiro ata que as parcas inclementes corten o fío de miña triste vida. Mellorarei, talvez, e talvez non! Mais terei coraxe. Na miña idade, xa obrigado a filosofar, non é fácil, e máis penoso aínda se torna para o artista. Meu Deus, sobre min deita o Teu ollar! ÓOh homes! Se vos caercaese isto un día debaixo dos ollos, veredes que me xulgastes mal! O infeliz consólase cando atopa unha desgraza igual á súa. Todo fizfixen para merecer un lugar entre os artistas e entre os homes de ben.
 
Pídovos, meus irmáns (Karl e Johann) así que eu pechar os ollos, se o profesor Schimith aínda for vivo, facerlle enno meu nome o pedido de describir a miña molestia e xuntade a isto que aquí escribo para que o mundo, despois de miña morte, se reconcilie comigo. Declárovos ambos herdeiros de miña pequena fortuna. RepartíaRepartídea honestamente e axudádevos un ao outro. O que contra min fixerdes, hai moito, ben sabedes, xa vos perdoei. A ti, Karl, agradezo as probas que me deches ultimamente. O meu desexo é que sexa a túa vida menos dura que a miña. Recomendádelle aos vosos fillos a virtude. Só ela poderá dar a felicidade, non o diñeiro, dígovolo por experiencia propia. Só a virtude me ergueu da miña miseria. Só a ela e á miña arte debo non ter terminado en suicidio os meus pobres días. Adeus e conservádeme a vosa amizade.
 
A miña gratitude a todos os meus amigos. Sentireime feliz debaixo da terra se aínda vos puider valer. Recebo con felicidade a morte. Se ela viñese antes que realice todo o que me concede a miña capacidade artística, a pesar do meu destino, virá cedo demais e eu desexaríaa máis tarde. Aínda así, sentireime contento pois ela me liberará dun tormento sen fin. Veña cando quixer, e eu con coraxe a enfrontarei.