Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{enuso}}
Este documento é a '''Proposta de Estatuto político da Comunidade de Euskadi''', tamén coñecido como '''Plan Ibarretxe''', saída do Palacio de Ajuria-Enea, o 25 de outubro de 2003
 
{{wikipedia|Plan Ibarretxe}}
 
1. [[Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi/Preámbulo|Preámbulo]]
== Preámbulo ==
O Pobo Vasco ou Euskal Herria é un Pobo con identidade propia no conxunto dos pobos de Europa, depositario dun patrimonio histórico, social e cultural singular, que se asienta xeográficamente en sete Territorios actualmente articulados en tres ámbitos xurídico-políticos diferentes ubicados en dous estados.
 
O Pobo Vasco ten dereito a decidir o seu propio futuro, tal e como se aprobou por maioría absoluta o 15 de febreiro de 1990 no Parlamento Vasco, e de conformidade co dereito de autodeterminación dos pobos, recoñecido internacionalmente, entre outros, no [[Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos]] e no [[Pacto
Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais]].
 
O exercicio do dereito do Pobo Vasco a decidir o seu propio futuro se materializa desde o respeto ó dereito que teñen os cidadáns e cidadás dos diferentes ámbitos xurídico-políticos nos que actualmente se articula a ser consultados para decidir o seu propio futuro. Isto é, respectando a decisión dos cidadáns e cidadás da actual Comunidade Autónoma Vasca, a decisión dos ciudadáns e cidadás da Comunidade Foral de Navarra, así como as decisións dos cidadáns e cidadás dos Territorios vascos de Iparralde –Lapurdi, Behe Nafarroa, e Zuberoa-.
 
De conformidade con estes tres piares e como parte integrante do Pobo Vasco, os cidadáns e cidadás da actual Comunidade Autónoma de Euskadi, integrada polos Territorios de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa, no exercicio da nosa vontade democrática e en virtude do respeto e actualización dos nosos dereitos históricos recollidos no [[Estatuto de Guernica]] e na [[Constitución española de 1978|Constitución española]], manifestamos a nosa vontade de formalizar un novo pacto político para a convivencia.
 
Este pacto político materialízase nun novo modelo de relación co Estado español, baseado na libre asociación e compatible coas posibilidades de desenvolvemento dun estado composto, plurinacional e asimétrico.
 
Por canto antecede, os cidadáns e cidadás de Araba, Bizkaia e Gipuzkoa ratificamos o seguinte:
 
== Título preliminar ==