Proposta dun Novo Estatuto para Euskadi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 16:
 
 
[[Categoría:Documentos legais]]
 
 
 
==DISPOSICIÓN TRANSITORIA==
'''1'''. No prazo máximo de seis meses desde a entrada en vigor do presente Estatuto, a Comunidade de Euskadi asumirá materialmente e comezará a exercer en plenitude tódalas potestades, funcións e servizos sen excepción que lle corresponden conforme ó seu réxime de autogoberno, todo isto sen perxuízo da continuidade no exercicio e da subrogación plena nas que xa ten asumidas a Comunidade Autónoma de Euskadi.
 
'''2'''. Dentro de dito prazo de seis meses, unha Comisión Mixta de Transferencias integrada por igual número de representantes do Goberno Vasco e do Goberno do Estado, por unha sola vez e de modo definitivo, establecerá os acordos que procedan co fin de garantizar a continuidade dos servizos públicos e traspasar os medios personais e materiais de titularidade do Estado, que quedarán, respectivamente, integrados na Comunidade de Euskadi ou baixo a súa titularidade plena conforme ó seu réxime de autogoberno. A ditos efectos, se considerará que as actas da Comisión Mixta e os certificados que se libren con relación aos inventarios e documentos oficiais do Estado serán suficentes para a titulación e inscripción dos bens nos Rexistros Oficiais correspondentes. No seo da Comisión Mixta citada, se aprobarán os acordos financieiros e se procederá á regularización de fluxos financieiros que correspondan entre a Comunidade de Euskadi e o Estado.
A falta de acordo na Comisión Mixta non impedirá á Comunidade de Euskadi o exercicio das atribucións ou competencias asumidas, que as poderá exercer cos seus propios medios e recursos financieiros, sen perxuízo de poder reclamar con posterioridade.