Constitución española de 1931: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 15:

*[[Constitución española de 1931/Título preliminar|Título preliminar]]

==TÍTULO PRELIMINAR: Disposicións xerais==
'''Artigo 1'''

1. España é unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de Liberdade e de Xustiza.

2. Os poderes de tódolos seus órganos emanan do pobo.

3. A República constitúe un Estado integral, compatible coa autonomía dos Municipios e as Rexións.

4. A bandeira da República española é vermella, amarela e morada.

'''Artigo 2'''

1. Tódolos españois son iguais ante a lei.

'''Artigo 3'''

1. O Estado español non ten relixión oficial.

'''Artigo 4'''

1. O castelán é o idioma oficial da República.

2. Todo español ten a obriga de sabelo e dereito de usalo, sen perxuízo dos dereitos que as leis do Estado recoñezan ás linguas das provincias ou rexións.

3. Salvo o que se dispoña en leis especiais, a ninguén se lle poderá esixir o coñecemento nin o uso de ningunha lingua rexional.

'''Artigo 5'''

1. A capitalidade da República fíxase en Madrid.

'''Artigo 6'''

1. España renuncia á guerra como instrumento de política nacional.

'''Artigo 7'''

1. O Estado español acatará as normas universais do Dereito internacional, incorporándoas ó seu dereito positivo.