Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1:
Debido á súa lonxitude, o texto está estruturado en varias subpáxinas:
== PREÁMBULO ==
 
*[[Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Preámbulo]]
AFIRMANDO a nosa existencia como nación, explicitada nun feito histórico,
lingüístico, cultural, socioeconómico e político de ampla raigame e singularidade,
 
CONSCIENTES de que foi ao longo da Idade Media cando eses trazos se foron
definido até agromaren na Nación galega. A chegada dos suevos consolidou o
marco político dun Reino de Galiza que, mediado o século VI, xa se aprezaba
constituído. Nos séculos XII e XIII os avatares políticos dividiron este espazo
galaico xurdindo Portugal. Na Galiza mantivéronse uns trazos específicos que
permiten xa desde a baixa Idade Media identificar a Nación galega actual
enfrontando os intentos centralistas de Castela nos séculos XIV e XV. O papel
reivindicativo dos ilustrados precedeu aos grandes movimentos de defensa do
país: o provincialismo, o galeguismo e, na actualidade, o nacionalismo.
 
AFIRMANDO o dereito ao noso autogoberno, a dotármonos dunha estrutura
política propia e a definir a súa articulación institucional e administrativa acorde
coa nosa condición nacional, así como a configuración do nivel de
independencia ou dependencia a respecto doutras instancias,
AFIRMANDO o noso compromiso esencial e irrenunciábel coa democracia e co
dereito de todas as persoas e pobos a vivir en liberdade,
NÓS, O POBO GALEGO, dámonos e aceptamos o presente Estatuto, que
constitúe a norma fundamental e primaria da nación galega, e base para a
relación co Estado español, coa Unión Europea e coas restantes nacións e
pobos do mundo.
 
CONVENCIDOS de que o dereito ao autogoberno é de natureza fundamental,
que non pode ser outorgado nin limitado, os galegos e as galegas declaramos a
nosa libre e lexítima vontade de integrármonos na estrutura plurinacional do
Estado español, aceptando un acordo constitucional de interpretación dinámica,
evolutiva e aberta que debe conducirnos á construción dun Estado que avogue
por unha Europa dos pobos, na que queremos ser recoñecidos en total
igualdade con todos os demais países e cidadáns da Unión Europea.
 
CONVENCIDOS de que esa unión somente pode ser froito da libre vontade dos
pobos, os galegos e galegas proclamamos conxuntamente a nosa identidade
política, cultural e lingüística, o dereito a decidir sobre nós mesmos, e a nosa
inequívoca vontade de colaborar na instauración dunha comunidade
internacional que asuma o principio pleno da democracia universal.
ASUMINDO plenamente os dereitos e garantías recoñecidos na Declaración
Universal do Dereitos Humanos, no Pacto Internacional de Dereitos Civís e
Políticos, no Pacto Internacional de Dereitos Económicos, Sociais e Culturais e
nos demais instrumentos internacionais en materia de dereitos humanos.
 
COMPROMETIDO co seu progreso e avanzo, o Estatuto de Galiza garante o
estabelecemento dunha sociedade democrática avanzada asente nos valores
superiores da dignidade humana, da liberdade, da xustiza, da igualdade, do
benestar e do pluralismo político no marco dunha orde social xusta e dun
desenvolvimento económico sustentábel.
Xa que logo, en uso da súa soberanía de decisión, o pobo galego ratifica o
seguinte Estatuto de Galiza.
==TÍTULO PRELIMINAR==
====Artigo 1. A Nación galega====