Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
*[[Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Título preliminar]]

==TITULO I: DEREITOS E LIBERDADES FUNDAMENTAIS==

=== CAPÍTULO I:DEREITOS E LIBERDADES FUNDAMENTAIS DA CIDADANÍA GALEGA ===

==== Artigo 8. Alcanzo dos dereitos e liberdades fundamentais ====

Toda a cidadanía galega, sen ningún tipo de discriminación, disporá dos dereitos
e liberdades que recoñece o presente Estatuto, sen prexuízo do estabelecido na
Constitución Española, na Carta Europea de Dereitos Fundamentais e nos
restantes Instrumentos internacionais en materia de dereitos humanos.
Sección 1ª. Dereitos fundamentais civís

==== Artigo 9. Dignidade humana ====

A dignidade humana é inviolábel.

==== Artigo 10. Igualdade perante a Lei. ====

1. Todas as persoas son iguais perante a lei. Garántese a todas as persoas a
protección efectiva contra calquera discriminación por motivos de nacionalidade,
etnia, xénero, opción sexual, idioma, relixión, opinións políticas ou de calquera
caste, orixe social, posición económica ou calquera outra condición social
similar.
2. A igualdade perante a Lei entenderase sen prexuízo da adopción de medidas
específicas que oferezan un tratamento preferencial a determinados colectivos
destinadas a garantir a igualdade de oportunidades e eliminar toda
discriminación social.

==== Artigo 11. Dereito á vida ====

1. Toda persoa ten dereito á vida.
2. Ninguén poderá ser executado, nin condenado a cadea perpertua ou a pena
de morte.

==== Artigo 12. Dereito á integridade física ou psíquica. ====

1. Toda persoa ten dereito á súa integridade física e psíquica.
11
2. En ningún caso poderá ser sometida a torturas nin a penas ou tratos
inhumanos ou degradantes.
3. Prohíbese o tráfico de órgaos así como o estabelecimento de dereitos de
propriedade sobre secuencias xenéticas ou caisquer outro material biolóxico de
orixe humana.

==== Artigo 13. Dereito a unha morte digna ====

Toda persoa que padeza unha doenza grave e incurábel ten dereito a unha
morte digna nas condicións que a Lei determinar.

==== Artigo 14. Dereito á tutela xudicial ====

1. Toda persoa ten dereito a obter a tutela efectiva de xulgados e tribunais
independentes e imparciais no exercicio dos seus dereitos e intereses lexítimos
sen que, en ningún caso, poida producirse indefensión. Esta tutela implica que
toda causa sexa ouvida equitativa e publicamente e resolvida dentro dun prazo
razoábel sen dilacións indebidas.
2. Toda persoa acusada presúmese inocente mentres a súa culpabilidade non
fose declarada nun proceso xusto, garantíndoselle en todo momento o respecto
dos dereitos de defensa.

==== Artigo 15. Dereito á autonomía reprodutiva e á familia. ====

Toda persoa ten dereito á autonomía reprodutiva, a formar unha familia, sexa cal
for a modalidade escollida, e a gozar da protección e das vantaxes establecidas
para as mesmas polos poderes públicos sen discriminación de ningún tipo.

==== Artigo 16. Protección da infancia. ====

1. Os nenos e as nenas gozarán dunha protección especial, a fin de que poidan
desenvolverse en condicións de liberdade e dignidade. En especial, serán
protexidos face á discriminación de calquera índole, tendo os poderes públicos
obrigación de prestar esa protección naqueles casos en que os seus
proxenitores carezan dos medios axeitados.
2. O interese superior dos nenos e as nenas será o principio reitor das Leis e
demais normas do ordenamento xurídico que regulen aspectos que incidan na
infancia.
====Artigo 17. Protección da honra e da privacidade.====
1. Toda persoa persoa ten dereito á protección da súa honra e ao respecto da
súa vida privada e familiar, da inviolabilidade do seu domicilio, dos seus soportes
persoais de información así como ao segredo das súas comunicacións en
calquer ámbito, incluído o laboral.
2. O tratamento, acceso, modificación ou cancelación de dados de carácter
persoal exixe o consentimento expreso do seu titular, nos termos que a lei
estabelecer.

====Artigo 18. Garantías para o exercicio da liberdade.====
1. Toda persoa ten dereito á liberdade. Ninguén poderá ser sometido a
detención arbitraria nin tampouco privado de liberdade, agás por resolución
xudicial motivada e na forma prevista expresamente pola Lei.

2. As persoas privadas de liberdade serán tratadas preservando a súa dignidade
humana e co respecto debido. Os cidadáns e cidadás de Galiza teñen dereito a
cumpriren no país as penas privativas de liberdade a que foren condenados.

3. Ningunha persoa poderá ser sometida a escravitude ou servidume.

4. Prohíbese o traballo forzado, o traballo infantil e o tráfico de seres humanos.
====Artigo 19. Liberdades públicas.====
Recoñécense e garántense a todas as persoas as seguintes liberdades públicas:

a. A liberdade de pensamento, de conciencia e de relixión, sen que ningunha
persoa poida ser obrigada a declarar sobre a súa ideoloxía, relixión ou crenzas.

b. A liberdade de expresión, que abrangue a liberdade de opinión e a liberdade
de receber e comunicar información veraz sen censura nin inxerencias de
ningún tipo.

c. A liberdade de reunión pacífica e a de asociación, incluido o dereito de fundar
partidos políticos, sindicatos e organizacións empresariais e profisionais.

d. As liberdades de creación científica, artística e cultural, a liberdade de cátedra
e a liberdade de partillar coñecimentos.

====Artigo 20. Dereito a participar nos asuntos públicos.====
1. Toda persoa ten dereito a participar nos asuntos públicos para a defensa do
interese xeral e ao acceso aos cargos e funcións públicas. Os poderes públicos
garantirán o exercicio efectivo deste dereito.

2. Recoñécese a todos os cidadáns e cidadás maiores de idade o dereito de
sufraxio activo e pasivo en todos os procesos electorais xerais e consultas
populares.

3. A Lei electoral regulará as condicións para o exercicio deste dereito, e
asegurará que a vontade dos electores se expresa en condicións de liberdade,
personalidade e segredo.
====Artigo 21. Dereito a unha boa administración.====
1. Toda persoa ten dereito a que as institucións e poderes públicos traten os
seus asuntos imparcial e equitativamente, dentro dun prazo razoábel. Este
dereito abrangue en particular:

a. O dereito de toda persoa ou grupo de persoas a seren ouvidas antes de que
se tome na súa contra unha medida individual ou unha regulación normativa que
a afecte directa e desfavorabelmente.

b. O dereito de toda persoa a acceder ao expediente que a atinxa, dentro do
respeito dos intereses lexítimos da confidencialidade e do secredo profisional e
comercial.

c. A obriga que incumbe á Administración de respostar as solicitudes e peticións
a ela dirixidas e motivar as súas decisións.

2. Unha lei de Galiza regulará a audiencia dos cidadáns e das cidadás na
elaboración de planos e disposicións xerais, ben sexa directamente ben através
das súas asociacións ou organizacións representativas.

3. Os poderes públicos galegos farán imeditamente accesíbel ao público toda a
información da que dispoñan, sexa cal for o seu soporte, con excepción da que
afecte á intimidade ou á seguranza das persoas.
====Artigo 22. Dereito ao benestar====
1. Toda persoa ten dereito a gozar dos niveis básicos de benestar, que serán
garantidos por unha Lei do Parlamento de Galiza.

2. Toda persoa dependente por razón de idade ou discapacidade ten dereito á
protección e aos coidados necesarios para o seu benestar e a se beneficiar de
medidas que garantan a súa autonomía e a súa integración e participación na
vida da comunidade.

3. As persoas en situación de pobreza teñen dereito a accederen a unha renda
garantida que asegure os mínimos dunha vida digna.

4. Todos os cidadáns e cidadás de Galiza teñen dereito a unha xubilación digna
que comprende un sistema de proteción que inclúe as pensións, a asistencia
sanitaria integral e a asistencia social.

5. Recoñécese o carácter oficial da lingua de signos. Por lei do Parlamento de
Galiza regularase o alcanzo desta declaración.
====Artigo 23. Protección da saúde.====
1. Recoñécese o dereito de toda persoa á protección da súa saúde e a gozar
dunha atención sanitaria pública, universal, gratuita e de calidade.

2. No marco do dereito á saúde, os poderes públicos garantirán a sanidade e a
seguranza alimentares, así como o acceso a alimentos nutritivos e saudábeis.
====Artigo 24. Dereito á educación.====
Toda persoa ten dereito a unha educación pública e universal, inserida na
realidade de Galiza, gratuíta e de calidade, inspirada nos valores de igualdade,
solidariedade, tolerancia, pluralismo ideolóxico e laicidade.
====Artigo 25. Dereitos culturais====
Recoñécese o dereito ao acceso á cultura, a gozar do patrimonio cultural de
Galiza, tanto do material como do inmaterial así como á súa conservación e
rehabilitación.
====Artigo 26. Dereito ao traballo.====
1. Todos os cidadáns e cidadás galegas teñen dereito a un traballo digno en
Galiza, a se desenvolveren profesionalmente e a accederen de forma gratuita
aos servizos públicos de ocupación, ben como a accederen á formación
profesional inicial e continua.

2. Todas as persoas que traballen en Galiza teñen dereito a traballar en
condicións de seguranza e estabilidade no emprego, sen ningún tipo de
discriminación.

3.Recoñécese a todos os traballadores e traballadoras o dereito á folga e á
negociación colectiva, así como o acceso ás prestacións de desemprego e de
Seguranza Social así como aos servizos sociais que garanten a súa protección,
especialmente en situacións de necesidade.

4. Os traballadores e traballadoras, así como as súas representacións unitarias e
sindicais, teñen dereito á información, consulta e participación nas empresas.

5. As organizacións sindicais e empresariais teñen dereito ao cumprimento das
súas funcións na negociación colectiva e á representación institucional, no
contexto dun Marco Galego de Relacións Laborais.

====Artigo 27. Dereito á vivenda.====
Toda persoa ten dereito a desfrutar dunha vivenda digna e dun urbanismo
sustentábel e aquelado a cada tipo de asentamento poboacional.
====Artigo 28. Dereito ás comunicacións e á información====
1.Toda persoa ten dereito a acceder ás redes de comunicación e información en
condicións de cualidade, igualdade e privacidade.

2. Os poderes públicos galegos garantirán a liberdade da información accesíbel
nestas redes.
====Artigo 29. Dereito a un ambiente saudábel====
Toda persoa ten dereito á cualidade de vida, a gozar dun ambiente saudábel e á
protección do medio ambiente no contexto dun desenvolvemento sustentábel.
====Artigo 30. Dereito a dispór da propiedade de bens e dereitos.====
1. Toda persoa ten dereito a gozar da propiedade dos bens e dereitos que
adquirise legalmente, a usalos e a dispor deles. O uso dos bens e dereitos
poderase regular por Lei en atención á súa función social.

2. Únicamente por causa de utilidade pública ou interese social unha persoa
poderá ser privada da súa propiedade nas condicións previstas pola Lei e
mediante a súa xusta indemnización.
====Artigo 31. Dereito á iniciativa económica privada====
Recoñécese e garántese o dereito á iniciativa económica privada. Por lei do
Parlamento de Galiza poderán estabelecerse condicións e limitacións ao
exercicio deste dereito por razóns de interese público.
====Artigo 32. Da propriedade comunal====
Os poderes públicos galegos protegerán e promoverán a actualización das
formas de propriedade comunal existentes en Galiza así como a extensión deste
estatuto xurídico a outros bens e dereitos.
===CAPÍTULO II: DAS GARANTÍAS DOS DEREITOS E LIBERDADES FUNDAMENTAIS DA CIDADANÍA GALEGA===
====Artigo 33. Garantía dos dereitos e liberdades fundamentais====
1.Toda persoa cuxos dereitos e liberdades garantidos polo presente Estatuto
fosen violados ten dereito á tutela xudicial efectiva por medio dun procedemento
especial e preferente. Para alén do procedimento estabelecido na lexislación
procesual estatal, por lei do Parlamento de Galiza regularase un procedimento
preferente e sumario de tutela e protección dos dereitos e liberdades
recoñecidos neste Estatuto, perante unha sala especial do Tribunal Superior de
Xustiza de Galiza.

2.O Consello Consultivo de Galiza analisará a conformidade dos proxectos e
propostas de lei co presente Estatuto e, en particular, cos dereitos e liberdades
que nel se recoñecen.
==TÍTULO II: PRINCIPIOS REITORES DAS POLÍTICAS PÚBLICAS==
====Artigo 34. Política Social====