Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 4:
*[[Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Título preliminar]]
*[[Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005/Título I]]
 
==TÍTULO II: PRINCIPIOS REITORES DAS POLÍTICAS PÚBLICAS==
====Artigo 34. Política Social====
1. Os poderes públicos galegos están comprometidos coa democratización de
todos os aspectos da vida pública e co logro dun réxime avanzado de liberdades
e dereitos políticos, económicos e sociais posto ao servizo da igualdade, a
solidariedade, a equidade, a cohesión social e o progreso material e cultural.
 
2. Os poderes públicos adoptarán as medidas precisas para garantir a igualdade
entre as persoas e os grupos en que se integran, a participación de todos e
todas na vida política, social, económica e cultural de Galiza, a solidariedade
interxeracional e a extensión dos beneficios dos servizos públicos e da
protección social a todas as persoas que residan en Galiza, con independencia
da súa orixe e nacionalidade.
====Artigo 35. Política económica====
1. A política económica terá como obxectivos fundamentais o logro dun
desenvolvemento autocentrado e sustentábel, o pleno emprego, a igualdade de
oportunidades, o desenvolvimento da sociedade da información e a correción
das desigualdades territoriais e sociais.
 
2. Os poderes públicos galegos promoverán a innovación empresarial, o
desenvolvimento dos sectores produtivos básicos que valorizan os recursos
humanos, naturais e culturais de Galiza e o ciclo completo no país dos procesos
produtivos en que aqueles recursos foren empregados.
 
3. Os poderes públicos galegos asumen a obriga de garantir a todos os galegos
e a todas as galegas o dereito a viver e traballar na propria terra.
 
4. A iniciativa pública exercerase en igualdade de condicións coa iniciativa
económica privada, para asegurar o control público de actividades e sectores
estratéxicos, a prestación universal dos servizos públicos básicos e a realización
de accións innovadoras de interese xeral podendo empregar para tal fin os
recursos das institucións públicas de crédito.
 
5. Os traballadores e traballadoras autónomas, as empresas pequenas e meias
e a economía social serán obxecto de especial alento e proteción polos poderes
públicos de Galiza.
 
6. As caixas de aforros, en cooperación cos poderes públicos galegos,
destinarán de forma preferente os seus recursos ao financiamento da economía
produtiva, a innovación e a protección social en Galiza.
 
7. Integran en todo caso o dominio público galego as augas interiores e
exteriores, as costas, o mar territorial e o espazo radioeléctrico.
====Artigo 36. Política territorial====
Os poderes públicos desenvolverán unha política de ordenación territorial
sustentábel que garanta o equilibrio entre as diferentes zonas do país, o acceso
de todos os cidadáns aos servizos públicos básicos e a proteción do ambiente e
a paisaxe.
====Artigo 37. Política Ambiental====
1. A protección do meio ambiente natural, a prevención de calquer dano ou
menoscabo do mesmo así como a reparación integral dos causados é tarefa
principal dos poderes públicos de Galiza.
 
2.O principio de sustentabilidade informará as políticas públicas e, en particular,
a industrial, a enerxética, de transporte, florestal, agrícola, gandeira, pesqueira e
marisqueira.
====Artigo 38. Principio de Precaución====
O principio de precaución informará as políticas públicas en especial en materia
de investigación científica e técnica e de aplicación prática dos seus resultados.
====Artigo 39. Política cultural.====
1.O pobo galego, depositario dun amplo patrimonio cultural, está dotado de
identidade propia. É obriga dos poderes públicos galegos defender, conservar,
pór en valor e difundir este patrimonio e a produción cultural en todos os seus
ramos, así como promover a identidade de Galiza.
 
2. De conformidade co estabelecido no artigo 25, garántese o dereito das
persoas e dos grupos a participaren na vida cultural, así como a accederen á
cultura sen discriminacións. En especial, os poderes públicos removerán os
atrancos que impidan a igualdade e libertade cultural dos individuos e dos
grupos en que se integran e promoverán o acceso igualitario de toda a cidadanía
ás redes de comunicación e transmisión da información.
 
====Artigo 40. Principio de transversalidade de xénero.====
1. Os poderes públicos galegos integrarán en todas as súas políticas e accións,
a todos os niveis o obxectivo de eliminar as desigualdades existentes por razóns
de sexo e promover a igualdade de mulleres e homes.
 
2. Os poderes públicos galegos avaliarán o impacto de xénero das propostas
políticas e normativas co obxecto de promover as que contribúan á igualdade de
xénero e eliminar aqueloutras que perpetúen as desigualdades de mulleres e
homes.
 
==TÍTULO III: PODERES PÚBLICOS GALEGOS==