Proposta de Estatuto para Galicia do BNG no 2005: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 13:

==TÍTULO III: PODERES PÚBLICOS GALEGOS==
====Artigo 41. Poderes Públicos====
Os poderes de Galiza, que emanan do Pobo galego, exerceranse a través do
Parlamento, do Goberno de Galiza, e do Poder Xudicial.
===CAPÍTULO I: O PARLAMENTO GALEGO===
====Artigo 42. Natureza.====
1. O Parlamento representa o Pobo Galego, constitúe a institución central do
debate político, exerce a potestade lexislativa, impulsa e controla a acción
política e de goberno, e desempeña as restantes competencias que lle sexan
atribuídas no presente Estatuto ou no seu Regulamento.

2. O Parlamento é inviolábel.
====Artigo 43. Composición e elección.====
1. O Parlamento estará integrado por Deputados e Deputadas elexidos para un
periodo de catro anos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto.

2. A Lei electoral garantirá unha equilibrada e axeitada representación territorial,
no marco dun sistema proporcional, así como a participación paritaria de homes
e mulleres.

3. Os Deputados e Deputadas, nos termos que estabeleza o Regulamento do
Parlamento, poderán formular rogos, preguntas, interpelacións e proposicións,
alén da facultade de exercitar a iniciativa lexislativa.

4. Os membros do Parlamento serán inviolábeis polos actos, votos e opinións
que emitan no exercicio do seu cargo, aínda despois de cesaren no seu
mandato. Durante o seu mandato non poderán ser detidos nin retidos polos
actos delictuosos cometidos no territorio de Galiza, agás no caso de flagrante
delito, correspondendo decidir, en todo o caso, sobre a súa inculpación, prisión,
procesamento e xuízo ao Tribunal Superior de Xustiza de Galiza. Fóra do ámbito
territorial de Galiza a responsabilidade penal será exixíbel nos mesmos termos
perante a Sala do Penal do Tribunal Supremo.
====Artigo 44. Organización e réxime de funcionamento.====
1. O Parlamento elixirá de entre os seus membros un Presidente ou unha
Presidenta, unha Mesa e unha Deputación Permanente.

2. O Parlamento aprobará por maioría cualificada o seu propio Regulamento que
determinará o seu réxime de sesións, a formación dos grupos parlamentares, a
elección, composición e funcionamento da Mesa e da Deputación Permanente,
así como aqueloutras cuestións que afecten aos procedementos lexislativos e de
control político e da acción de Goberno.

3. O Parlamento aprobará o seu orzamento e estabelecerá o estatuto do persoal
ao seu servizo.

4. O Parlamento funcionará en Pleno e en Comisións, que poderán ter carácter
permanente ou temporal. Nas Comisións estarán representados todos os grupos
parlamentares en proporción ao número de membros no Pleno. As Comisións
permanentes poderán ter competencia lexislativa plena, sen prexuízo da
capacidade do Pleno para avocar o seu debate e aprobación en calquera
momento do proceso lexislativo. O Parlamento poderá constituir comisións de
investigación para asuntos de interese xeral.

5. O Parlamento celebrará sesións ordinarias ou extraordinarias. As sesións
extraordinarias convocaranse polo seu Presidente a petición dunha quinta parte
dos seus membros, da Deputación Permanente ou do Goberno de Galiza.

6. Os acordos serán adoptados como regra xeral por maioría dos membros
presentes, sen prexuízo das maiorías especiais que estabeleza o presente
Estatuto ou as Leis. Para que os acordos sexan válidos o Parlamento deberá
contar coa asistencia da maioría dos seus membros.
====Artigo 45. Funcións.====
Ao Parlamento Galego correspóndenlle as seguintes funcións:

a. Excercer a potestade lexislativa.

b. Aprobar os orzamentos anuais, así como a planificación estratéxica plurianual.

c. Elexir, entre os seus membros, ao Presidente ou Presidenta de Galiza.

d. Impulsar e controlar a acción do Goberno Galego exixindo, de ser o caso, a responsabilidade política do Goberno e do seu Presidente.

e. Controlar a adaptación da lexislación delegada e a ratificación ou validación, no seu caso, dos Decretos lexislativos e dos Decretos leis que, en situacións de necesidade extraordinaria e urxente, promungar o Goberno.

f. Presentar Proposicións de Lei perante as Cortes Xerais ou solicitar do Goberno do Estado a adopción de Proxectos de Lei.

g. Designar aos Senadores que han de representar a Galiza no Senado, asegurando en todo o caso unha axeitada representación proporcional dos grupos parlamentares.

h. Propor os membros que han de integrar o Consello Xudicial Galego, así como no caso doutras altas institucións de Galiza, de conformidade con este Estatuto e as Leis que o desenvolvan.

i. Interpór recursos de inconstitucionalidade.

j. As demais que lle sexan asignadas por este Estatuto, polo seu Regulamento ou polas Leis.

====Artigo 46. Elaboración das Leis.====
1. As Leis de desenvolvemento estatutario básico regularán o desenvolvemento
dos dereitos e liberdades recoñecidos neste Estatuto, as institucións básicas de
Goberno, a ordenación territorial e administrativa básica de Galiza, o réxime
electoral e aquelas materias que sexan consideradas básicas no presente
Estatuto. A súa aprobación, derrogación ou reforma exixirá a maioría absoluta
do Pleno do Parlamento.

2. As Leis ordinarias aprobaranse por maioría simples dos asistentes, sempre
que estean presentes no momento da votación a maioría dos membros do
Parlamento.

3. O Parlamento poderá delegar no Goberno a potestade de ditar normas con
rango de lei, que receberán o nome de Decretos lexislativos.

4. A delegación lexislativa deberá outorgarse de forma expresa, para materia
concreta, con determinación expresa e precisa do seu alcanzo e con fixación de
prazo para o seu exercicio. Non poderá entenderse concedida de xeito implícito
nen por tempo indeterminado, sen que caiba tampouco a subdelegación en
autoridades distintas ou inferiores ao Goberno.

5. Cando o obxecto da delegación parlamentar for a elaboración dun texto
articulado, aprobarase unha lei de bases, que fixará os principios e criterios para
o seu exercicio, sen que en caso ningún poda autorizar o modificar a propria lei
de bases nin autorizar a emanación de normas retroactivas.

6. Se o obxecto da delegación for a redacción dun texto refundido, o Parlamento
aprobará unha lei ordinaria de delegación, que especificará o ámbito legislativo a
refundir, determinando se a delegación alcanza simplesmente a formular un
texto único, sen criazón ex novo de dereito ou se, pola contra, permite
regularizar, esclarecer e harmonizar os textos legais que han ser refundidos con
certo grao de innovación xurídica. No seu caso, a lei de delegación precisará se
a refundición pode integrar, xunto cos de rango legal, textos regulamentares.

7. O control do exercicio da lexislación delegada poderá efetuarse a meio da
ratificación parlamentar do Decreto lexislativo, sen prexuízo do control xudicial e
de calquer outro control adicional que o Parlamento poda incluir na lei de
delegación.

8. As Leis aprobadas polo Parlamento serán promulgadas polo Presidente de
Galiza e publicadas no Diario Oficial de Galiza.
====Artigo 47. Iniciativa lexislativa.====
1. A iniciativa lexislativa corresponde aos Deputados e Deputadas, ao
Parlamento e ao Goberno de Galiza.

2. Asimesmo, recoñécese a iniciativa popular para a presentación de
Proposicións de Lei perante o Parlamento de Galiza, naquelas materias do
ámbito competencial das institucións galegas. O seu exercicio será regulado
através dunha Lei de desenvolvemento estatutario básico.
====Artigo 48. Consulta popular de decisións políticas.====
1. O Parlamento, por iniciativa da maioría dos seus integrantes, poderá someter
a referéndum as decisións políticas de especial transcendencia que atinxan a
materias de ámbito competencial das institucións galegas.

2. Asimesmo, tamén poderán ser sometidas a referéndum decisións políticas de
especial transcendencia por iniciativa de, como mínimo, o 5% dos electores.
Neste caso, o Parlamento tramitará e debatirá a petición, podendo formular un
texto alternativo á iniciativa popular para ser sometido conxuntamente ao corpo
electoral.

3. Unha Lei de desenvolvemento estatutario básico regulará as distintas
modalidades de referéndum, conforme co previsto neste Estatuto, como
ferramenta para impulsar a participación política cidadán.

===CAPÍTULO II: O PRESIDENTE DE GALIZA===
====Artigo 49. A Presidencia do Goberno de Galiza.====
1. O Presidente ou a Presidenta do Goberno será elixido polo Parlamento
Galego de entre os seus membros e será nomeado polo Xefe de Estado.

2. O Presidente ou a Presidenta do Parlamento, ouvida a Mesa, determinará a
data en que será convocado o Pleno para a elección do Presidente do Goberno.

3. Os Grupos Políticos con representación parlamentar apresentarán perante a
Mesa del Parlamento as propostas de candidatos e candidatas. Os candidatos e
as candidatas presentarán o seu programa ao Parlamento. Resultará elixido
Presidente ou Presidenta o candidato ou candidata que obtiver maioría absoluta
da Cámara en primeira votación ou o candidato ou candidata máis votado nas
votacións sucesivas. En todo caso, transcorridos tres meses desde as eleccións
sen se ter producido a investidura do Presidente ou da Presidenta do Goberno,
disolverase o Parlamento e convocaranse novas eleccións.

4. O Presidente ou Presidenta do Goberno será politicamente responsábel
perante o Parlamento. A Lei de desenvolvemento estatutario básico reguladora
do Goberno de Galiza determinará o alcanzo de tal responsabilidade, así como
as incompatibilidades e atribucións do Presidente.
====Artigo 50. Competencias do Presidente ou Presidenta do Goberno de Galiza.====
Correspóndelle ao Presidente ou Presidenta do Goberno de Galiza:

a. Dirixir e coordinar a acción do Goberno, así como ostentar a representación
de Galiza e a ordinaria do Estado en Galiza.

b. Promulgar as Leis, Decretos Lexislativos, Decretos Leis e Decretos do
Goberno de Galiza.

c. Disolver o Parlamento de Galiza mediante Decreto, que fixará a data de
convocatoria das eleccións, previa consulta e deliberación do Consello do
Goberno. En ningún caso caberá disolver a cámara se non transcorreu un ano
desde a súa constitución.

d. Suscribir acordos e convenios de colaboración con outras Comunidades
Autónomas.

e. Nomear e cesar os Conselleiros e Conselleiras.

===CAPÍTULO III: DO GOBERNO===
====Artigo 51. O Goberno de Galiza.====
1. O Goberno de Galiza é o órgano colexiado de goberno que dirixe a política
interior e exterior de Galiza, así como a Administración Pública Galega.

2. O Goberno de Galiza está composta polo Presidente, Vicepresidente ou
Vicepresidentes, se for o caso, e máis os Conselleiros.

3. Os Vicepresidentes e Conselleiros serán nomeados e cesados polo
Presidente mediante Decreto.

4. Unha Lei de desenvolvimento estatutario básico regulará a organización do
Goberno e as atribucións e o estatuto persoal dos seus compoñentes. Os seus
membros non poderán exercer outras funcións representativas que as propias
do mandato parlamentar, nin función pública distinta da que derive do seu cargo,
nin actividade profisional ou mercantil de ningunha caste.

5. O Goberno de Galiza responde politicamente perante o Parlamento de forma
solidaria, sen prexuízo da responsabilidade directa de cada un dos seus
compoñentes, pola súa xestión.

6. Os membros do Goberno, durante o seu mandato e polos actos delictuosos
cometidos no territorio de Galiza, non poderán ser detidos nin retidos a non ser
en situación de flagrante delicto, correspondendo decidir, en todo caso, sobre a
súa inculpación, prisión, procesamento e xuízo ao Tribunal Superior de Xustiza
de Galiza.

7. O Goberno cesa tras a celebración de eleccións ao Parlamento de Galiza, nos
casos de perda de confianza parlamentar, demisión ou falecemento do seu
Presidente. A Xunta cesante continuará en funcións até a toma de posesión da
novo Goberno.
====Artigo 52. As competencias do Goberno de Galiza.====
1. O Goberno exerce a función executiva e a potestade regulamentaria de
acordo con este Estatuto, a Constitución e as Leis.

2. Correspóndelle á Xunta ditar Decretos Lexislativos nos casos de delegación
expresa do Parlamento, axustándose ao contido da Lei de Bases que aprobe o
Parlamento. En caso ningún poderá delegarse a lexislación sobre materias
reservadas a Leis de desenvolvimento estatutario básico.

3. En caso de extrema e urxente necesidade, o Goberno poderá ditar normas
con rango de Lei que recibirán o nome de Decretos-Lei. Estas normas non
poderán regular as institucións básicas da Comunidade Autónoma, os dereitos e
libertades dos cidadáns nin o rexime eleitoral, nin afectaren a materias
reservadas ás leis de desenvolvimento estatutario básico. No prazo de 30 días
deberán someterse a debate e votación no Parlamento de Galiza, que se
pronunciará sobre a súa validación ou derrogación total ou parcial.

4. O Goberno de Galiza poderá interpór recursos de inconstitucionalidade e
presentarse ante o Tribunal Constitucional nos supostos e termos previstos na
Constitución e na Lei Orgánica do Tribunal Constitucional.
===CAPÍTULO IV: ADMINISTRACIÓN PÚBLICA GALEGA===
====Artigo 53. A Administración pública galega.====
1. A Administración pública galega serve con obxectividade os intereses xerais
da Galiza e actúa dacordo cos principios de transparencia, eficacia, interdición
da arbitrariedade, desconcentración, coordenación e boa administración, con
sometimento pleno á Lei e ao Dereito.

2. A Lei regulará o réxime xurídico das administracións galegas, o procedemento
de actuación, o estatuto dos funcionarios públicos galegas, o acceso á función
pública dacordo cos principios de igualdade, mérito e capacidade, o sistema de
incompatibilidades e as garantías para a imparcialidade no exercicio das súas
funcións.
====Artigo 54. Organización territorial de Galiza.====
1. Galiza organízase territorialmente en concellos e comarcas que teñen
personalidade xurídica de seu e gozan de autonomía para o exercicio das súas
funcións.

2. Os concellos son as entidades locais básicas de Galiza e as canles de
participación cidadá nos asuntos públicos. Os órganos de goberno dos concellos
integraranse por membros elixidos por sufraxio libre, segredo, igual, directo e
universal.

3. As comarcas teñen como finalidade primordial a cooperación e a coordinación
dos concellos e a prestación integral dos servizos locais necesarios para o
benestar de tódos os cidadáns galegos. Os órganos de goberno das comarcas
integraranse por representantes de tódolos concellos integrantes do mesmo.

4. Poderán crearse outras agrupacións de concellos e de comarcas coa
finalidade, entre outras, de garantir unha satisfactoria prestación de servizos, de
facilitar un axeitado exercicio das competencias e de recoñecer as
singularidades territoriais de Galiza, nomeadamente a urbana e a metropolitana.

5. A lei regulará o estatuto xurídico e as competencias das parroquias rurais
como unidade de organización e de participación no ámbito municipal.
====Artigo 55. Competencia do Goberno de Galiza sobre as súas institucións territoriais de autogoberno====
1. No exercicio da súa competencia exclusiva sobre réxime local, e dentro do
respecto ao principio de autonomía local, correspóndelle a Galiza:

a. A delimitación do número, territorio e poboación das entidades locais galegas.
Tanto na determinación do seu número como na súa delimitación garantirase
unha racionalización eficaz do mapa territorial e o respecto ás tradicionais
formas de convivencia e asentamento de Galiza. Con este fin o Goberno
favorecerá, nos termos que estableza a lei, os procesos de agregación
municipal.

b. A regulación do réxime electoral local.

c. A regulación básica do réxime de organización e funcionamento dos entes
locais.

d. A determinación das competencias locais, de acordo co establecido neste
Estatuto.

e. A regulación básica de todo o persoal ao servizo dos entes locais e dos seus
bens patrimoniais.

f. A regulación básica do seu réxime financeiro e fiscal, no que se garantirán os
principios de autonomía e suficiencia financeira.

g. A efectiva coordinación das competencias dos entes locais e o control de
legalidade sobre o funcionamento e actuación.

2. No exercicio das súas competencias o Goberno garantirá a participación
entidades locais nas materias que lles atinxan e respectará a diversidade
territorial e poboacional de Galiza.

3. A regulación do réxime local galego farase por Lei de desenvolvemento
estatutario básico.
====Artigo 56. Relacións do Goberno de Galiza cos seus entes locais.====
1. As relacións entre o Goberno de Galiza e os entes locais galegos basearanse
nos principios de respecto á autonomía local, subsidiariedade,
complementariedade, lealdade institucional, cooperación e eficacia.
2. O Goberno de Galiza poderá delegar o exercicio das súas funcións
administrativas nos entes locais recoñecidos neste Estatuto.
Artigo 57. Competencias dos entes locais.
1. De acordo coa súa capacidade, corresponde aos concellos o desempeño de
todas as competencias relativas á comunidade local, en tanto as leis non
dispuxeren outra cousa.
2. A lei garantirá o dereito dos concellos e dos demais entes locais a participaren
en cantos asuntos afecten directamente á comunidade local que os sustenta,
atribuíndolles as potestades e competencias precisas.
3. Para alén das competencias específicas que a lei determine, corresponderá
en todo caso ás comarcas e entidades metropolitanas o exercicio daquelas
competencias que os municipios sexan incapaces de exercer satisfactoriamente
por si proprios ou, no seu caso, en asociación con outros.
CAPÍTULO V
PODER XUDICIAL
Artigo 58. O exercicio do Poder Xudicial en Galiza.
1. O Poder Xudicial será exercido en Galiza polos Xuíces e Maxistrados
integrantes dos Xulgados e Tribunais radicados en territorio galego.
27
2. Aqueles asuntos cuxa competencia pertenza en primeira instancia a un
órgano xurisdiccional galego esgotarán as sucesivas instancias procesuais en
Tribunais radicados en Galiza, cuxa competencia se extende a todas as ordes,
instancias e graos, sen prexuízo das competencias do Tribunal Supremo en
materia de unificación de doutrina, así como da competencia do Tribunal
Constitucional, do Tribunal de Xustiza da Unión Europea e do Tribunal Europeo
de Dereitos Humanos nos ámbitos que lles corresponden.
3. O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza culminará a organización xudicial en
Galiza. Será competente para a resolución dos recursos de casación e revisión
e, en xeral, da última instancia procesual en todas as ordes, cando corresponda.
Así mesmo, resolverá os conflitos de competencia e xurisdición entre aqueles
órganos xurisdicionais galegos que non posúan outro superior xerárquico
común.
4. Con respecto aos preitos iniciados na Galiza, o Tribunal Supremo, como
órgano superior do Poder Xudicial do Estado, terá a competencia para a
unificación da doutrina nos casos que a lei determine, así como para a
resolución dos conflictos de competencia e xurisdicción entre os órganos
xurisdiccionais galegos con aqueles outros radicados fóra do territorio do País.
Artigo 59. O Consello Xudicial de Galiza
1. O goberno do Poder Xudicial no territorio galego corresponderá ao Consello
Xudicial de Galiza, que exercerá as súas funcións en colaboración co Consello
Xeral do Poder Xudicial.
2. As funcións do Consello Xudicial de Galiza, así como a súa composición e
réxime de funcionamento estabeleceranse por unha Lei de desenvolvemento
estatutario básico. En todo caso, corresponderanlle o exercicio en Galiza das
competencias que a lexislación estatal outorga ao Consello Xeral do Poder
Xudicial e, nomeadamente, as faculdades de inspección de Xulgados e
Tribunais, a consulta e informe sobre a actividade lexislativa e administrativa que
afecte ao Poder Xudicial en Galiza, a aplicación dos criterios esenciais fixados
na lexislación galega e na Lei Orgánica do Poder Xudicial a respecto da
selección, provisión, carreira, formación, réxime disciplinar e retribucións de
Xuíces e Maxistrados.
3. Integrarán o Consello Xudicial de Galiza Xuíces, Maxistrados e outros xuristas
de recoñecido prestixio que teñan desenvolvido a súa carreira de xeito
significativo na Galiza, no número que a Lei de desenvolvemento estatutario
básico determine. Parte dos seus integrantes serán propostos polo Parlamento
Galego a través dunha maioría cualificada de tres quintos, sendo os restantes,
cuxo número será inferior cando menos nun membro aos propostos polo
Parlamento Galego, designados polo Consello Xeral do Poder Xudicial.
28
4. O Consello Xudicial Galego elexirá, de entre os membros propostos polo
Parlamento, ao seu Presidente, que o será tamén do Tribunal Superior de
Xustiza de Galiza.
Artigo 60. O Ministerio Fiscal en Galiza.
1. A organización e funcionamento do Ministerio Fiscal en Galiza será regulada
por unha Lei de desenvolvemento estatutario básico do Parlamento Galego, de
acordo cos principios sinalados na Lei Orgánica do Poder Xudicial e no Estatuto
Orgánico do Ministerio Fiscal.
2. O Fiscal Xefe de Galiza será nomeado a proposta do Parlamento de Galiza
por maioría de dous terzos.
Artigo 61. Dereitos dos cidadáns perante os Xulgados e Tribunais.
1. Os poderes públicos galegos e o persoal xurisdicional e ao servizo da
Administración de Xustiza en Galiza garanten o dereito de todos os cidadáns a
accederen á xustiza en condicións de igualdade de condicións e a obteren un
xuízo xusto.
2. A xustiza será gratuita para as entidades e persoas que acrediten insuficiencia
de recursos para litigar ou para obter asesoramento legal.
Artigo 62. A Administración de Xustiza.
1. Os poderes públicos galegos exercerán todas as faculdades que as Leis
Orgánicas do Poder Xudicial e do Consello Xeral do Poder Xudicial atribúen á
Administración estatal.
2. Os poderes públicos galegos fixarán a delimitación das demarcación xudiciais
e determinarán a súa planta tendo en conta, entre outros criterios, os límites dos
actuais partidos xudiciais e as características xeográficas e de poboación.
3. Por Lei de desenvolvemento estatutario básico do Parlamento de Galiza
crearanse os Corpos funcionariais ao Servizo da Administración de Xustiza,
regulando os aspectos relativos ao acceso, provisión de prazas, e estatuto
xurídico.
4. A Policía galega desenvolverá funcións de policía xudicial.
Artigo 63. As Notarías e Rexistros.
Os Notarios e Rexistradores da propriedade e Mercantís serán nomeados polos
poderes públicos galegos, de conformidade coas leis que ao respecto aprobe o
Parlamento Galego dentro dos principios xerais fixados pola lexislación do
Estado. Nos concursos e oposicións para a obtención destas prazas será
29
requisito a especialización en dereito galego e o coñecemento da lingua galega.
Esta lei determinará o procedimento para que a Administración de Galiza fixe as
demarcacións correspondentes aos Rexistros da Propiedade e Mercantís e ás
Notarías, para acomodalas ás características xeográficas e poboacionais
propias do País.
Artigo 64. Política penitencial.
O Parlamento de Galiza promungará unha Lei de desenvolvemento estatutario
básico reguladora do Sistema Penitencial Galego, que se inspirará nos principios
de tratamento progresivo e reinserción.
CAPÍTULO VI
ALTAS INSTITUCIÓNS DE GALIZA
Artigo 65. O Valedor do Pobo
1. O Valedor do Pobo é o Alto Comisionado do Parlamento de Galiza para a
defensa dos dereitos e liberdades recoñecidos neste Estatuto, na Constitución e
na Declaración Universal de Dereitos Humanos e demais instrumentos
internacionais de aplicación en Galiza.
2. Será elixido polo Parlamento de Galiza para un período de seis anos entre
persoas de recoñecido prestixio profisional e social.
3. Unha lei de desenvolvemento estatutario básico estabelecerá o réxime do
Valedor do Pobo, prevendo as figuras de dous Vicevaledores, e integrando
asemade na súa organización e funcionamento aos Valedores sectoriais
previstos neste Estatuto.
Artigo 66. O Tribunal de Contas
1. O Tribunal de Contas de Galiza encárgase da fiscalización das contas e da
xestión económico-financeira e contábel e máis tamén do axuizamento en
materias desta natureza. Exercerá as súas funcións xurisdicionais e doutra caste
en relación coa execución dos programas de ingresos e gastos do sector público
da Comunidade Autónoma.
2. Unha lei de desenvolvemento estatutario básico estabelecerá o réxime do
Tribunal de Contas. Os seus maxistrados serán nomeados polo Parlamento de
Galiza por un periodo de seis anos entre especialistas de recoñecido prestixio
cun mínimo de dez anos de exercicio profisional.
Artigo 67. O Consello Consultivo de Galiza
30
1. O Consello Consultivo de Galiza é a instancia superior consultiva da
Comunidade Autónoma, que ditaminará sobre a adecuación estatutaria dos
proxectos e proposicións de lei e velará pola observancia do resto do
ordenamento xurídico en cantos asuntos se lle atribúan por lei de Galiza.
2. Unha lei de desenvolvemento estatutario básico estabelecerá o réxime de
organización e funcionamento do Consello Consultivo de Galiza, así como o
estatuto dos seus membros.
Artigo 68. O Consello Económico, Ecolóxico e Social
O Consello Económico, Ecolóxico e Social de Galiza é o ente que garante a
participación dos axentes económicos, sociais e ambientais na elaboración das
políticas públicas e asesora o Goberno en materia económica, social e
ambiental. O estatuto dos seus membros así como o seu rexime de organización
e funcionamento estabelecerase por lei.
Artigo 69. O Instituto de Galiza
1. O Instituto de Galiza é a institución suprema de defensa, promoción e
representación da cultura e da lingua galega. Nel se integran o Consello da
Cultura Galega, a Real Academia Galega, o Fondo Cultural Galego e outras
entidades que a lei determine.
2. Por lei do Parlamento de Galiza regularase a organización e funcións do
Instituto de Galiza e das entidades integradas nel.
TÍTULO IV
DAS RELACIÓNS INSTITUCIONAIS DE GALIZA
CAPÍTULO I
RELACIÓNS DE GALIZA CO ESTADO
Artigo 70. Principios reitores.
As relacións de Galiza co Estado fúndanse nos principios de igualdade, lealdade
mutua, cooperación, colaboración, solidariedade e información recíprocas.
Artigo 71. Representantes de Galiza nas institucións estatais comúns.
Os poderes públicos galegos designarán os seus representantes nas institucións
estatais comúns e, en concreto, no Tribunal Constitucional, Consello Xeral do
Poder Xudicial, o Banco de España, Radio Televisión Española e os entes
reguladores dos mercados de valores, enerxéticos e das telecomunicacións, así
como naquelas outras autoridades administrativas independentes, institucións
31
financeiras e empresas públicas cuxa actuación incida nas competencias ou
intereses de Galiza.
Artigo 72. Comisión Mixta Galiza - Estado
1. Sen prexuízo dos órganos multilaterais de colaboración, a Comisión Mixta
Galiza - Estado, formada por igual número de representantes do Goberno
galego e do estatal, será o órgano preferente para a cooperación mutua, a
resolución dos conflitos que podan surxir e máis a intervención de Galiza na
elaboración das políticas e decisións estatais que afecten ás competencias e
intereses das institucións galegas.
2. A Comisión Mixta Galiza-Estado intervirá, entre outros, nos seguintes asuntos:
a. Na planificación, elaboración e seguimento conxuntos das políticas
económicas e de regulación de mercados que afecten a Galiza.
b. Na participación dos representantes de Galiza nos organismos económicos,
institucións financeiras e empresas públicas que actúan en Galiza.
c. Na formulación dunha nova metodoloxía de planificación económica, que
garanta unha participación real e efectiva das institucións galegas nas decisións
relativas á dirección e planificación xeral da economía.
d. Na elaboración e seguimento conxunto da política exterior e de defensa,
naqueles aspectos que afecten ao territorio, ás competencias e aos intereses de
Galiza.
e. Nas materias en que o Estado e Galiza teñan competencias concorrentes, así
como nas que o Estado ostente potestades de coordenación.
CAPÍTULO II
RELACIÓNS DE GALIZA COA UNIÓN EUROPEA
Artigo 73. Participación de Galiza nos órganos da Unión Europea.
1. O Goberno Galego participará, con poder vinculante, na representación do
Estado, nas sesións do Consello Europeo nas que se aborden asuntos relativos
ás competencias exclusivas de Galiza ou que afecten aos sinais de identidade
de Galiza.
2. Asimismo, o Goberno Galego será previamente consultado, a fin de conformar
a vontade estatal, sobre aqueles asuntos nos que ostente competencias
partilladas ou cando se tratar planos ou programas que afecten ao
desenvolvemento socioeconómico de Galiza por parte dos órganos da Unión
Europea
Artigo 74. Lexitimación perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea
32
As institucións políticas galegas poderán presentar directamente recursos
perante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por causa de actos das
institucións comunitarias europeas e dos Estados membros da Unión Europea
que atenten contra os intereses de Galiza ou violen o ordenamento xurídico
europeo, así como defender os actos e normas das institucións galegas cando
sexan postos en causa nas institucións europeas.
Artigo 75. Relacións do Parlamento da Galiza co Parlamento Europeo
1. Galiza constitúese en circunscrición electoral nas eleccións para o Parlamento
Europeo.
2. O Parlamento de Galiza criará unha Oficina de Relacións co Parlamento
Europeo coa finalidade de facilitar o coñecemento recíproco das actividades,
acordos e documentos xerados por ambas Cámaras e posibilitar contactos
periódicos entre os seus membros.
Artigo 76. Incorporación de Galiza á Representación Permanente dos
Estados na Unión Europea.
O Goberno do Estado español, a proposta do Goberno de Galiza, incorporará á
súa representación permanente na Unión Europea un delegado de Galiza, que
recibirá instrucións correspondentes deste e perante o cal deberá render contas.
CAPÍTULO III
PROXECCIÓN EXTERIOR DE GALIZA
Artigo 77. Relacións exteriores
1. O Goberno de Galiza criará, baixo o nome de Delegación Xeral de Galiza,
unha Oficina de representación institucional da Galiza nos países onde
considere conveniente facelo, tanto en atención á significación política,
económica ou cultural que para Galiza poidan ter eses países, como en función
da presenza neles de comunidades galegas cuantitativa ou cualitativamente
significativas.
2. Nos casos nos que non sexa posíbel contar cunha representación institucional
propria no exterior, Galiza poderá designar representantes nas embaixadas e
consulados do Estado español para atender asuntos relacionados cos seus
trazos de identidade ou coas súas competencias exclusivas.
33
TÍTULO V
COMPETENCIAS
Artigo 78. Réxime xurídico xeral das competencias.
1. Correspóndelle a Galiza exercer no seu ámbito territorial a potestade
lexislativa e a execución en tódolos ámbitos competenciais non atribuidos
expresamente ao Estado.
2. As disposicións e resolucións ditadas en exercicio das competencias
autonómicas exclusivas recollidas no Estatuto teñen presunción de
constitucionalidade, prevalecen sobre caisquer outras normas estatais e non
poderán ser suspendidas.
3. A Administración galega actuará como Administración Única cunha
competencia xeral de execución da lexislación estatal en Galiza, coa
conseguinte supresión progresiva da Administración periférica do Estado.
4. As potestades de execución atribuidas á Xunta de Galiza comprenderán a
aprobación dos regulamentos de organización necesarios, a xestión e
administración, e as potestades inspectora e sancionadora.
5. As atribucións e competencias de Galiza previstas no Estatuto entenderanse
referidas ao seu ámbito territorial. As competencias proprias poderán ter efectos
extraterritoriais sempre e cando non afecten ás relacións internacionais ou a
materias de competencia estatal ou doutras comunidades autónomas en cuxo
caso han de arbitrarse os correspondentes convenios de cooperación e
colaboración.
6. Corresponderalle aos poderes públicos galegos a transposición ao
ordenamento xurídico proprio do Dereito Comunitario nas materias da súa
competencia e a execución das normas europeas, incluidas as obrigas de
información nelas previstas. As Institucións galegas participarán tamén no
proceso de elaboración do Dereito Comunitario a través dos mecanismos
previstos no Estatuto.
7. A actividade estatal de fomento estará condicionada á titularidade de
competencias normativas. O Goberno de Galiza xestionará todas as medidas
de fomento estabelecidas polo Estado. O Estado transferirá os fondos estatais
destinados á actividade de fomento en materias reservadas á competencia das
institucións de Galiza.
8. As normas do Estado deberán prever a participación directa das Institucións
galegas na elección de representantes nas institucións estatais comúns: Tribunal
Constitucional, Consello Xeral do Poder Xudicial, RTVE, Banco de España e as
comisións estatais do Mercado de Valores, do Mercado das Telecomunicacións
34
e da Enerxía. O Estado garantirá o dereito de Galiza a designar representantes
que participarán ao máximo nivel rector naquelasoutras autoridades
administrativas independentes, institucións financeiras e empresas públicas cuxa
actuación incida nas competencias ou intereses galegos.
9. A intervención do Estado a través de títulos competenciais concorrentes con
competencias exclusivas de Galiza ou de potestades de coordenación
realizarase através da Comisión Mixta estabelecida no art. 72 deste Estatuto.
Artigo 79. Competencias de autogoberno e institucionalización
1.Os poderes públicos galegos exercerán, con carácter exclusivo, as
competencias en materia de:
a. Institucións de autogoberno, símbolos e lingua
b. Organización e réxime xurídico das institucións públicas de Galiza e dos seus
entes instrumentais, incluida a organización do réxime local.
c. Estatuto dos funcionarios e traballadores ao servizo das Administracións
Públicas de Galiza.
d. Procedimento e réxime xurídico dos contratos e concesións públicas,
expropriación forzosa, responsabilidade patrimonial dos poderes públicos e
axudas e subsidios públicos.
e. Administración de Xustiza, Rexistros e Notariado nos termos estabelecidos
nos art. 58 a 64 deste Estatuto.
f. Policía e seguranza pública, tránsito e seguranza vial.
g. Réxime e institucións penitenciais.
h. Dereito Civil, incluido o Dereito de Familia e Sucesións e Contratos.
i. Réxime xurídico das asociacións e fundacións.
j. Regulación das Confrarías de Pescadores, Colexios Profisionais, Federacións
Deportivas, Cámaras de Comercio e demais Corporacións de Dereito Público.
k. Proteción civil.
2. Os poderes públicos galegos exercerán, en cooperación co Estado, as
competencias en materia de:
a. Presenza exterior e na Unión Europea. Xestión dos fondos europeos que
correspondan a Galiza e participación na xestión dos Fondos comunitarios que
correspondan ao Estado.
b. Cooperación internacional ao desenvolvemento.
Artigo 80. Competencias de emprego e política social
1. Os poderes públicos galegos fixarán un marco galego de relacións laborais,
con plenas competencias, que responda á realidade produtiva e social
específica de Galiza. En concreto, os poderes públicos galegos exercerán con
carácter exclusivo, as competencias en materia de:
35
a. Políticas de fomento do emprego, incluidas as de formación das persoas
demandantes de emprego e dos traballadores en activo.
b. Cualificacións profisionais.
c. Desenvolvimento normativo da negociación colectiva e o rexisto dos
convenios colectivos das empresas que realicen a súa actividade na Galiza.
d. Procedimentos de regulación de emprego.
e. Prevención de riscos laborais, seguranza e saúde no traballo.
f. Xestión das políticas pasivas de emprego, incluindo as prestacións por
desemprego e o recoñecimento e pagamento das mesmas. Tamén no relativo
ao recoñecimento e xestión das prestacións económicas da Seguranza Social,
así como a organización destes servizos.
g. Criación e regulación dos instrumentos de conciliación, meiación e arbitraxe
laboral.
h. Inspección de Traballo e Seguranza Social.
i. Políticas en prol da igualdade de xénero.
j. Políticas de protección e cohesión social e de atención ás persoas
dependentes. Benestar social, desenvolvimento comunitario e políticas de apoio
ás familias, á infancia e á mocidade.
2. Aos poderes públicos galegos correspóndelles a competencia nas seguintes
materias, dentro dos principios estabelecidos pola lexislación do Estado e en
cooperación co mesmo:
a. Lexislación laboral.
b. Xestión da Seguranza Social e adaptación dos seus reximes á realidade
galega, incluindo a súa ordeación, organización e administración do patrimonio e
dos servizos que forman parte do sistema de Seguranza Social no territorio
galego, así como a recadación de cotas e demais recursos do mesmo.
c. Políticas migratorias, incluida a participación na elaboración da política estatal
de imigración e a súa xestión na Galiza.
Artigo 81. Competencias en materia de ensino e investigación
1.Os poderes públicos galegos exercerán, con carácter exclusivo, as
competencias en materia de:
a. Ensino en toda a súa extensión e en todos os seus níveis, incluída a política
de bolsas e axudas ao estudo, a avaliazón do sistema educativo, a formación do
profesorado, o sistema de elección, composición e competencias dos órganos
colexiados e o estatuto dos ensinantes, o réxime de criazón e funcionamento de
unipersoais dos centros docentes, o estatuto do profesorado, a admisión de
alunos e alunas, o réxime de criazón e funcionamento de centros docentes, o
calendario escolar, libros e material didáctico e o estabelecimento dos
correspondentes currícula.
36
b. Ensino superior e regulación das condicións de exercicio do dereito
fundamental á autonomía universitaria polas Universidades públicas de Galiza.
c. Investigación científica e técnica, desenvolvemento e inovación. Xestión en
Galiza da política europea de I+D+i.
d. Propriedade industrial.
2. Os poderes públicos galegos exercerán, en cooperación co Estado, as
competencias en materia de:
a. Xestión dos organismos estatais de investigación situados en Galiza
b. Regulación das profisións tituladas e recoñecimento de títulos profisionais.
Artigo 82. Competencias económicas e financeiras
1.Os poderes públicos galegos exercerán, con carácter exclusivo, as
competencias en materia de:
a. Ordenación da actividade económica e regulación do sector público
económico galego
b. Política industrial e enerxética, incluído o réxime de produción e transporte de
enerxía e a determinación do reparto autonómico de cotas de emisión e xestión
do plano estatal de emisión de gases de efeito invernadoiro.
c. Defensa da Competencia.
d. Comercio maiorista e minorista, incluída a fixación de horarios comerciais,
modalidades de venda, o urbanismo comercial, as feiras e mercados e as
denominacións de orixe.
e. Protección dos consumidores e utentes.
f. Política turística, incluida a promoción exterior da oferta turística galega.
g. Agricultura e Gandaría, incluída a xestión dos fondos europeus que nesta
materia correspondan a Galiza, a transposición das normas europeas de
regulación dos mercados correspondentes.
h. Pesca, Marisqueo,Cultivos Mariños, pesca fluvial e lacustre e caza, incluída a
súa ordenación económica, a xestión dos recursos pesqueiros e a xestión dos
fondos europeus que nesta materia correspondan a Galiza e a transposición das
normas europeas de regulación dos mercados correspondentes.
i. Política de telecomunicacións, incluída a titularidade e xestión do espazo
radioeléctrico.
j. Réxime de prensa, radio, televisión e, en xeral, dos medios de comunicación
social.
k.Réxime dos recursos e servizos acesíbeis na sociedade da información.
l. Ordenación do crédito, banca e seguros; caixas de Aforros; mercados de
valores e centros de contratación de mercadurías; creación de institucións
públicas de crédito.
2. Os poderes públicos galegos exercerán, en cooperación co Estado, as
competencias en materia de:
37
a. Planificación xeral da economía, de conformidade co estabelecido no art. 72
deste Estatuto.
b. Pesca en augas internacionais e territoriais de terceiros Estados.
Artigo 83. Competencias ambientais, territoriais e de infraestuturas.
1.Os poderes públicos galegos exercerán, con carácter exclusivo, as
competencias en materia de:
a. Protección e xestión do Meio Ambiente, a declaración de impacto ambiental
para calquer tipo de plano ou proxecto e a protección da paisaxe.
b. Declaración e xestión dos espacios naturais protexidos. Xestión dos Parques
do Estado situados no territorio galego.
c. Política hidráulica: aproveitamentos hidráulicos, incluída a titularidade sobre o
dominio público marítimo-terrestre, a competencia exclusiva sobre o mar
territorial e a criazón da Confederación Hidrográfica do Miño. Canles e regadios,
augas minerais, termais e subterráneas.
d. Montes e Política Florestal.
e. Ordenación do Territorio, Urbanismo e Vivenda, incluída a determinación das
condicións de acceso e construcción das vivendas con algún tipo de protección
pública e a xestión dos fondos estatais dedicados a planos de vivenda.
f. Obras públicas.
g. Transportes terrestres, estradas e vías férreas que circulen por Galiza.
Centros de contratación e terminais de carga en materia de transportes.
h. Portos, incluidos os de interese xeral e de refuxio, portos deportivos e
aeroportos.
i. Seguranza e salvamento marítimos.
2. Os poderes públicos galegos exercerán, en cooperación co Estado, as
competencias en materia de:
a. Xestión dos fundos estatais destinados á vivenda
b. Planificación e xestión das obras públicas estatais en territorio galego
Artigo 84. Competencias culturais e deportivas
Os poderes públicos galegos exercerán, con carácter exclusivo, as
competencias en materia de:
a. Política cultural, Patrimonio Cultural, Museus, Arquivos, Cinematografía e
Audiovisual, xestión do ISBN/ISSN e propriedade intelectual.
b. Deporte e Federacións Deportivas. Participación en competicións deportivas
internacionais.
c. Xogos e Lotarías, incluído o dereito a recibir os rendimentos correspondentes
polas Apostas e Sorteos de ámbito estatal.
38
TÍTULO VI
DO FINANCIAMENTO PÚBLICO
CAPÍTULO I
A FACENDA PÚBLICA DE GALIZA
Artigo 85. Principios
1. No marco do establecido pola Constitución, as relacións de orde tributario e
financeiro entre o Estado e a Comunidade Autónoma de Galiza regúlanse polo
presente Estatuto.
2. O financiamento da Comunidade Autónoma de Galiza rexirase polos
principios de autonomía financeira, responsabilidade fiscal, suficiencia,
redistribución, cooperación e transparencia nas relacións fiscais e financeiras
entre as administracións públicas, así como polos principios de equidade,
progresividade e lealdade institucional entre as mencionadas administracións.
Artigo 86. Mecanismos e fondos de redistribución
1. O sistema de financiamento de Galiza basearase na autonomía financeira e
na plena responsabilidade fiscal, sen prexuízo do mantemento e potenciación
dos necesarios mecanismos e fondos de redistribución tanto no ámbito estatal
como no da Unión Europea.
2. O sistema de financiamento de Galiza integrará un mecanismo de
redistribución interterritorial vencellado á renda relativa que serva para reducir os
défices actuais en materia de emprego, infraestruturas, educación, sanidade e
servizos sociais.
Artigo 87. Os recursos da facenda galega
1. A Comunidade Autómona de Galiza disporá dunha facenda e patrimonio
propios e autónomos e dos recursos suficientes para facer fronte ao axeitado
exercicio do seu autogoberno.
2. A Comunidade Autónoma de Galiza disporá de plena autonomía de gasto
para poder aplicar libremente os recursos de acordo coas directrices políticas e
sociais determinadas polas súas institucións de autogoberno.
3. Os recursos da facenda pública galega veñen constituídos por:
39
a) Os rendementos dos seus impostos, taxas, contribucións especiais e demáis
tributos propios.
b) O rendemento de todos os tributos estatais devengados en Galiza, de acordo
co disposto polo presente Estatuto.
c) Os recargos sobre os tributos estatais.
d) Os ingresos procedentes do Fondo de compensación interterritorial e doutras
asignacións establecidas pola Constitución, se procede.
e) As participacións incondicionadas e asignacións de nivelación con cargo aos
orzamentos xerais do Estado.
f) Os ingresos pola percepción dos seus prezos públicos.
g) Os rendementos do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galiza.
h) Os ingresos de dereito privado.
i) O produto da emisión de débeda e as operacións de crédito.
j) Os ingresos procedentes de multas e sancións no ámbito das súas
competencias.
k) Os recursos procedentes da Unión Europea e de programas comunitarios.
l) Calquera outro recurso que poida establecerse en virtude do disposto polo
presente Estatuto e a Constitución.
Artigo 88. Competencias financeiras
1. A Comunidade Autónoma de Galiza ten capacidade normativa e
responsabilidade fiscal sobre todos e cada un dos impostos estatais devengados
en Galiza, así como daquelas que pudieran resultar da participación de Galiza
en organizacións de ámbito supraestatal. Todos os feitos imponíbeis que teñan a
súa orixe en territorio galego tributarán en Galiza, sexa cal for o domicilio fiscal
do contribuínte.
2. O exercicio da capacidade normativa, no marco das competencias do Estado
e da Unión Europea, inclúe en todo caso a participación na fixación do tipo
impositivo, as reducións e bonificacións sobre a base impoñibel e as deducións
sobre a cota tributaria.
3. Corresponde á Comunidade Autómona de Galiza a xestión, liquidación,
recadación e inspección de todos os tributos estatais devengados en Galiza, no
marco do mantemento dun sistema estatal harmonizado e necesariamente
progresivo.
4. A Comunidade Autónoma de Galiza ten competencia para establecer,
mediante unha lei do Parlamento, os seus tributos propios, sobre os cales ten
plena capacidade normativa.
5. O exercicio da capacidade normativa que a Comunidade Autómona de Galiza
ten no ámbito tributario basearase nos principios de equidade, progresividade e
eficiencia. Na súa actuación tributaria, a Comunidade Autónoma de Galiza
40
promoverá a cohesión e o benestar social, o progreso económico e a
sustentabilidade ambiental.
Artigo 89. A Administración tributaria de Galiza
1. A xestión, liquidación, recadación e inspección de todos os tributos
devengados en Galiza corresponden á Administración tributaria de Galiza, agás
os de natureza local.
2. A Administración tributaria de Galiza crearase por lei do Parlamento e disporá
de plena capacidade e atribucións para a organización e o exercicio das
funcións ás que se refire o apartado 1.
3. A Administración tributaria de Galiza pode exercer por delegación dos
municipios as funcións de xestión tibutaria con relación aos tributos locais.
Artigo 90. Órganos económico-administrativos
A Comunidade Autónoma de Galiza asumirá, por medio dos seus propios
órganos económico-administrativos, a revisión en vía administrativa das
reclamacións que os contribuíntes poidan interpoñer contra os actos de xestión
tributaria ditados pola Administración Tributaria de Galiza.
Artigo 91. O tratamento fiscal
A Comunidade Autónoma de Galiza gozará do tratamento fiscal que as leis
establecen para o Estado nos impostos estatais.
Artigo 92. Lealdade institucional
O Estado, de acordo co principio de lealdade institucional, deberá garantir a
suficiencia de recursos da facenda pública galega nos supostos en que as
disposicións xerais aprobadas polo Estado impliquen un incremento das
necesidades de gasto ou unha diminución da capacidade fiscal da Comunidade
Autónoma de Galiza.

===CAPÍTULO II: OS ORZAMENTOS DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALIZA===
====Artigo 93. Competencias da Comunidade Autónoma de Galiza====

1. A Comunidade Autónoma de Galiza ten competencia para ordear e
regulamentar a súa facenda.

2. Sen prexuízo da cooperación que se estableza co Estado en materia de
planificación xeral da economía, corresponderalle en exclusiva ao Parlamento de
Galiza a aprobación inicial, control de execución e liquidación final dos
orzamentos anuais, así como a aprobación de escenarios plurianuais e a
determinación de obxectivos de capacidade ou necesidade de financiamento, se
así o require unha lei da Comunidade autónoma.
====Artigo 94. Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galiza====

Os orzamentos da Comunidade Autónoma de Galiza teñen carácter anual, son
únicos e inclúen todos os gastos e todos os ingresos do sector público galego,
incluidos os dos organismos, institucións e empresas que dependan da mesma.
Corresponde ao Goberno galego elaborar e executar os orzamentos, e ao
Parlamento de Galiza, examinalos, enmendalos, aprobalos e controlalos. A Lei
de orzamentos non pode establecer tributos, pero pode modificalos se unha lei
tributaria substantiva así o prevé.
====Artigo 95. Recurso ao endebedamento====

1. A Comunidade Autónoma galega pode recurrir ao endebedamento e emitir
débeda pública para financiar gastos de investimento dentro dos límites que a
propia Comunidade Autónoma determinar.

2. Os títulos emitidos terán a todos os efectos a consideración de fondos
públicos e gozarán dos mesmos beneficios e condicións que os que emita o
Estado.
====Artigo 96. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galiza====

1. O patrimonio da Comunidade Autónoma de Galiza estará integrado polos
bens e dereitos dos que sexa titular e polos que adquira por calquer título
xurídico.

2. Unha lei do Parlamento regulamentará a administración, defensa e
conservación do patrimonio da Comunidade autónoma galega.
====Artigo 97. Empresas públicas====

1. A Comunidade Autónoma galega poderá constituír empresas públicas para
cumprir as funcións que sexan da súa competencia, de acordo co establecido
polas leises do Parlamento de Galiza.

2. A Facenda pública de Galiza incentivará os investimentos orientados ao
desenvolvimento de proxectos de alta tecnoloxía e do subsector de servizos
avanzados, incidindo dun xeito especial naquelas accións que traballen a prol da
modernización, competitividade e reorientación dos sectores tradicionais da
economía galega.

===CAPÍTULO III: AS FACENDAS DOS GOBERNOS LOCAIS GALEGOS===
Artigo 98. Principios reitores
As facendas locais réxense polos principios de suficiencia de recursos,
equidade, autonomía e responsabilidade fiscal. A Comunidade autónoma de
Galiza vela polo cumprimento destes principios.
Artigo 99. Autonomía e competencias financeiras
1. Os gobernos locais teñen autonomía orzamentaria e de gasto na aplicación
dos seus recursos, incluidas as participacións que perciban a cargo dos
orzamentos doutras administracións públicas, dos cales poden dispoñer
libremente no exercicio das súas competencias.
2. A Comunidade Autónoma de Galiza ten competencia en materia de
financiamento local, no marco establecido pola Constitución. Esta competencia
inclúe, en todo caso, a capacidade lexislativa para establecer e regulamentar os
tributos propios dos gobernos locais e os criterios de distribución das
participacións con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma.
3. Os gobernos locais teñen capacidade para regulamentar as súas propias
facendas no marco establecido pola leises. Esta capacidade inclúe a potestade
de fixar a cota ou o tipo dos tributos locais, así como as bonificacións e
exencións, dentro dos límites establecidos polas leises.
4. Corresponde aos gobernos locais, no marco establecido pola normativa
reguladora do sistema tributario local, a competencia para xestionar, recadar e
inspeccionar os seus tributos, sen prexuizo de que poidan delegala na
Comunidade Autónoma e de que poidan participar na Administración tributaria
de Galiza.
43
5. Corresponde á Comunidade Autónoma de Galiza o exercicio exclusivo da
tutela financeira sobre os gobernos locais, respectando a súa autonomía.
Artigo 100. Fondo de financiamento local
1. A Comunidade Autónoma de Galiza establecerá un fondo de financiamento
local destinado aos gobernos locais. O fondo, de carácter incondicionado,
dotaráse a partir de todos os ingresos tributarios da Comunidade autónoma e
incorporará a transferencia da participación nos tributos estatais, regulándose
por medio dunha lei do Parlamento. Adicionalmente, a Comunidade autónoma
poderá establecer programas de colaboración financeira específica para
materias concretas.
2. Os ingresos dos gobernos locais consistentes en participacións en tributos e
subvencións incondicionadas estatais percibiránse a través da Comunidade
autónoma, integrándose plenamente nos seus orzamentos por medio do fondo
de financiamento local, que os distribuirá de acordo co disposto pola Lei de
facendas locais de Galiza e cos principios, obxectivos ou estándares mínimos
que fixe o Estado nas normas con rango legal e de carácter básico, que, en todo
caso, deberán de respectar os márxenes axeitados para que o Parlamento de
Galiza poida incidir efectivamente na distribucións destes recursos.
3. Na determinación do montante total das participacións en tributos da
Comunidade Autónoma e do Estado, incorporaranse, ademáis da poboación, do
esforzo fiscal e da capacidade tributaria, criterios que recollan o maior custo dos
servizos derivado da dispersión demográfica e do avellentamento poboacional.
Artigo 101. Garantías de suficiencia financeira dos Gobernos Locais
1. As modificacións do marco normativo que diminúan os ingresos tributarios
locais deberán prever a compensación desta diminución.
2. Garantanse aos gobernos locais os recursos suficintes para facer fronte á
prestación dos servizos cuxa titularidade ou xestión se lles traspase. Toda nova
atribución de competencias acompañarase da asignación dos recursos
suplementarios necesarios para financialas correctamente, de xeito que se teña
en conta o financiamento do custo total e efectivo dos servizos traspasados. O
cumprimento deste principio será unha condición necesaria para que entre en
vigor a transferencia ou delegación da competencia. A tal efecto, poderán
establecerse diversas formas de financiamento, incluída a participación nos
recursos da facenda autonómica galega ou, se procede da do Estado.
3. Deberán de establecerse os mecanismos financeiros axeitados para
compensar aos gobernos locais polo financiamento de gastos que as leis non
44
lles atribúan de xeito específico e que respondan a necesidades sociais
consolidadas e non atendidas por outras administracións.
4. A distribución de recursos procedentes de subvencións incondicionadas ou de
participacións xenéricas en impostos levaráse a cabo tendo en conta a
capacidade fiscal e as necesidades de gasto dos gobernos locais, garantindo en
todo caso a súa suficiencia.
5. A distribución dos recursos entre os gobernos locais non pode comportar en
ningún caso unha minoración dos recursos obtidos por cada un destes, segundo
os criterios empregados no exercicio anterior á entrada en vigor dos preceptos
do presente Estatuto.
Artigo 102. Lei de facendas locais
1. O Parlamento aprobará a súa propia lei de facendas locais para desenvolver
os principios e disposicións establecidos polo presente capítulo.
2. As facultades en materia de facendas locais que o presente capítulo atribúe á
Comunidade Autónoma de Galiza, exercerase con respecto á autonomía local.
Artigo 103. O cadastro
Corresponde á Comunidade autónoma de Galiza, no seu ámbito territorial, a
competencia de ordeación e xestión do catastro, sen prexuizo da función
coordinadora do Estado nos termos establecidos pola Constitución. Para a súa
xestión, a Comunidade autónoma galega pode suscribir convenios cos gobernos
locais.

==TÍTULO VII: REFORMA ESTATUTARIA==