Autor:Afonso X o Sabio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m Índice de contidos
Sen resumo de edición
Liña 9:
}}
'''Afonso X o Sabio''' (Toledo, 1221 – Sevilla, 4 de abril de 1284) foi rei de Castela e León. Foi alcuñado "O Sabio" pola súa cultura e a potenciación cultural que mantivo.
Afonso X fomentou a actividade cultural através da Escola de Tradutores de Toledo, coordinou as Cantigas de Santa María en galego-portugués, que naquel entón era a lingua por excelencia para a lírica nos reinos de Galiza, León e Castela (estando o reino de Aragón na zona de influencia da literatura occitana). Tamén compuxo algunhas cantigas de amor, mais ningunha de amigo. Aribullese a escrita por convenio. Ten unha extensa obra, tanto xurídica como científica, histórica e literaria. Destacan ''El fuero real de Castilla'', onde se promulgan e analizan os foros casteláns, o ''Codigo de las siete partidas'', as ''Tablas alfonsíes'', a ''Crónica general'' e ''Grand estoria'', e as ''Cantigas de Santa María'' (poesía en galego-portugués que marcou o cumio do galego escrito medieval), así como o ''Lapidario'' e os ''Libro dos xogos''.
 
== Obra ==
Afonso X realizou tamén a primeira reforma (normativización) ortográfica do castelán, lingua que adoptou como oficial do reino en troques do latín, valorando o castelán na escrita , agás na poesia onde reservabase o galego-portugués.
 
A Escola de Tradutores atraeu un grupo de estudiosos cristiáns, xudeus e musulmáns que desenvolveron un importante labor científico, rescatando textos da antigüidade e despois verténdoos ás linguas occidentais, poñendo así os piares do renacemento científico na Europa medieval.
 
 
== Índice de contidos ==
* [[Cantigas de Santa María]]