Ao reverso d'a noite: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "{{encabezar |nome=Ao reverso d'a noite (De catro a catro) |autor=Manuel Antonio |dataano=1928 }} <div class=prose><poem> Loceiros degolados desangran-se de ouro n-o Mar..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 2 de xaneiro de 2010 ás 11:03


Ao reverso d'a noite (De catro a catro)       Manuel Antonio       1928
 


  Loceiros degolados
desangran-se de ouro n-o Mar

  De par de nós
               a Lua
fai ronseles infecundos

  Mentres sonea a mareta
vai folleando n-o libro d'as velas

  Irredentos velamios eshaustos
  resiñados a pendurar d'a cruz

  Estrelas inconscentes
mecanizan o ouseso tic-tac

  A auga toda d'os oucéanos
ensumeu-se n-unha bágoa

  E o pano branco d'o novo día
enxugará os ollos d'o ceo.