Lei de normalización lingüística: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{encabezar
{{Calidade do texto|50%}}
|nome=Lei de normalización lingüística
Lei 3/1983, do 15 de xuño
|autor=[[Parlamento de Galicia]]
|dataano=[[1983]]
|datames=xuño
|datadía=15

== Introducción ==
Liña 16 ⟶ 22:
Polas devanditas razóns, o Parlamento de Galicia aprobou e eu, de conformidade co artigo 13°, 2 do Estatuto de Galicia e co artigo 24 da Lei 1/1983, do 23 de febreiro, regulamentadora da Xunta e do seu Presidente, promulgo, en nome de El-Rei, a LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

== Título I. DOSDos DEREITOSdereitos LINGÜÍSTICOSlingüísticos ENen GALICIAGalicia ==

'''Artigo 1'''

O galego é a lingua propia de Galicia.
Liña 24 ⟶ 30:
Tódolos galegos teñen o dereito de coñecelo e de usalo.

'''Artigo 2'''

Os poderes públicos de Galicia garantirán o uso normal do galego e do castelán, linguas oficiais da Comunidade Autónoma.

'''Artigo 3'''

Os poderes públicos de Galicia adoptarán as medidas oportunas para que ninguén sexa discriminado por razón de lingua.
Liña 35 ⟶ 41:

== Título II. DODo USOuso OFICIALoficial DOdo GALEGOgalego ==

'''Artigo 4'''

1. O galego, como lingua propia de Galicia, é lingua oficial das institucións da Comunidade Autónoma, da súa Administración, da Administración Local e das Entidades Públicas dependentes da Comunidade Autónoma.

2. Tamén o é o castelán como lingua oficial do Estado.

'''Artigo 5'''

As leis de Galicia, os Decretos lexislativos, as disposicións normativas e as resolucións oficiais da Administración Pública galega publicaranse en galego e castelán no Diario Oficial de Galicia.

'''Artigo 6'''

1. Os cidadáns teñen dereito ó uso do galego, oralmente e por escrito, nas súas relacións coa Administración Pública no ámbito territorial da Comunidade Autónoma.
Liña 56 ⟶ 63:
4. A Xunta dictará as disposicións necesarias para a normalización progresiva do uso do galego. As Corporacións Locais deberán facelo de acordo coas normas recollidas nesta Lei.

'''Artigo 7'''

1. No ámbito territorial de Galicia, os cidadáns poderán utilizar calquera das dúas linguas oficiais nas relacións coa Administración de Xustiza.
Liña 64 ⟶ 71:
3. A Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos correspondentes, a progresiva normalización do uso do galego na Administración de Xustiza.

'''Artigo 8'''

Os documentos públicos outorgados en Galicia poderanse redactar en galego ou castelán. De non haber acordo entre as partes, empregaranse ámbalas dúas linguas.

'''Artigo 9'''

1. Nos Rexistros Públicos dependentes da Adminisitración autonómica, os asentamentos faranse na lingua oficial en que estea redactado o documento ou se faga a manifestación. Se o documento é bilingüe, inscribirase na lingua que indique quen o presenta no Rexistro. Nos Rexistros Públicos non dependentes da Comunidade Autónoma, a Xunta de Galicia promoverá, de acordo cos órganos competentes, o uso normal do galego.
Liña 76 ⟶ 83:
3. No caso de documentos inscritos en dobre versión lingüística pódense obter certificións en calquera das versións, a vontade do solicitante.

'''Artigo 10'''

1. Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega.
Liña 84 ⟶ 91:
3. Estas denominacións son as legais a tódolos efectos e a rotulación terá que concordar con elas. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización da rotulación pública respectando en tódolos casos as normas internacionais que subscriba o Estado.

'''Artigo 11'''

1. Co fin de facer efectivos os dereitos recoñecidos no presente Título, os poderes autonómicos promoverán a progresiva capacitación no uso do galego do persoal afecto á Administración Pública e ás empresas de carácter público en Galicia.
Liña 93 ⟶ 100:

== Título III. DODo USOuso DOdo GALEGOgalego NOno ENSINOensino ==

'''Artigo 12'''

1. O galego, como lingua propia de Galicia, é tamén lingua oficial no ensino en tódolos niveis educativos.
Liña 101 ⟶ 108:
2. A Xunta de Galicia regulamentará a normalización do uso das linguas oficiais no ensino, de acordo coas disposicións da presente Lei.

'''Artigo 13'''

1. Os nenos teñen dereito a recibi-lo primeiro ensino na súa lingua materna.
Liña 110 ⟶ 117:
3. Os alumnos non poderán ser separados en centros diferentes por razón da lingua. Tamén se evitará, a non ser que con carácter excepcional as necesidades pedagóxicas así o aconsellaren, a separación en aulas diferentes.

'''Artigo 14'''

1. A lingua galega é materia de estudio obrigatorio en tódolos niveis educativos non universitarios.
Liña 119 ⟶ 126:
3. As autoridades educativas da Comunidade Autónoma garantirán que ó remate dos ciclos en que o ensino do galego é obrigatorio, os alumnos coñezan este, nos seus niveis oral e escrito, en igualdade co castelán.

'''Artigo 15'''

1. Os profesores e os alumnos no nivel universitario teñen o dereito a empregar, oralmente e por escrito, a lingua oficial da súa preferencia.
Liña 127 ⟶ 134:
3. As autoridades educativas adoptarán as medidas oportunas co fin de que a lingua non constitúa obstáculo para facer efectivo o dereito que teñen os alumnos a recibir coñecementos.

'''Artigo 16'''

1. Nos cursos especiais de educación de adultos e nos cursos de ensino especializado nos que se ensine a disciplina de lingua, é preceptivo o ensino do galego.
Liña 135 ⟶ 142:
2. Nos centros de educación especial para alumnos con deficiencias físicas ou mentais para a aprendizaxe, empregarase como lingua instrumental aquela que, tendo en conta as circunstancias familiares e sociais de cada alumno, mellor contribúa ó seu desenvolvemento.

'''Artigo 17'''

1. Nas Escolas Universitarias e demais centros de Formación do Profesorado será obrigatorio o estudio da lingua galega. Os alumnos destes centros deberán adquiri-la capacitación necesaria para facer efectivos os dereitos que se amparan na presente Lei.
Liña 143 ⟶ 150:

== Título IV. O USOuso DOdo GALEGOgalego NOSnos MEDIOSmedios DEde COMUNICACIÓNcomunicación ==

'''Artigo 18'''

O galego será a lingua usual nas emisoras de radio e televisión e nos demais medios de comunicación social sometidos a xestión ou competencia das institucións da Comunidade Autónoma.

'''Artigo 19'''

O Goberno Galego prestará apoio económico e material ós medios de comunicación non incluídos no artigo anterior que empreguen o galego dun xeito habitual e progresivo.
Liña 158 ⟶ 165:

1. Fomenta-la producción, a dobraxe, a subtitulación e a exhibición de películas e outros medios audiovisuais en lingua galega.

2. Estimula-las manifestacións culturais, representacións teatrais e os espectáculos feitos en lingua galega.
3. Contribuír ó fomento do libro en galego, con medidas que potencien a producción editorial e a súa difusión.

3. Contribuír ó fomento do libro en galego, con medidas que potencien a producción editorial e a súa difusión.

== Título V. DODo GALEGOgalego EXTERIORexterior ==

'''Artigo 21'''

1. O Goberno Galego fará uso dos recursos que lle confiren a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía para que os emigrantes galegos poidan dispoñer de servicios culturais e lingüísticos en lingua galega.
Liña 172 ⟶ 180:

== Título VI. DADa ADMINISTRACIÓNadministración AUTONÓMICAautonómica Ee Aa FUNCIÓNfunción NORMALIZADORAnormalizadora ==

'''Artigo 22'''

O Goberno Galego asumirá a dirección técnica e o seguimento do proceso de normalización da lingua galega; asesorará á Administración e ós particulares, e coordinará os servicios encamiñados a consegui-los obxectivos da presente Lei.

'''Artigo 23'''

O Goberno Galego establecerá un plan destinado a resalta-la importancia da lingua como patrimonio histórico da comunidade e a poñer de manifesto a responsabilidade e os deberes que esta ten respecto da súa conservación, protección e transmisión.

'''Artigo 24'''

1. A Escola Galega de Administración Pública encargarase da formación dos funcionarios a fin de que poidan usa-lo galego nos termos establecidos pola presente Lei.
Liña 188 ⟶ 196:
2. O dominio das linguas galega e castelá será condición necesaria para obte-lo diploma da Escola Galega da Administración Pública.

'''Artigo 25'''

O Goberno Galego e as Corporacións Locais dentro do seu ámbito fomentarán a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, culturais, asociativas, deportivas e outras. Con esta finalidade e por actos singulares, poderanse outorgar reduccións ou exencións das obrigas fiscais.

== DISPOSICIÓNSDisposicións ADICIONALadicional Ee FINALfinal ==

=== DISPOSICIÓNDisposición ADICIONALadicional ===
Nas cuestións relativas á normativa, actualización e uso correcto da lingua galega, estimarase como criterio de autoridade o establecido pola Real Academia Galega.

Esta normativa será revisada en función do proceso de normalización do uso do galego.

=== Disposición final ===
A presente Lei entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

=== DISPOSICIÓN FINAL ===
A presente Lei entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 1983

Gerardo Fernández Albor

Presidente