Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 1.021:
 
==Disposicións Adicionais==
=== Disposición adicional 1ªPrimeira ===
1. As doazóns de inmobles por mor de matrimonio e de pactos sucesorios deberán constar necesariamente en capitulacións matrimoniais ou noutra escritura pública.
 
2. A modificación ou a extinción dos pactos sucesorios por acordo das partes suxeitaranse ás mesma formalidades có pacto que se modifica ou extingue; sen embargo, o usufructo de viuvez pactado entre o cónxuxes poderase modificar ou extinguir por eles en testamento mancomunado.
 
=== Disposición adicional 2ªSegunda ===
Cada cinco anos, como máximo, sen prexuízo da iniciativa parlamentaria correspondente, a Mesa do Parlamento de Galicia designará unha Ponencia, integrada por membros dos diversos grupos parlamentarios da Cámara, co fin de elaborar un informe comprensivo das dificultades e dúbidas que se advirtan na aplicación dos preceptos da presente lei e daquelas normas que se estimen necesarias para conservación, modificación e desenvolvemento das institucións do dereito civil propio de Galicia.