Breve compendio de los varones ilustres de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
m interwiki correto
Liña 53:
''Vendeuse este en Cádiz, no ano de 1862, por un antigo libreiro daquela capital, quen ao ano seguinte cedeu outro dese autor, titulado COLECCION DE REFRANES SUELTOS RECOGIDOS DE VARIOS AUTORES, DESDE EL AÑO DE 1771 HASTA EL 1780, EN TODO 6.243 REFRANES. Este e o que reproducimos, adquiriunos afortunadamente a Biblioteca provincial de Cádiz, onde na actualidade se custodian.''
 
''Pero se tivemos a sorte de atopar o MS, podemos dicir que non tivemos a de atopar ao seu autor; tan contraditorios e escasos son os datos biográfico-bibliográficos que del puidemos conseguir, que se deben case na súa totalidade ao propio autor. Di este, en efecto, que é natural de Galicia{{ref|1}} e descendente das ilustres casas do Allo e de Villar de Francos; que o distinguido escritor galego Don Antonio Riobóo era parente seu en terceiro con cuarto grao; que Fr. García de Pardiñas, ilustre bispo de Tarazona, era o seu parente próximo e o primeiro Señor da Torre e casa de Pardiñas Villar de Francos; e para rematar, que D. Alfonso Gómez Riobóo, o mozo, e Dona Leonor Varela de Arijón, foron cuartos avós seus.{{ref|2}}''
 
''Foi amigo, ou polo menos se comunicaba por escrito, co soado D. José Cornide, unha das glorias de Galicia, que en carta de 6 de setembro 1783 cita ao final da biografía de Riobóo e Seijas (D. Antonio). Na de Fr. Antonio de Jesús, di o autor que esta obra a escribiu en Cádiz, cidade na que vivía aínda o ano de 1786, pois cita unha edición de Madrid feita na expresada data, da BIBLIOTECA ESPAÑOLA de D. José Rodríguez de Castro.{{ref|3}} na de Fr. Pedro Buceta, di o autor que o ano de 1776 estivo en Veracruz.''
 
''O historiador de Galicia cre ao noso Pardiñas natural de Santiago, por entender era irmán do poeta Fabián Pardiñas, fillo daquela cidade; pero os libros parroquiais da cidade compostelá non confirmaron a respectable opinión do noso ilustradísimo amigo.''