Transliteración e adaptación do árabe: aplicación terminolóxica. 2. Marco teórico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Por unha banda, un dos criterios que influirán na forma galega das palabras que proceden do árabe ou de calquera outra lingua é o de manter unha '''fidelidade á lingua orixinal o..."
 
Sen resumo de edición
Liña 4:
 
Combinando estes dous criterios teremos entón seis posibles filosofías de aplicación (adaptar ou fidelizar; e basearse na fala ou na escrita) en dúas situacións distintas (polo menos no que se refire á escrita).
 
 
<center>
Liña 16 ⟶ 17:
|}
</center>
 
 
A ausencia de biunivocidade entre grafema e fonema entre as linguas que usan a grafía latina ou a árabe (Corriente 2002:362), obriga a optar entre transliteración ou transcrición, pero outro factor fundamental na maneira de adoptar arabismos é o '''público ao que está destinado'''. Non é o mesmo que unha palabra teña que aparecer nun telexornal que nunha clase de Lingüística comparada, polo que se deben distinguir dous niveis, o divulgativo e o científico, na transmisión destas palabras adoptadas. En realidade, isto segue acontecendo no galego coa que segue sendo a lingua referente e unificadora da cultura no noso contexto, o latín: conceptos como ''fibela, tella'' ou ''carballo americano'' poden aparecer escritos como ''fibula, tegula'' ou ''[[w:Quercus rubra|Quercus rubra]]'' e ''[[w:Quercus borealis|Quercus borealis]]'' en segundo que contextos, cunha intención evidentemente distintas. A función divulgativa tende máis cara a unha adaptación oral, mentres que a orientación científica sofre a chamada "tiranía da letra", pois busca normalmente unha transcrición exacta, sempre segundo as denominacións dadas no cadro anterior. Aínda así, existen casos intermedios de combinacións distintas dos dous criterios anteriores como, por exemplo, a forma escrita ''tégula''. Para ampliar este marco de traballo, hai moitos máis factores que afectan aos procesos de emigración das palabras desde un idioma a outro. Un dos máis determinantes son as '''posibilidades técnicas''': pode resultar curioso, pero a simplicidade é un factor que inflúe poderosamente na súa aplicación práctica. Está claro que se en tódolos teclados estivesen dispoñibles tódolos diacríticos estarían máis estendidos no seu uso, pero o certo é que en certos contextos (o subtítulo dun telexornal ou a capa dun libro) resulta difícil ler grafemas especiais probablemente debido a problemas técnicos.