Estatuto de Galicia de 1936: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 1:
__NOTOC__
{{enuso}}
{{DH}}
:''Véxase tamén: '''[[Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981]]'''''.
{| cellspacing="10" cellpadding="5"
| width="75%" align="center" style="background-color: #c9dff0" |

[[Imaxe:Estatuto de Galicia de 1936.pdf|200px]]

Estatuto de Galicia de 1936

''Que a Asemblea Rexional de Concellos celebrada en Santiago de Compostela durante os días 17, 18 e 19 de decembro de 1932, acordou propoñer á votación dos electores, conforme ó artigo 12 da Constitución.''
__NOTOC__

{{Portadatexto

|nome=Estatuto de Galicia de 1936
| width="25%" |
|autor=''Asamblea Regional de Ayuntamientos''
Índice
|índice=
*[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO I|TÍTULO I - Preliminar]]

*[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO II|TÍTULO II - Poder rexional]]
[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO I|TÍTULO I]]
[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO II|TÍTULO II]]
[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO III|TÍTULO III]]
[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO IV|TÍTULO IV]]
[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO V|TÍTULO V]]
[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO VI|TÍTULO VI]]
*[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO III|TÍTULO III - Atribucións da Rexión]]
|dataano=1932
*[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO IV|TÍTULO IV - Facenda rexional]]
|datames=decembro
*[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO V|TÍTULO V - Disposicións xerais]]
|datadía=19
*[[Estatuto de Galicia de 1936#TÍTULO VI|TÍTULO VI - Réxime transitorio]]

[[Ficheiro:Estatuto de Galicia de 1936.pdf|thumb|300px|Edición orixinal en pdf.]]

==TÍTULO I<ref>A versión galega deste texto do Estatuto de Galicia aprobado polos Concellos na Asemblea do 19 de decembro de

==TÍTULO I<ref>NdoT: A versión galega deste texto do Estatuto de Galicia aprobado polos Concellos na Asemblea do 19 de decembro de
1932 realizouse de conformidade coas Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego do ano 2003, respectando
no posible as características morfolóxicas, sintácticas, léxicas e de puntuación do texto orixinario, así como os trazos
Liña 20 ⟶ 29:
'''PRELIMINAR'''

Artigo 1.º Galicia organízase como rexión autónoma no Estado español, consonte a Constitución da República e o presente Estatuto.

O seu territorio é o dos municipios comprendidos dentro dos actuais límites administrativos das catro provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Art. 2.º Poderá agregarse a Galicia calquera territorio limítrofe de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante os requisitos que as leis xerais establezan.

Art. 3.º Para os efectos deste Estatuto, consideraranse galegos: os que o sexan por natureza e non adquirisen veciñanza administrativa noutro territorio da República, e os demais españois que gañen veciñanza en Galicia.
Liña 31 ⟶ 43:

Os españois non comprendidos no primeiro parágrafo deste artigo, terán en Galicia iguais dereitos que os que teñan os galegos no resto do territorio español.

Art. 4.º Serán idiomas oficiais en Galicia, o castelán e o galego; pero nas relacións oficiais da Rexión con autoridades doutras Rexións e coas do Estado, usarase sempre o castelán.
Liña 39 ⟶ 52:

Os funcionarios que se designen para actuar na Rexión deberán acreditar coñecemento da lingua galega.

Liña 44 ⟶ 58:
'''PODER REXIONAL'''

Art. 5.º As atribucións recoñecidas a Galicia neste Estatuto, serán exercidas por unha Asemblea lexislativa, polo Presidente da Rexión, e por un órgano de goberno que se denominará Xunta de Galicia; ou polo Pobo directamente actuando en calquera das formas que establecen os artigos 6.º e 10 deste título. A función xudicial será exercida por Xurados, Xuíces e Tribunais, consonte o que as súas leis orgánicas determinen.

Art. 6.º A Asemblea compoñerase de Deputados elixidos por sufraxio universal, igual, directo e secreto, de acordo cun sistema de representación proporcional, e para un período de tres anos.
Liña 51 ⟶ 68:

Os deputados da Asemblea, gozarán de inmunidade polos votos e polas opinións que emitan no exercicio do seu cargo; e o seu mandato poderá ser revogado polos electores mediante os requisitos que estableza unha lei especial.

Art. 7.º O Presidente da Rexión asumirá a representación de Galicia para todos os efectos; e a do Estado nas funcións cuxa execución directa lle corresponda a este.
Liña 57 ⟶ 75:

Nos casos en que quedar vacante a Presidencia, asumirá provisoriamente as súas funcións o Presidente da Asemblea, a quen substituirá o Vicepresidente desta, e, dentro do prazo de dous meses, deberá procederse á elección presidencial.

Art. 8.º A Xunta de Galicia compoñerase do número de membros que a Asemblea determine. O Presidente da Rexión nomeará e separará libremente o Presidente da Xunta e, por proposta deste, os seus membros. Deberá separalos no caso de que a Asemblea lexislativa
Liña 64 ⟶ 83:

Cando a Asemblea, polo voto das súas tres quintas partes, declarase a súa incompatibilidade co Presidente, este cesará nas súas funcións, e someterase o devandito acordo á decisión do corpo electoral dentro do prazo de trinta días. Se o resultado for contrario ao acordo, o Presidente recobrará inmediatamente as súas funcións e a Asemblea quedará disolta; noutro caso, deberá procederse a nova elección presidencial no termo de dous meses.

Art. 10 Toda lei votada pola Asemblea será sometida a referendum popular, cando o soliciten, dentro dos trinta días seguintes á súa votación, un número de electores non inferior ao quince por cento dos comprendidos no censo.

A Asemblea queda obrigada a deliberar sobre calquera proposición de lei que formule perante esta igual número de electores.

Art. 11 O Presidente da Rexión e mais o Presidente e os demais membros da Xunta
de Galicia, serán responsables, civil e criminalmente, perante o Tribunal de Garantías
da República, polas infraccións da Constitución, deste Estatuto e das leis.

Art. 12 Para os efectos deste título, unha lei especial da Rexión determinará a división electoral do seu territorio sen contradicir a lexislación do Estado, e regulará a forma en que os galegos residentes no estranxeiro, que non perdesen a condición de españois, poderán estar representados na Asemblea.

Art. 13 A Administración de Xustiza poderá ser organizada pola Rexión, agás nas ordes militar e da Armada, de conformidade cos preceptos da Constitución e as leis procesuais e orgánicas da República; e así mesmo será da súa competencia a determinación das demarcacións xudiciais de toda orde dentro do territorio galego.
Liña 82 ⟶ 105:

A Audiencia territorial de Galicia, por medio dunha Sala especial, coñecerá dos recursos de casación nos asuntos referentes ao dereito foral; e outra Sala desta, composta por Maxistrados procedentes da carreira xudicial e altos funcionarios da Administración galega, resolverá, en última instancia, os recursos contencioso-administrativos que se promoveren por aplicación do dereito rexional. Os conflitos de xurisdición entre autoridades xudiciais, administrativas e contencioso-administrativas dependentes do Poder rexional, serán resoltos polo Presidente da Rexión, logo de informe dos organismos superiores destas xurisdicións entre as que se formule a contenda xurisdicional.

Liña 87 ⟶ 111:
'''ATRIBUCIÓNS DA REXIÓN'''

Art. 14 Correspóndelle á Rexión galega:

Liña 128 ⟶ 154:

p) O establecemento e a ordenación dos servizos de contratación de mercadorías e similares, conforme as normas xerais do Código de Comercio.

Art. 15 Consonte os artigos 48, 49 e 50 da Constitución, a Rexión poderá crear e rexer establecementos de ensino de todas clases e graos, cuxos certificados de estudos terán validez para obter os títulos académicos e profesionais que expida o Estado, mediante as probas finais e os requisitos que este estableza con carácter xeral.
Liña 138 ⟶ 165:

Corresponderanlle, ademais, á Rexión, os servizos de Arquivos, Bibliotecas e Museos radicados no seu territorio.

Art. 16 A Xunta de Galicia, e no seu nome un dos seus membros, representará o Goberno central para usar, preventiva e represivamente, dos Corpos de Policía e Seguridade do Estado, e corrixir as deficiencias nos servizos que lles encomende. Nos casos graves e constrinxentes de desorde pública, a Xunta de Galicia poderá suspender as garantías dos dereitos individuais, só no territorio e polo tempo que se consideren precisos
Liña 145 ⟶ 173:

Correspóndelle, integramente, á Rexión a coordinación e o perfeccionamento dos servizos de Policía urbana e rural.

Art. 17 Queda a cargo da Rexión galega a organización de todos os servizos que a lexislación social do Estado teña establecidos, ou estableza, para executar os seus preceptos, sen prexuízo da inspección do Goberno. Para tal fin, o Estado pode, ademais, designar en calquera momento, os delegados que coide necesarios.

Liña 152 ⟶ 182:
'''FACENDA REXIONAL'''

Art. 18 Constitúen a Facenda de Galicia:

Liña 163 ⟶ 195:

e) Os bens procedentes de herdanzas intestadas ás que se refire o artigo 956 do Código civil, cando o causante tivese a condición de galego consonte este Estatuto. Estes bens aplicaranse a fins de cultura, beneficencia e fomento na Rexión, ou á extinción de débeda contraída para tales obxectos.

Art. 19 Non se poderá verificar alleamento de bens da Rexión, emitir empréstitos, crear tributos, nin realizar concesións nin socializacións, senón en virtude de lei rexional; e para allear ou destinar a servizos de carácter privado os bens e os dereitos transferidos á Rexión polo Estado, conforme as alíneas a) e b) do artigo precedente, necesitarase, ademais, autorización do Goberno da República. Os empréstitos públicos para atender necesidades rexionais, non poderán emitirse fóra de España sen autorización das Cortes.
Liña 168 ⟶ 201:
Unha lei especial determinará, así mesmo, as normas ás que deberá axustarse a administración
de toda a Facenda rexional.

Art. 20 O Estado respectará os actuais ingresos das Facendas locais de Galicia, sen gravar con novas imposicións as bases de tributación daquelas.
Liña 174 ⟶ 208:

As contribucións ás que se refire o parágrafo anterior, non serán obstáculo para as novas imposicións que, con carácter xeral, cree o Estado, nin para a implantación e o desenvolvemento, de ser o caso, do imposto sobre a renda, o cal lle corresponde a aquel. No caso de incompatibilidade, as devanditas contribucións serán absorbidas polas do Estado, mediante as compensacións que correspondan.

Art. 21 A determinación do custo dos servizos cedidos á Rexión, efectuarase, cada cinco anos, como segue:
Liña 181 ⟶ 216:
b) Agregando ou diminuíndo á cifra que resulte de aplicar a alínea anterior, a que represente o coeficiente medio de aumento ou diminución que experimentasen no quinquenio anterior, os pagamentos efectuados pola República no resto do seu territorio
para os mesmos servizos.

Art. 22 Para compensar a cifra que resulte da avaliación á que se refire o artigo anterior, o Estado cederalle a Galicia, en recadación, administración e regulación:
Liña 191 ⟶ 227:

4.º As participacións e as demais compensacións que, de ser o caso, foren necesarias para cubrir a diferenza entre a contía das contribucións ás que se refiren as tres alíneas precedentes e o custo total dos servizos transferidos.

Art. 23 Se o Estado emite Débeda, cuxo produto haxa investirse no resto do territorio para crear ou mellorar servizos da clase dos transferidos a Galicia, esta será compensada cunha parte da Débeda emitida proporcional á relación que exista entre a súa poboación e a total de España. En igual forma será compensada a Rexión para atender novos servizos ou funcións que no sucesivo se doten nos orzamentos do Estado para o territorio de réxime común.

En ambos os casos, a Rexión fixará os servizos que se propón realizar ou mellorar.

Art. 24 Cada cinco anos, unha Comisión de técnicos nomeados, a iguais partes, polo ministro de Facenda da República e polo Goberno da Rexión, procederá á revisión dos cálculos aos que se refiren os artigos anteriores, e a proposta que formule será sometida
Liña 202 ⟶ 240:

Toda outra variación no réxime de cesión de impostos e participacións á Rexión, deberá facela o ministro de Facenda de acordo coa Rexión, e, de isto non ser posible, deberá someterse a reforma á aprobación das Cortes, cuxas decisións requirirán o voto favorable da maioría absoluta.

Art. 25 A Rexión recadará, por delegación revogable da Facenda da República e co premio que esta teña consignado no orzamento, as contribucións, os impostos e os arbitrios que o Estado deba percibir en Galicia, exceptuando os monopolios e o imposto de Alfándegas e os seus anexos.

O Tribunal de Contas da República fiscalizará anualmente a xestión rexional, tanto no que se refire aos servizos recadatorios coma á execución dos demais que lle foren encomendados e teñan consignación nos orzamentos xerais do Estado.

Art. 26 A Rexión poderá fundar, acomodándose aos principios esenciais da lexislación do Estado, un Banco, a través do cal poida organizar todos os seus servizos recadatorios, de Tesouraría, crédito, previsión, etc., ben por medio das súas Axencias, ou ben en relación coas actuais Caixas de Aforro ou institucións análogas, sempre que non sexan de carácter privado.

Art. 27 Por proposta da Rexión, e como compensación aos prexuízos que para a súa economía representa o actual arancel protector, o Goberno da República desgravará os millos e as forraxes que entren por porto galego para o seu consumo en Galicia como alimento, e mais as materias primas necesarias ás industrias básicas galegas.

Vixiarase o destino dos artigos desgravados, para que os que sexan destinados a outros empregos, xeren os correspondentes dereitos de percepción.

Art. 28 O Estado concédelle á Rexión a facultade de intervir, por medio dos seus representantes ou delegados, con carácter permanente, e sen prexuízo das representacións profesionais que correspondan ás entidades galegas, na Xunta de Aranceis e Valoracións, no Consello de Economía nacional, e en cantos organismos se creen para a regulación do comercio de exportación e importación.

Tamén se admitirá a súa intervención oficial nas organizacións que se establezan para determinar prezos, decretar taxas ou axustar condicións para a distribución e a venda dos produtos agrícolas ou industriais.

Liña 221 ⟶ 264:
'''DISPOSICIÓNS XERAIS'''

Art. 29 As cuestións de competencia que se susciten entre as autoridades da República e as da Rexión galega ou entre xurisdicións dos seus respectivos organismos, serán resoltas polo Tribunal de Garantías constitucionais.

Art. 30 Así mesmo corresponderalle ao Tribunal de Garantías constitucionais resolver as cuestións que se produzan por desacordo entre o Goberno da República e a Xunta de Galicia con motivo da interpretación e a aplicación da lexislación social.

O Tribunal de Garantías constitucionais, de o estimar preciso, poderá suspender a execución dos actos ou acordos aos que se refira a discrepancia, en tanto non se resolva definitivamente.

Art. 31 Nos conflitos de competencia e de xurisdición que se suscitaren entre os Tribunais de Xustiza da Rexión galega e os demais Tribunais de España, resolverá o Tribunal Supremo da República.

Nos recursos non reservados por este Estatuto aos Xuíces e aos Tribunais galegos, entenderá tamén, en casación, o Tribunal Supremo da República.

Art. 32 Nas materias de competencia rexional, aplicarase, como dereito supletorio, o réxime xurídico do Estado, en canto non se opoña ao sentido da lexislación galega.

Art. 33 A reforma deste Estatuto, en materias que non afecten a Constitución nin as relacións co Estado, poderá ser feita pola Asemblea galega, mediante unha lei, que será sometida a <<referendum>>.
Liña 240 ⟶ 289:

Cando haxa desconformidade entre o Estado e a Rexión sobre de se a reforma transcende ou non a Constitución ou as relacións da Rexión co Estado, decidirá o Tribunal de Garantías constitucionais.

Liña 245 ⟶ 295:
'''RÉXIME TRANSITORIO'''

Art. 34 Dentro dos quince días seguintes á promulgación deste Estatuto, o Presidente das Cortes da República convocará os Deputados por Galicia nestas, os cales, reunidos baixo a súa presidencia, elixirán unha Xunta provisoria da Rexión, na que estarán representadas, por igual, as distintas agrupacións políticas ás que actualmente se achan adscritos os Deputados. Cada unha delas terá un representante, e para este efecto considerarase que todos os Deputados independentes constitúen unha soa agrupación.

A función única desta Xunta será convocar, no prazo dun mes a partir da súa constitución, eleccións xerais para os Deputados que haberán constituír a primeira Asemblea lexislativa galega, que terá carácter constituínte.

Art. 35 Para a elección desta primeira Asemblea, rexerá a lei electoral que teña adoptada o Estado cando aquela se efectúe, correspondéndolle a cada circunscrición un representante por corenta mil habitantes ou fracción superior a vinte mil.

Art. 36 Esta Asemblea, reunida en sesión previa no lugar que sinale a Xunta provisoria da Rexión, establecerá a súa residencia definitiva na localidade que ela mesma designe, e terá, como misión principal, a de desenvolver as normas con suxeición ás cales ha ser elixido o primeiro Presidente de Galicia, de acordo co que, con carácter xeral, prevén o parágrafo segundo do artigo 7.º deste Estatuto; nomear unha Xunta que
asuma o Goberno provisorio da Rexión ata que se elixa o primeiro Presidente; e mais elaborar, no máis breve prazo posible, as leis orgánicas necesarias para a implantación do réxime de autonomía que o mesmo Estatuto regula.

Art. 37 Para a adaptación dos servizos que o Estado lle cede á Rexión por virtude deste Estatuto, constituirase unha Comisión mixta, composta dun número de membros que designarán, por metade, o Goberno da República e a Xunta de Galicia.

Esta Comisión nomeará libremente o seu Presidente, e os seus acordos terán validez cando reúnan máis das dúas terceiras partes de votos. Noutro caso, as discrepancias que xurdan serán sometidas á decisión do Tribunal de Garantías da República.

Art. 38 O persoal afecto aos servizos de todas as clases que neste Estatuto se lle asignan á Rexión, será respectado en cantos dereitos teña adquiridos na data de promulgación daquel, sen que lle sexa aplicable o que prevén o derradeiro parágrafo do seu artigo 4.º; pero as autoridades rexionais poderán facer a súa distribución acomodándoo á nova organización que se lle dea a Galicia.

Art. 39 Entrementres a Asemblea galega non lexisle sobre as materias que se lle atribúen, continuarán en vigor as leis xerais do Estado; pero a súa aplicación corresponderalles ás Autoridades e aos organismos rexionais, que terán as mesmas facultades que as leis sinalen para os do Estado.

Do propio modo, continuarán en vigor as disposicións regulamentarias do Estado, en tanto que a Xunta de Galicia non dite as que, consonte este Estatuto, lle corresponden.

Art. 40 O traspaso dos servizos administrativos do Estado á Rexión verificarase a medida que o vaia acordando a Asemblea rexional, logo dos debidos trámites verbo do Goberno da República; e, mentres non queden reorganizados os servizos, todas as Oficinas, Tribunais e Organismos afectados polo presente Estatuto continuarán exercendo iguais funcións ou xurisdición que ata agora, sen que, por ningún concepto, poidan serlles minguadas a súa autoridade ou as súas atribucións en tanto a Asemblea rexional non lexisle sobre o particular.

''Santiago de Compostela, 19 de Decembro de 1932.''

Por acordo da Asemblea rexional de Concellos,

Por acordo da Asemblea rexional de Concellos,
''O Presidente,''

''Bibiano F. Ossorio Tafall.''

''O Secretario,''

|align="center"| ''O Presidente,''
'''''Bibiano F. Ossorio Tafall.''''' ||

| ||align="center"| ''O Secretario,''
'''''Manuel Rey Gacio.'''''

''Manuel Rey Gacio.''

{{wikipedia|Estatuto de Galicia de 1936}}
==Notas ao pé==
{{listaref}}

==Véxase tamén==
{{Idioma orixinal|es|Estatuto_de_Autonomía_de_Galicia_de_1936|Estatuto de Galicia de 1936}}
===Ligazóns externas===
*[http://www.parlamentodegalicia.es/sites/ParlamentoGalicia/BibliotecaHoxeNoParlamento/Estatutos%20de%20Galicia.pdf Parlamento de Galicia].

Liña 288 ⟶ 355:

|[[Imaxe:PD-icon.svg|50px]]
| '''Esta obra está no dominio público''', porque o ''"Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia"'' establece: "''[http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/rdleg1-1996.l1t2.html#a13 Artículo 13]. Exclusiones. No son objeto de propiedad intelectual las disposiciones legales o reglamentarias y sus correspondientes proyectos, las resoluciones de los órganos jurisdiccionales y los actos, acuerdos, deliberaciones y dictámenes de los organismos públicos, así como las traducciones oficiales de todos los textos anteriores.''"
| ''Esta obra está publicada polo Parlamento de Galicia na súa [http://www.parlamentodegalicia.es páxina web] e se atopa baixo dominio público.

'''This work is in the public domain''', because the ''"Real Decreto Legislativo 1/1996, de 12 de abril, por el que se aprueba el Texto Refundido de la Ley de Propiedad Intelectual, regularizando, aclarando y armonizando las disposiciones legales vigentes sobre la materia"'' states: "''[http://noticias.juridicas.com/base_datos/Admin/rdleg1-1996.l1t2.html#a13 Artículo 13]. Exclusiones. No son objeto de propiedad intelectual las disposiciones legales o reglamentarias y sus correspondientes proyectos, las resoluciones de los órganos jurisdiccionales y los actos, acuerdos, deliberaciones y dictámenes de los organismos públicos, así como las traducciones oficiales de todos los textos anteriores.''"

Liña 294 ⟶ 363:
[[Categoría:GL-E]]

{{Calidade do texto|75%}}
[[es:Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936]]