Testamento de Heilingenstadt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 6:
|dataano=[[1802]]
}}
[[Ficheiro:Beethoven Heiligenstaedter Testament.jpg|thumb|right|300px|Fotografía do testamento de Beethoven.]]
<div class=prose>
O, homes que me tedes por rancoroso, insociábel e misántropo, como vos enganades. Non coñecedes as secretas razóns que me forzan a parecer deste modo. O meu corazón e o meu ánimo sentíanse desde a infancia inclinados para o tenro sentimento de cariño e sempre estiven disposto a realizar xenerosas accións; porén considerade que, de seis anos a esta parte, vivo suxeito a triste enfermidade, agravada pola ignorancia dos médicos. Enganado constantemente, na esperanza dunha mellora, fun forzado a enfrontar a realidade da rebeldía dese mal, cuxa cura, se non for de todo imposíbel, durará talvez anos! Nacido cun temperamento vivo e ardente, sensíbel mesmo ás diversións da sociedade, vinme obrigado a illarme nunha vida solitaria. Por veces quixen colocarme por riba de todo, mais fun entón duramente repelido, ao renovar a triste experiencia da miña xordeira!