Un-ha vez tiven un cravo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
Nova páxina: "{{encabezar |nome=I. Vaguedás (Follas novas) |autor=Rosalía de Castro |data= }} <div align=center> '''Un-ha vez tiven un cravo''' <poem> Un-ha vez tiven un cravo C..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 7 de maio de 2012 ás 20:49


Un-ha vez tiven un cravo


Un-ha vez tiven un cravo
Cravado no corazon,
Y eu non m'acordo xa s'era aquel cravo,
D'ouro, de ferro, ou d'amor.
Soyo sei que me fixo un mal tan fondo,
Que tanto m'atormentou,
Qu'eu dia e noite sin cesar choraba
Cal chorou Madanela n'a pasion.
—Señor, que todo ó podedes,
Pedinlle un-ha vez á Dios,
Daime valor par'arrincar d'un golpe
Cravo de tal condicion.
E doumo Dios e arrinqueino,
Mais... ¿quen pensara?... Despois
Xa non sentin mais tormentos
Nin soupen qu'era delor;
Soupen sô, que non sei que me faltaba
En donde o cravo faltou,
E seica, seica tiven soidades
D'aquela pena... ¡Bon Dios!
Este barro mortal qu'envolve o esprito
¡Quen-o entenderá, Señor!...

Anterior:
Paz, paz deseada
Un-ha vez tiven un cravo Seguinte:
Cand'un é moi dichoso, moi dichoso,

Fonte : I. Vaguedás. páxina 10