Rico ou probe algun dia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: "Rico ou probe, algún día ¡con qué contento e pracidez folgaba! I agora, probe ou rico, ó desdichado ¡todo, todo lle falta! En balde veñen días, pasan anos, e inda sigros ..."
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 31 de maio de 2012 ás 20:20

Rico ou probe, algún día ¡con qué contento e pracidez folgaba! I agora, probe ou rico, ó desdichado ¡todo, todo lle falta!

En balde veñen días, pasan anos, e inda sigros pasaran. Si hai abondosas fontes que se secan, tamén as hai que eternamente manan; mais as fontes perenes nesta vida son sempre envenenadas.

Nelas o esprito que ofendido pena, na humidá enferma do rencor se baña, sin que dado lle sea beber do olvido nas saudosas augas.

¡Odio, fillo do inferno!, pode acabá-lo amor; mais tir n'acabas, mamoria que recorda-las ofensas, Sí, sí, ¡de ti mal haia!