Manifesto de Manzanares

Españois:

A entusiasta acollida que vai atopando nos pobos o Exército liberal; o esforzo dos soldados que o compoñen, tan heroicamente mostrado nos campos de Vicálvaro; o aplauso con que en todas partes foi recibida a noticia do noso patriótico alzamento, aseguran desde agora o triunfo da liberdade e das leis que xuramos defender.

Dentro de poucos días, a maior parte das provincias teranse sacudido o xugo dos tiranos; o Exército enteiro virá porse baixo as nosas bandeiras, que son as leais; a nación gozará os beneficios do réxime representativo, polo cal derramou até agora tanto sangue inútil e aturou tan custosos sacrificios. Día é, pois, de dicir o que estamos resoltos a facer no da vitoria.

Nós queremos a conservación do trono, pero sen camarilla que o deshonre; queremos a práctica rigorosa das leis fundamentais, mellorándoas, sobre todo a electoral e a de imprenta; queremos a rebaixa dos impostos, fundada nunha estrita economía; queremos que se respecten nos empregos militares e civís a antigüidade e os merecementos; queremos arrincar os pobos á centralización que os devora, dándolles a independencia local necesaria para que conserven e aumenten os seus intereses propios, e como garantía de todo isto queremos e exporemos, baixo sólidas bases, a Milicia Nacional. Tales son os nosos intentos, que expresamos francamente, sen impolos por iso á nación.

As Xuntas de goberno que deben irse constituíndo nas provincias libres; as Cortes xerais que logo se reúnan; a mesma nación, en fin, fixará as bases definitivas da rexeneración liberal á que aspiramos. Nós temos consagradas á vontade nacional as nosas espadas, e non as envainaremos até que ela estea cumprida.

Cuartel xeral de Manzanares, a 6 de xullo de 1854.- O xeneral en xefe do Exército constitucional, Leopoldo O'Donnell, conde de Lucena.

Véxase tamén editar