¡Meu orfiño!

(Redirección desde «Meu orfiño»)
Revista Gallega n.º 307, p. 5-6, 2/2/1901
El Eco de Galicia, n. 343, p. 5-6, 30/4/1901


¡ M E U   O R F I Ñ O !       Enrique Labarta      
 


——

  Soiño n-o mundo
choraba un meniño
¡ay meu coitadiño!
a sua orfandá:
e xunt' ón outeiro
sentadiño estaba,
e' ó choro non daba
sosego nin paz.
      E o vento
      subiaba:
      e as aves
      voaban,
   e o seu canto triste,
   lixeiro voar,
   o chegar ventaban
   d' unha tempestad.


        E o ceu
      enturbiaba:
      e o neno
      choraba,
   e ó choro non daba,
   sosego nin paz,
   e o vento paresce
   decía ó subiar:
  "Non chores neno, non chores,
non chores ¡meu coitadiño!
qu' o que coida o paxariño
e o vexanco mais ruin,
e que rixe o mundo enteiro
e o débil no seo aniña,
¡el terá, miña xoiña,
terá compasión de ti!"


      E as follas
      tembraban:
      e o neno
      choraba;
   y-en tanto arreciaba
   sord'a tempestá
   e o vento decía,
   decía ó subiar:
  ¡Probe neno! ¡probe neno!
non chores, non desesperes:
n-o mundo todol-os seres
naceron para chorar;
eu tamen choro e sospiro
e fuxindo pol-a terra,
fago sospirar a serra,
e fago xemer o mar.


      E as nubes
      corrían:
      e as follas
      cain:
   tod' oscurecía,
   e berraba o mar;
   e o neno, decía
   decía ó chorar:
  "Miña naiciña querida,
pra dormir no teño leito
e sinto que m' arde o peito:
¿xuuto[sic] de min non virás?
¡ay! eu mórrome de frío;
silba ó vento no penedo....
teña fame é teña medo....
¿non ouses? ¿en donde estás?"


     ¡E o monte un lóstrego
   todo o alomeou:
   e as voces d'o neno
   un trono apagou!
. . . . . . . . . . . . .
  E a tormenta foi pasando;
e xa o vento non subiaba,
e xa o neno non choraba,
e todo calaba xá.
E o ceu foise desperxando,
e a lua xa aparecía,
chea de melancolía
mecéndose sobr' o mar.


     E as estrelas
   alomeaban,
   cal candelas
   de San Xoan,
   que se encenden,
   e se apagan,
   e alomean
   sin cesar.


     E xa o neno
   non choraba:
   e xa todo
   se calaba:
      e solo
      se ouía
      con triste
      compás,
      o choro
      d' arroyo
      caendo
      n-o mar
      nada
      se oye:
      todo
      dorme:
      dorme,
      xá.
. . . . . . . . . . . . .
  Alá lonx' antre rosas a aurora
con vergonza asomándose vai:
 e saúdana as aves, cantando
e voando d' acó pra alá.
E xa o mundo dormido, escomenza
o seu sono d' a noite á deixar,
porque logo, alomeando os petoutos,
saldrá o sol, a terriña á alegrar.


   Y-o neno, parece,
   que quedou dormido;
   ¡meu fillo querido,
   despertou no ceu!
   seu ollas non viron
   o sol que nacía....
   ¡qu' o chegar o día
   de frío morreu!