Páxina:Cantares Gallegos 1863 Rosalía Castro de Murguía.pdf/20

Esta páxina foi corrixida
—2—

Dareich' unha proya
Da pedra do lar.

     Papiñas con leite
Tamén che darei,
Sopiñas con viño,
Torrexas con mel.

     Patacas asadas
Con sal é vinagre,
Que saben á noces.
¡Que ricas que saben!

     ¡Que feira, rapaza,
Si cantas faremos!...
Festiña por fora,
Festiña por dentro.

     Canta si queres,
Rapaza do demo
Canta si queres.
Dareich' un mantelo.

     Canta si queres
Na lengua qu'eu falo,
Dareich' un mantelo.
Dareich' un refaixo.

     Có son da gaitiña.
Có son da pandeira,
Che pido que cantes.
Rapaza morena.